22/6/13

ALFONSO E FERNANDO SEGUIRAN A FRONTE DOS EQUIPOS

Os adestradores Alfonso e Fernando seguirán un ano máis, á fronte dos equipos senior e xuvenil, respectivamente.
O Vilalba F.S. aposta unha vez máis por un proxecto de continuidade, renovando ao equipo técnico.
Será a sexta tempada consecutiva para Alfonso González "Belga" no banco vilalbés, e a segunda na Terceira División Nacional. 
Fernando "Llano" levará ao equipo xuvenil un ano máis, e será o cuarto como adestrador.

En vindeiras datas, teremos máis novas sobre os planteis, e as pretempadas de ambos equipos.

20/6/13

COMIDA FIN DE TEMPADA


A familia do Vilalba F.S. celebrou a habitual comida de fin de tempada.
Xogadores, corpo técnico e directiva desfrutaron dunha xornada de confraternización.
En vindeiras datas ofreceremos algunhas novas de cara a vindeira tempada.