30/1/17

Repítese a historia

O Vilalba F.S. empatou a 2 goles contra o Casás, noutro partido ao que por desgraza parecía que o guión xa estaba escrito antes de xogarse. Dominio dos vilalbeses cunha morea de ocasións que desperdiciaron, encaixando dous goles de estratexia.
Pois o dito, o ex-xogador do Vilalba, Pequecho, adiantaría aos lucenses no saque dunha falta no segundo pau. As ocasións para os vilalbeses serían moitas. Nun lanzamento de falta de Tucho, Rafael marcaría en propia porta.
Os de Alfonso na primeira metade, mandaría o coiro aos paus en 3 ocasións e fallarían un dobre penalti que tamén foi á madeira.
Na segunda parte Freire adiantaría aos visitantes e Félix poñería a taboas no marcador.
Alvarito sería expulsado por un dobre cartón moi riguroso. Con superioridade o Casás apenas inquietou a porta de Iago.
Empate que sabe a pouco en Vilalba.
No encontro, Tucho sufriría unha escordadura no ligamento lateral externo do xeonllo dereito. Dende a administración desexamos unha pronta recuperación.
A vindeira xornada o Vilalba F.S. recibirá ao lider da terceira, o Pazos de Borbén.

C.P. Casás 2: Carlos, Pequecho, Pablo, Félix e Christian, -cinco inicial-, Alexandre, Jairo, Julio, Rafael e Ignacio.
Vilalba F.S. 2: Iago, Jose López, Roi, Alvarito e Nuno, -cinco inicial-, Tucho, Freire, Luis, Paulo, Antón e Diego.
Árbitros: Borja Moreira Bermúdez, Emilio González Alvedro e Iván Enríquez Fontenla.
Amoestaron con amarela a Pablo, Jairo e Félix do Casás. No Vilalba viron cartón Jose López e Freire. Foi expulsado por dobre cartón Alvarito.
Goles: 1-0 min. 2 Pequecho, 1-1 min. 8 Rafael P.P., 1-2 min. 27 Freire, 2-2 min. 33 Félix.

27/1/17

Enfrontamento directo contra o Casás

Este domingo día 29, o Vilalba F.S. viaxa a Lugo para enfrontarse ao Casás as 12:00, no Pavillón Municipal.
Os de Alfonso contan con 4 puntos de vantaxe na clasificación.
Os vilalbeses son oitavos con 5 vitorias, 2 empate e 7 derrotas, e os lucenses son undécimos con 4 vitorias, 1 empate e 8 derrotas, cun partido menos.

Entrevista a Alfonso 15ª Xornada


Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 15ª Xornada.

Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 15ª XORNADA

25/1/17

Dani Martínez causa baixa

O xogador que fichara no 2015, deixa o Vilalba F.S. despois de tempada e media. O encontro contra o Bembrive, convertiuse no derradeiro onde Dani vestiría a camisola verde.
Dende a administración dámoslle as grazas por estes anos.


23/1/17

Roi empata faltando 20 segundos

O Vilalba F.S.  empatou a 3 goles contra o Bembrive, nun partido onde mereceron a vitoria, pero a falla de acerto de cara a porta, fixo que se escaparan os puntos do Municipal.
Comezaba ben o encontro para os vilalbeses que dominaban con xogo e ocasións. Roi inauguraría o marcador. Pero Fabián empataría cun tiro dende fora da área. Os locais desperdiciarían varias ocasións destacando dous disparos ao pau.
Nunha mala saída de Iago os visitantes marcarían o 1 a 2 antes do descanso.
Na segunda metade os de Alfonso tiveron altos e baixos.
Tucho empataría no minuto seis, poñendo emoción no marcador. Mediada a segunda parte os visitantes adiantaríanse de novo.
Os locais tentábano pero sen moita precisión.
E faltando 3 minutos co cinco para catro e os seareiros animando sen descanso, os vilalbeses medraron e tiveron unha morea de ocasións, un par de paus e outras duas na que o porteiro estivo sobresainte.
E sen darse por vencidos, a falla de 20 segundos Roi empataría o partido. Xa no daría tempo para máis.
Na vindeira xornada o Vilalba viaxa a Lugo para enfrontarse ao Casás.

