30/11/09

BURELA TURÍSTICA 6 PEUGEOT VILALBA F.S. 3

Nova derrota coma visitante para o Peugeot Vilalba F.S., esta vez diante dun Burela Turística, que demostrou estar máis adaptado á Autonómica.
A primeira metade rematou cos burelaos gañando 2 a 1, pero os vilalbeses amosaban as súas armas, e tiñan claras ocasións que non eran capaces de transformar en gol.
A segunda metade foi máis clara para os palestinos, e froito do dominio, o partido rematou coa vitoria para o Burela Turística por 6 a 3.
O cadro que adestra Alfonso, comezou de inicio con: Fiter, Marquiños, Nico, Pequecho e Roberto.
No banco quedaron: Alex, Jorge, Manu, Paulo, Rucho, e como novidade neste encontro, tamén xogou o xuvenil Joel.
Os goles dos vilalbeses foron anotados por Marquiños, e Manu en dúas ocasións.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA RIBEIRA

Marquiños 27%
Ati 23%
Manu 23%
Pequecho 11%
Jorge 4%
Agus 2%
Fiter 2%
Nico 2%
Roberto 2%
Paulo 0%
Rucho 0%

Votos totais: 43

25/11/09

XORNADA 11

O Peugeot Vilalba F.S. visita a comarca de A Mariña este sábado día 28 as 16:30, para enfrontarse ao Burela Turística, en partido correspondente á xornada 11 da Autonómica Norte. Este novo derbi, terá como escenario o Pavillón dos Institutos ( Monte Castelo ), e enfrontará a dous debutantes na categoría. Os burelaos ocupan a cuarta praza da liga, e veñen de gañar ao C.P. Casás na Casa do Deporte.

23/11/09

PEUGEOT VILALBA F.S. 7 CLUB RIBEIRA F.S. 7



Partido moi intenso o xogado no Pavillón Municipal de Vilalba, entre o Peugeot Vilalba F.S. e o Club Ribeira F.S., que rematou con empate a sete. Os vilalbeses desperdiciaron unha renda de cinco a dous, diante duns 200 seareiros, que ao remate do encontro aplaudiron o espectáculo dado por ambos equipos.
O equipo adestrado por Alfonso comezou xogando con: Fiter, Ati, Nico, Pequecho e Roberto. No banco quedaron: Agus, Jorge, Manu, Marquiños, Paulo e Rucho.
Cando aínda estaba a xente tomando asento na grada, Ati cun tiro dende fora da área marcaría o primeiro gol da tarde. 1-0
O Ribeira no minuto sete daríalle a volta ao marcador, o primeiro froito dun saque de banda, e o segundo nunha perda de balón de Manu. 1-2
Pero soamente un minuto máis tarde nun córner, Manu executaría un disparo e Marquiños no rexeite, conseguiría o empate. 2-2
Os locais cargaríanse moi axiña de faltas, froito do cal os visitantes terían dous dobre-penatis. Un no minuto 12 que detén Fiter, e outro no minuto 14, que sairía fora.
No minuto 15 o Peugeot por medio de Pequecho, poñeríase de novo por diante. 3-2
Os vilalbeses estabán xogando realmente ben, e os goles non tardarían en vir. Nunha combinación fermosa entre Ati, Pequecho e Jorge, remataría no gol do de Sarria. 4-2
E noutra boa xogada viría o gol de Ati, nunha combinación entre el e Jorge, este deixoulle o balón a pracer para poñer o quinto dos vilalbeses. 5-2
Antes do descanso o Ribeira marcou de dobre-penalti. 5-3
O Peugeot na segunda parte non se daba metido no encontro, e os de Ribeira aproveitaron para darlle se cabe máis emoción, a un partido que parecía controlado polos locais. E sen presa pero sen pausa, cada cinco minutos irían perforando a portería de Agus.
Os vilalbeses aguantaron ata o minuto cinco os envites dos visitantes, que marcaron a raíz dun saque de banda. 5-4
No minuto dez, cun tiro dende fora empatarían o encontro. 5-5
Cinco máis tarde de novo dende fora, poñeríanse por segunda vez por diante. 5-6
E chegaron os minutos da tolemia. Manu a pase de Marquiños, empataría no dezaseis. 6-6
De novo Manu, nun roubo poñería por diante ao Peugeot, e o Pavillón parecía que se viña a baixo. 7-6
No minuto dezaoito, os de Ribeira poñerían o definitivo empate a sete, logo dun erro de Agus. 7-7 Pero aínda quedaba tempo, e calquera dos dous puido levar o encontro, mais o marcador non sufriría trocos.
No seguinte encontro o Peugeot visitará, a comarca de A Mariña, para enfrontarse ao Burela Turística.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 310.

