30/11/10

PUB FLANAGANS XOVE F.S. 4 PEUGEOT VILALBA F.S. 4

O Peugeot acadou un xusto empate na difícil cancha do Xove. Tal como empezou o encontro pode saber a pouco, pero como se conseguiu o punto faltando 25 segundos, ten un sabor máis doce.
Os vilalbeses comezarían moi efectivos e os dous primeiros tiros remataron no fondo das redes de David. Logo dous erros visitantes permitiron ao Xove o empate.
Na segunda metade, os colexiados desluciron o encontro cunha morea de cartóns, sen haber unha soa patada. Tamén pitaron un discutido penalti a favor dos locais, que marcaría Iván. Aitor fixo o derradeiro gol, para levar para Vilalba un punto.

Pub Flanagan´s Xove F.S. 4: David, Jesús, Rey, Dani e Iván, -cinco inicial-, Iago, Rivera, e Pablo.
Peugeot Vilalba F.S. 4: Agus, Aitor, Ati, Pequecho e Roberto -cinco inicial-, Alex, Hugo, Jose, Manu, Nico, Piña, e Sergio.
Árbitros: Javier Menéndez Nistal e José Aparicio Carrasco. Amoestaron con amarela a Rivera,e con vermella ( dúas amarelas ) a Iago e Miguel Ángel por parte do Xove. No Peugeot amoestaron con amarela a Agus, Manu, Sergio e o adestrador Alfonso, e con vermella ( dúas amarelas ) a Ati.
Goles: 0-1 min. 2 Aitor, 0-2 min. 5 Roberto, 1-2 min. 8 Iago, 2-2 min. 9 Iago, 3-2 min. 23 Rey, 3-3 min. 35 Pequecho, 4-3 min. 36 Iván, 4-4 min. 39 Aitor.

PEUGEOT VILALBA F.S. 4 CIDADE DE VIVEIRO 3

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S. gañaron por 4 a 3 ao Cidade de Viveiro. Os goles dos vilalbeses foron obra de: Xoán ( 2 ), Ledo e Miguel.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA LA CREMA

Aitor 22%
Manu 22%
Hugo 18%
Ati 9%
Roberto 9%
Nico 4%
Pequecho 4%
Piña 4%
Sergio 4%
Agus 0%

Votos totais: 22

26/11/10

XORNADA 8 XUVENIL

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S. reciben este domingo día 28 as 12:00, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Cidade de Viveiro.

XORNADA 11

O Peugeot Vilalba F.S. visita este sábado 27 as 17:00 o Pavillón Municipal de Xove, para enfrontarse ao Pub Flanagan´s Xove F.S.
Os da Mariña veñen de perder na casa do Mera, e na clasificación están un punto por detrás dos vilalbeses.

22/11/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 2 LA CREMA BAR ARRANCA 5

O Peugeot perdeu diante do La Crema, que foi moi eficaz en ataque e estivo moi ben en defensa.
Na primeira parte impuxéronse as defensas, en o xogo non foi o moi vistoso.
Na segunda metade o Peugeot colleu o mando do encontro, pero serían os visitantes os que levarían os tres puntos.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 86.

No sorteo patrocinado por Osborne España, saíu agraciado o nº 174.

Peugeot Vilalba F.S. 2: Agus, Aitor, Ati, Roberto e Sergio -cinco inicial-, Fiter, Hugo, Manu, Nico, Pequecho, Paulo e Piña.
La Crema Bar Arranca 5: Carlos, Angel, Fidel, Ignacio, e Juan, -cinco inicial-, Mario, Adrián, e Jose.
Árbitros: Noemí Bello Castro e Diego Franco Veiga.
Goles: 0-1 min. 6 Ignacio, 1-1 min. 18 Aitor, 1-2 min. 24 Ignacio, 1-3 min. 25 Ignacio, 2-3 min. 27 Aitor, 2-4 min. 34 Ignacio, 2-5 min. 37 Mario.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O TROULA

Aitor 32%
Manu 25%
Agus 6%
Ati 6%
Roberto 6%
Hugo 4%
Jose 4%
Sergio 4%
Nico 2%
Paulo 2%
Piña 2%

Votos totais: 43

18/11/10

XORNADA 10

O Peugeot Vilalba F.S. recibe este sábado día 20 as 18:30,no Pavillón Municipal de Vilalba, ao La Crema Bar Arranca de Negreira.
Os negreirenses que están a un punto dos vilalbeses na taboa da Autonómica Norte, veñen de participar o ano pasado na Primeira B. Na xornada anterior gañaron por 5 a 4 ao Mera.

