27/8/10

VINDEIROS AMIGABLES

O Peugeot Vilalba F.S. ven de confirmar os vindeiros amigables antes do comezo de liga, que será o 18 de Setembro.

- O sábado día 4 de Setembro as 17:00, no Pavillón Municipal de Vilalba, comenzará o TROFEO DE SAN RAMÓN DE FÚTBOL SALA, no que se xogarán os seguintes encontros:

Peugeot Vilalba F.S. Xuvenil - Concello de Guitiriz

Peugeot Vilalba F.S. - Club del Mar A Mariña (1ª B)

- O martes día 7 de Setembro as 21:30, visitará Vilalba o Muebles Caloto Mesón Loyo (1ª A).

- O sábado día 11 de Setembro as 17:30, o Peugeot Vilalba F.S. enfrontarase ao Azkar Lugo B (1ª A), no Pavillón Municipal de Vilalba.

24/8/10

AMIGABLE EN AS PONTES

O Peugeot Vilalba F.S. disputa este xoves día 26 as 21:00,no Pavillón Municipal de As Pontes, o segundo partido de preparación.
O rival será o equipo pontes O Esteo F.S., da Primeira B.

18/8/10

AMIGABLE EN CASTRO

Este venres día 20 as 22:00, o Peugeot Vilalba Fútbol Sala disputa o primeiro partido de preparación, de cara a vindeira tempada na Liga Autonómica Norte.
O rival será o C.F.S. Castro, que xogará como local no Municipal de Castro R. de Lea.

11/8/10

PRIMEIRA FOTOGRAFÍA DA PRETEMPORADA




Fotografía da reportaxe publicada na por El Progreso, no seu suplemento A Chaira do 10 de Agosto.

Na instantánea aparecen arriba e de esquerda a dereita:
Rucho, Manu, Estebán, Roberto, Ati, Hugo, Miloso, Juanito e Aitor.
Abaixo e tamén de esquerda a dereita:
Rafa, Alex, Pequecho, Nico, Iván, Agus, Piña, Freire e Jose.
Faltan Checo, Fiter, Paulo e o xuvenil Isma.

Podedes consultala reportaxe AQUI

3/8/10

COMEZAN OS ADESTRAMENTOS

Este luns o Peugeot Vilalba F.S. comezou os adestramentos, de cara afrontar unha nova tempada na Autonómica Norte.
A medida que se vaian confirmando amigables, colgaremos a información.