27/9/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 3 F.S. CEDEIRA 1


O Peugeot conseguiu a primeira vitoria da tempada, a costa dun Cedeira que só puxo algo de perigo na segunda metade, pero os seus intentos foron ben respondidos por Agus.
Os vilalbeses encarrilaron o encontro no minuto catro con dous goles, e puideron ser máis nunha primeira metade onde tiveron claras ocasións, Aitor, Checo e Ati.
Na segunda o Cedeira puxo máis gañas, pero non as suficientes como para levar o encontro, e incluso cando xogaron con porteiro-xogador, Aitor tivo dúas ocasións para ampliar a vantaxe.
Xusta vitoria para un Peugeot, que a vindeira xornada viaxa a Noia, buscando os tres primeiros puntos como visitante.

Peugeot Vilalba F.S. 5: Fiter, Aitor, Manu, Pequecho e Roberto, -cinco inicial-, Agus, Ati, Checo, Hugo, Jose, Nico, e Piña.
F.S. Cedeira: Blanco, Javier, Alejandro, Alberto e Agustín, -cinco inicial-, Nicolás, Pérez, Carlos, e Iago
Árbitros: Carlos Suárez Blanco e Borja Darriba Villamor. Amoestaron con amarela a Piña, e ao adestrador Alfonso, por parte do Peugeot, mentres que no Cedeira, amoestaron con amarela Perez, Javier e Carlos, e viu a vermella Agustín.
Goles: 1-0 min. 4 Aitor, 2-0 min. 4 Pequecho, 2-1 min. 35 Carlos, 3-1 min. 38 Manu.

25/9/10

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA J. POMBO

Cal foi o mellor xogador contra o Autocares J. Pombo?

Manu 34%
Aitor 24%
Jose 13%
Agus 10%
Checo 3%
Hugo 3%
Nico 3%
Piña 3%
Roberto 3%
Pequecho 0%

Votos totais: 29

22/9/10

XORNADA 2

O Peugeot Vilalba F.S. recibe este sábado día 25 as 18:30, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao F.S. Cedeira.
Despois do empate diante do Autocares J. Pombo, os vilalbeses intentarán inaugurar o seu casilleiro de vitorias, diante dun equipo que o ano pasado, gañou os dous encontros que disputaron entre si.
O Cedeira que ven de empatar na casa do Mera F.S., rematou a liga o ano pasado na sétima posición.

20/9/10

AUTOCARES J. POMBO 5 PEUGEOT VILALBA F.S. 5

O Peugeot desperdiciou unha boa oportunidade de traer os 3 puntos dende A Coruña, ao encaixar o empate no derradeiro segundo do encontro. Despois de loitar case toda a segunda metade contra os elementos, cargarse moi axiña de faltas, e remontar o encontro á contra, cambioulles a faciana cando viron como o último tiro do J. Pombo, entraba na portería de Agus logo de tocar en varios xogadores.
A primeira metade a parte dos goles non tivo moita máis historia, e toda a emoción foi na segunda onde se viron oito goles. Destacar os dous goles de Jose, que despois de pasar en branco a tempada anterior por mor dunha lesión, volveu en estado de gracia.

Autocares J Pombo 5: Jacobo, Fernando, Jorge, Oscar e Andrés, -cinco inicial-, Sergio, Pablo, Alejandro, Enrique, Iago, e Gonzalo.
Peugeot Vilalba F.S. 5: Agus, Aitor, Manu, Pequecho e Roberto, -cinco inicial-, Fiter, Checo, Hugo, Jose, Nico, Paulo e Piña.
Árbitros: Raquel Manteiga Rodriguez e Cesar Puza Cao. Amoestaron con amarela a Manu, ao adestrador Alfonso, e ao delegado Suso, por parte do Peugeot.
Pavillón: Polideportivo Municipal Barrio das Flores.
Goles: 0-1 min. 9 Aitor, 1-1 min. 14 Oscar, 2-1 min. 24 Sergio, 2-2 min. 25 Manu, 2-3 min. 26 Jose, 2-4 27 Manu, 2-5 min. 28 Jose, 3-5 min. 37 Oscar , 4-5 min. 39 Sergio, 5-5 min. 40 Andrés.

14/9/10

XORNADA 1

O Peugeot Vilalba F.S. xoga coma visitante contra o Autocares J. Pombo, este sábado día 18 as 18:00, no Polideportivo Barrio de As Flores, de A Coruña.
Será o primeiro encontro da Autonómica 2010/2011, na segunda tempada na categoría para os vilalbeses.

8/9/10

CAMPIÓNS DO SAN RAMÓN



O Peugeot Vilalba F.S. gañou o TROFEO SAN RAMÓN DE FÚTBOL SALA, ao Club del Mar A Mariña por 3 a 2. Os tantos dos vilalbeses foron obra de: Aitor, Hugo e Iván
No encontro dos xuvenís, o Concello de Guitiriz gañou o trofeo diante do Peugeot, por 4 a 5.