22/7/16

Confirmacións e baixas

OFICIAL.- O Vilalba F.S. segue perfilando o seu plantel, e o clube confirma a continuidade, unha tempada máis, de Iago, Luis, Dani, Freire, Miguilla, Vinicius, Paulo, Roi, Sergio e Joel.
Senén e Pelu son baixa, e únense á xa coñecida de Piña.

18/7/16

Álvaro é a terceira fichaxe

O Vilalba FS segue reforzándose para a vindeira temporada coa incorporación de Álvaro procedente do “Superti” A Pontenova F.S. de Terceira División.

O ala-pivote Álvaro Álvarez Vázquez, “Álvaro”, ten 20 anos e formouse nas categorías inferiores do Azkar Lugo desde prebenxamín ata chegar ao equipo de Primeira División. Nese tempo, no que tamén coincidía con Jose -outros dos reforzos do Vilalba FS para esta campaña- acadaba o título de “Campión de España” cadete.

A directiva do club está a traballar para pechar, nos vindeiros días, a plantilla con algunha outra fichaxe.


12/7/16

Miguilla seguirá un ano máis

A primeira nova sobre continuidades, é para Miguel Quintela "Miguilla", que seguirá unha tempada máis.
Será o cuarto ano que estará no plantel do Vilalba F.S.

8/7/16

Piña colga as zapatillas

Iago Vázquez "Piña" colga as zapatillas, e convértese na primeira baixa do Vilalba F.S., despois de 6 tempadas no equipo.
Foi un dos xogadores máis carismáticos e queridos pola afección vilalbesa, e chegou a convertírse nun referente para moitos, polo seu caracter e a súa entrega na pista.
Falamos con el, e esta é a súa despedida:

"Estarei eternamente agradecido ás diferentes directivas, corpo técnico, e xogadores cos que compartín vestiario".
"Fago unha mención especial a Alfonso, por confiar en min e facer que me sentira moi a gusto en Vilalba".
"Por suposto que non me podo esquecer da mellor afección, sobre todo do Frente Smokig".
"Foron 6 anos da miña vida donde intentei dar o mellor de min, e axudar en todo o posible ao equipo".
"E por último, Sempre Peugeot Vilalba! Sempre HV!".


Por cousas coma estas, sempre serás un grande.
GRAZAS POR TODO PIÑA!

Tucho e Jose López, primeiras fichaxes

Tucho e Jose López, convírtense nas primeiras fichaxes do Vilalba F.S., para a tempada 16/17. Ambos xogadores proceden do Esteo da 2ª B.

Tucho (1997) formouse nas categorías base do Esteo, dando despois o salto ao primeiro equipo.
Jose López (1996) estivo nas categorías inferiores do Prone Lugo, chegando ao equipo senior e debutando na 1ª División.

BENVIDOS!





4/7/16

Luis de Cospeito, novo membro do equipo técnico

OFICIAL.- Luis Vázquez, máis coñecido como Luis de Cospeito, volta ao Vilalba F.S. como membro do equipo técnico, para axudar a Alfonso González "Belga", que continuará por novena tempada.
Os ex-xogadores do histórico Hotel Villamartín, intentarán transmitir a súa experiencia, para afrontar este ano deportivo, de novo na Terceira División.
Sen dúbida a chegada de Luis, será unha inxeción de moral para @s seareir@s.

ESTAMOS DE VOLTA

Despois dun tempo sen poder actualizar a páxina, estamos de volta. Grazas por seguirnos!