No sorteo patrocinado por Osborne España e Peugeot, saíu agraciado o nº 464.

O PARRULO FERROL F.S. - PEUGEOT VILALBA F.S.

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S. perderon por 5 a 1, na cancha de O Parrulo Ferrol F.S.
Máis información na súa web: www.xuvenisvilalbafs.es.tl

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O XARÍO

Marquiños 35%
Manu 10%
Pequecho 10%
Rucho 10%
Alex 7%
Ati 7%
Nico 7%
Roberto 7%
Fiter 3%
Paulo 0%

Votos totais: 28

18/11/09

XORNADA 10 XUVENIL

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S., visitan o Municipal de A Malata este sábado día 21 as 16:00, para enfrontarse ao O Parrulo Ferrol F.S., que vai na cabeza da Autonómica Xuvenil.

XORNADA 10

O Peugeot Vilalba F.S. recibe este sábado día 21 as 18:30, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Club Ribeira F.S., en partido correspondente á décima xornada, da Autonómica Norte.
O Ribeira marcha segundo na clasificación cunha soa derrota, colleitada diante do lider O Ventorrillo por 5 a 4. Os vilalbeses tratarán de seguir invictos na casa, onde levan dous partidos gañados e dous empates.

16/11/09

PEUGEOT VILALBA F.S. 1 A. LOBELLE F.S. 7

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S. caeron derrotados por 1 a 7, contra o A. Lobelle F.S.
Os vilalbeses gozaron de moitas ocasións, con seis balóns á madeira, pero non foron capaces de atopar o camiño do gol.
O vindeiro sábado día 21 as 16:00, xogaran coma visitantes contra O Parrulo Ferrol F.S.

F.S ALAMEDA XARÍO 1 PEUGEOT VILALBA F.S. 3

Primeira vitoria a domicilio do Peugeot Vilalba F.S. diante do F.S. Alameda Xarío, por 1 a 3, no Pavillón de Miño.
O quinteto inicial estivo formado por: Fiter, Ati, Nico, Pequecho e Roberto. Quedaron no banco: Alex, Manu, Marquiños, Paulo e Rucho.
O primeiro gol foi en propia meta dun xogador de Miño, o segundo foi obra de Marquiños, e o terceiro anotouno Rucho.
O seguinte partido será contra unha das revelacións da tempada. O Peugeot recibirá ao Club Ribeira F.S., que marcha segundo na clasificación con só unha derrota, o sábado 21 as 18:30 no Pavillón Municipal de Vilalba.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA BOQUEIXÓN

Marquiños 33%
Alex 17%
Ati 17%
Pequecho 10%
Freire 5%
Roberto 5%
Miguel 2%
Paulo 2%
Jorge 0%

Votos totais: 39

10/11/09

XORNADA 9

O Peugeot Vilalba F.S. visita ao F.S. Alameda Xarío, este sábado día 14 as 17:00. O encontro disputarase no Pavillón Municipal de Miño.

XORNADA 9 XUVENIL

O Peugeot Vilalba F.S. recibe ao A. Lobelle F.S. este sábado día 14, as 17:00 no Pavillón Municipal de Vilalba, despois de que na anterior xornada lle tocara descansar.

8/11/09

PEUGEOT VILALBA F.S. - BOQUEIXÓN F.S.