14/11/10

TROULA F.S. 0 PEUGEOT VILALBA F.S. 6

Partido doado para o Peugeot este sábado en Betanzos diante do Troula. Os vilalbeses foron os donos do encontro e xa no minuto sete gañaban por 0 a 3. Os locais na primeira metade terían tres boas ocasións que foron respondidas moi ben por Agus. Ao descanso chegaríase co marcador de 0 a 4.
Na segunda metade a intensidade do encontro baixou, e os visitantes agardaban atrás esperando saír á contra. Manu nunha falta marcaría de novo, e os betanceiros sacarían o porteiro-xogador, pero o Peugeot defendería moi ben, e marcaría outro gol Aitor, a pase de Roberto.
Dúas goleadas consecutivas dos vilalbeses, que na seguinte xornada recibe ao La Crema Bar Arranca.

Troula F.S. 0: Santi, Alfredo, Lorenzo, Manuel e Adrián, -cinco inicial-, Alfonso, Cristobal, Pablo, e Ricardo.
Peugeot Vilalba F.S. 6: Agus, Aitor, Ati, Roberto e Sergio -cinco inicial-, Fiter, Hugo, Jose, Manu, Nico, Piña, e Paulo.
Árbitros: José Ángel Vilas e Alvaro Otero. Amoestaron con amarela a Lorenzo, Cristobal, e a Manuel con vermella ( dúas amarelas ) por parte do Troula.
Goles: 0-1 min. 2 Ati, 0-2 min. 4 Aitor, 0-3 min. 7 Aitor, 0-4 min. 13 Manu, 0-5 min. 28 Manu, 0-6 min.36 Aitor.

PEUGEOT VILALBA F.S. 3 I.E.S. CORUXO CONCELLO DE VIGO 1

Os xuvenís do Peugeot gañaron por 3 a 1 ao Coruxo. Os goles dos vilalbeses foron obra de Xoán, Joel e Freire.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA BOQUEIXÓN

Aitor 25%
Manu 23%
Piña 17%
Agus 9%
Hugo 9%
Esteban 5%
Nico 5%
Sergio 1%
Alex 0%
Paulo 0%
Roberto 0%

Votos totais: 51

11/11/10

XORNADA 9

O Peugeot Vilalba F.S. visita este sábado día 13 as 17:00 o Pavillón Municipal de Betanzos, para enfrontarse ao Troula F.S.
Despois da goleada contra o Boqueixón, os vilalbeses buscarán unha nova vitoria, na casa do penúltimo clasificado, da Autonómica Norte.

XORNADA 6 XUVENIL

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S., reciben este sábado día 13 as 18:30, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao I.E.S. Coruxo Concello de Vigo.

7/11/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 8 BOQUEIXÓN F.S. 1

Por fin unha vitoria sen sufrimentos para o Peugeot, que nunha gran primeira parte sacou do encontro ao Boqueixón, que merecía algún gol máis pero tanto Agus como Alex defenderon ben a portería local.
Nun pavillón ateigado de seareiros que disfrutaron coa goleada, os pupilos de Alfonso, controlaron o encontro de principio a fin, con máis intensidade na primeira metade que rematou co marcador de 7 a 1 a prol dos vilalbeses. Na segunda metade o ritmo baixou nos dous equipos,e as ocasións foron menos. O Boqueixón enviou un balón ao pau, e tirou un dobre-penalti que detivo Alex. Hugo tería as ocasións máis claras do Peugeot nesta segunda parte.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 106.

No sorteo patrocinado por Osborne España, saíu agraciado o nº 1992.

Peugeot Vilalba F.S. 8: Agus, Aitor, Hugo, Nico e Roberto, -cinco inicial-, Alex, Esteban, Manu, Paulo, Piña, e Sergio.
Boqueixón F.S. 1: Pablo, Enrique, Julián, Fernando e Adrián, -cinco inicial-, David, Rafael, Silva, Alberto, e Diego.
Árbitros: Carlos Suárez Blando e Borja Darriba Villamor. Amoestaron con amarela a Adrián por parte do Boqueixón.
Goles: 1-0 min. 7 Piña, 2-0 min. 12 Piña, 3-0 min. 13 Aitor, 4-0 min. 14 Manu, 4-1 min. 15 Enrique, 5-1 min. 16 Aitor, 6-1 min. 18 Manu, 7-1 min. 19 Paulo, 8-1 min. 39 Manu.

CARBALLIÑO F.S. 2 PEUGEOT VILALBA F.S. 4

Vitoria do equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. por 2 a 4, na súa visita ao Carballiño F.S.

4/11/10

XORNADA 8

O Peugeot Vilalba F.S. recibe ao Boqueixón F.S., este sábado día 6 as 18:30, no Pavillón Municipal de Vilalba.
Despois de dúas derrotas, os vilalbeses necesita voltar a senda da vitoria, para non caer á zona baixa da taboa.

XORNADA 5 XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. visita ao Carballiño F.S., este sábado día 6 as 16:30.
O encontro disputarase no Pavillón Paco Chao.

PARTIDOS APRAZADOS

Resultados de dous encontros que estaban aprazados:

-Troula F.S. 4 Autocares J.Pombo 7
Correspondente á segunda xornada, e xogado o 28 de outubro.

-Boqueixón F.S. 6 Concello de Arzua 4
Correspondente á quinta xornada, e xogado o 1 de novembro.