Vilalba F.S.: Iago, Jose López, Roi, Alvarito, e Nuno, -cinco inicial-, Tucho, Luis, Freire, Paulo, Antón e Dani Martínez.
Bembrive F.S.: Diego, Carlos, Javier, Pablo e Alberto, -cinco inicial-, Javier, Félix, Fernando, Fabio, Carlos, Aarón e Fabián.
Árbitros: Mario Salinas García, Roberto Segundo Amor Vizos e María Begoña López Fernández.
Amoestaron con amarela a Jose López, Freire e Roi no Vilalba. Polo Mosteiro viron cartón Pablo e Carlos.
Goles: 1-0 min. 5 Roi, 1-1 min. 11 Fabián , 1-2 min. 18 Aarón , 2-2 min. 26 Tucho, 2-3 min. 31 Carlos, 3-3 min. 39 Roi.


19/1/17

Luis de Cospeito volta á pista

Nunca lle deu a espalda ao equipo. Sempre estivo cando fixo falla. E unha vez máis dará a cara para axudalo.
Luis Vázquez volta a calzar as zapatillas para reforzar ao plantel que por mor das baixas quedou limitado.
MOITAS GRAZAS!! NON NOS FALTES NUNCA!!




Entrevista a Alfonso 14ª Xornada

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 14ª Xornada.

Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 14ª XORNADA

16/1/17

A estratexia condena aos vilalbeses

O Vilalba F.S. perdeu por 5 a 2 contra A Estrada, nun encontro onde a estratexia por parte dos locais foi determinante.
Comezaría marcando Alvarito para os vilalbeses, pero en duas xogadas a balón parado, os estradenses remontarían o encontro, chegando ao descanso co marcador de 2 a 1.
Á volta dos vestiarios Alvarito de novo nunha xogada con Nuno, empataría o partido.
Había ocasións para ambos equipos, pero nunha falta, A Estrada poñeríase de novo por diante.
Xa nos derradeiros minutos co Vilalba xogando co cinco para catro, chegarían dous novos goles para os locais.
Bo partido dos de Alfonso e Luis, que se viron condeados na estratexia e pequenos erros.
Na vindeira xornada o Vilalba F.S. recibirá ao Bembrive, actual colista. De gañar daría un paso máis para acadar a permanencia.

A Estrada F.S. 5: César, Sergio, Ricardo, Pablo e Lozano, -cinco inicial-, Adrián, Joaquín, Martín, Eduardo, Julio e Borja.
Vilalba F.S. 2: Iago, Jose López, Roi, Alvarito e Nuno, -cinco inicial-, Tucho, Freire e Dani Martínez.
Árbitros: Jorge Varela Señaris, Rubén García Montoiro e Inmaculada Silva Martínez.
Amoestaron con amarela a Adrián, Lozano e Sergio de A Estrada. No Vilalba viron cartón Alvarito, Roi e Jose López.
Goles: 0-1 min. 3 Alvarito, 1-1 min. 9 Lozano, 2-1 min. 16 Lozano, 2-2 min. 22 Alvarito, 3-2 min. 31 Pablo, 4-2 min. 37 Julio, 5-2 min. 39 Pablo.

13/1/17

Comeza a segunda volta

Despois deste largo parón, volta a Terceira División.
O Vilalba F.S. visita este sábado as 19:00, ao equipo máis en forma no último tramo ligueiro, A Estrada Futsal, que gañou os últimos 7 partidos de liga e tamén o encontro de oitavos da copa. Na primeira volta os vilalbeses gañaran por 9-6.
Non será doado para o Vilalba, que soamente conta con 9 xogadores do primeiro equipo, despois das baixas de Luis, Diego Fente, Miguilla e César.

10/1/17

Luis será baixa para o que resta de tempada

Luis terá que pasar polo quirófano para someterse a unha intervención cirúrxica, que lle  impedirá xogar o que resta de tempada.
Dende a administración desexámoslle unha pronta recuperación e que poda voltar á pista en perfectas condicións.
MOITA SORTE!!



9/1/17

Diego Fente ficha polo Orchies Douai Futsal

O Vilalba F.S. perde ao seu máximo goleador desta tempada, que volta a Francia, para seguir coa súa proxección.
Diego ficha polo Orchies Douai Futsal da primeira división, que actualmente está na loita polo descenso.
Dende a administración desexámoslle MOITA SORTE nesta nova andaina.
É O GOL QUE MARCA DIEGO FENTE, QUE SE NOTE QUE ESTÁS PRESENTE!!

Foto: María Roca