Empate que sabe a pouco aos vilalbeses, despois do visto no Municipal de Vilalba por uns douscentos seareiros, onde foi superior a un Boqueixón F.S. que marchaba terceiro na táboa. Os xogadores do Peugeot, fixeron un bo encontro, e só a mala sorte, e a falta de puntería impediulle levar os tres puntos.
O quinteto de Alfonso foi: Alex, Ati, Paulo, Pequecho e Roberto. Quedaron no banco Martín, Jorge, Freire, Marquiños e Miguel.
Na primeira metade o Peugeot foi o claro dominador do encontro, pero o Boqueixón nas dúas únicas ocasións que tivo converteunas en gol. O primeiro chegou no minuto catro, nun saque de banda que rematan ao pau, e no rexeite baterían a Alex. 0- 1
Na seguinte xogada unha convinación entre e Ati e Pequecho, este enviaría o balón ao segundo pau, pero Paulo non foi quen de marcar. O Peugeot roubaría de novo o balón, e o tiro de Pequecho sairía fora por pouco.
E no minuto sete chegaría o excesivo castigo para os vilalbeses nun contragolpe dos visitantes. 0-2
O Peugeot non se veu abaixo e intentaba por tódolos medios facer gol, e Marquiños en dúas ocasións estivo moi preto.
Jorge no minuto 8 executaría un disparo dende a dereita que ía a escuadra, pero o porteiro enviaríao a córner.
Jorge de novo roubaría un balón, e o seu tiro sairía pegado ao pau.
No minuto dez, a Marcos quedaríaselle o pé pegado á pista, cando tiña todo para marcar no segundo pau a pase de Pequecho.
Ati e Pequecho tería tres ocasións pero o porteiro visitantes non estaba pola labor.
Antes do descanso, Paulo executaría un disparo, que remataría no largueiro da portería do Boqueixón.
Na segunda parte o encontro abriuse máis, e as ocasións chegaban en ambas porterías, pero na vilalbesa un omnipresente Alex votaría por terra tódalas ocasións dos visitantes.
Roberto nada máis comezar, dispararía nun saque de banda de Pequecho e detería o porteiro.
As ocasión eran continuas, e Ati, Pequecho, Marquiños e Jorge, non eran capaces de materializalas, e non sería ata o minuto dez cando chegaría o premio para o Peugeot. Ati foi levando o coiro pola banda deixando atrás a dous xogadores, e o seu tiro enviaríao o porteiro a córner. E nese córner, Marquiños cun tiro pegado ao pau poñería ao pavillón en pé, cantando o gol que daba esperanzas de remontada. 1-2
Marquiños de novo poñería o empate cinco minutos máis tarde, a pase de Roberto ao segundo pau. 2-2
Ningún dos dous equipos foi quen de desfacer ese empate, co que remataría o partido. Os vilalbeses seguen invictos na casa, e buscarán os seus primeiros puntos como visitantes, na seguinte xornada contra o F.S. Alameda Xarío.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 270.

No sorteo patrocinado por Osborne España e Peugeot, saíu agraciado o nº 202.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA MERA

Manu 31%
Pequecho 31%
Nico 20%
Marquiños 6%
Alex 3%
Ati 3%
Iván 3%
Jorge 0%
Paulo 0%
Roberto 0%
Rucho 0%

Votos totais: 29

6/11/09

XORNADA 8

O Peugeot Vilalba F.S. recibe na oitava xornada ao Boqueixon, no Pavillón Municipal de Vilalba.O encontro disputarase este sábado día 7 as 18:30.

2/11/09

PEUGEOT VILALBA F.S. - CIDADE DE OURENSE

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. caeu derrotado por 2 a 5 contra o Cidade de Ourense, no Pavillón Municiapal de Vilalba.
Os goles vilalbeses foron obra de Juanito e Ledo.

Máis información en : www.xuvenisvilalbafs.es.tl

HOTEL TORQUES MERA - PEUGEOT VILALBA F.S.

Xusta vitoria do Mera F.S. diante dun Peugeot Vilalba F.S., que na primeira metade mereceu algo máis que o empate a un gol, pero que na segunda parte foi vítima dos seus propios erros, o que propiciou a segunda derrota consecutiva para os vilalbeses.
O quinteto inicial estivo formado por: Alex, Ati, Iván, Nico e Pequecho. No banco quedaron: Jorge, Manu, Marquiños, Paulo, Roberto e Rucho.
Comezaría o Mera adiantándose cedo no marcador, o que propiciou que os vilalbeses presionaran arriba durante toda a primeira metade.
O Peugeot tería boas ocasións, para conseguir darlle a volta ao marcador, pero o infortunio privaríalle de que o coiro rematara no fondo das redes locais.E non foi ata o minuto 19 cando nun córner, Nico poñería o empate a uns.
Antes de que rematara a primeira metade, Alex dende a súa área intentaría sorprender ao porteiro rival, pero este recuando enviaría o balón a corner, que non tería consecuencias.
Ao comezo da primeira metade os vilalbeses seguirían xogando ben, e no minuto 3 unha volea de Nico nun córner, daría no pau. Dous minutos máis tarde o Mera collería vantaxe no marcador, nun tiro dende a dereita.
Os vilalbeses cavarían a súa propia tumba con erros que o Mera non desaproveitaría, e aínda que tiveron ocasións para meterse no encontro, unhas remataron nos paus e outra non colleron porta.
Para a xornada seguinte o Peugeot recibe a un Boqueixon que vai terceiro na taboa, o sábado 7 as 18:30, no Pavillón Municipal de Vilalba.

1/11/09

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA CASÁS

Manu 52%
Ati 10%
Roberto 10%
Marquiños 6%
Hugo 4%
Paulo 4%
Pequecho 4%
Agus 2%
Alex 2%
Jorge 2%
Rucho 2%

Votos totais: 48