28/9/09

XORNADA 3 XUVENIL

O Peugeot Vilalba F.S. Xuvenil visitará ao Cidade de Narón no Pavillón da Gándara, este sábado día 3 as 16:00.

XORNADA 3

O Peugeot Vilalba F.S. recibirá no Pavillón Municipal de Vilalba ao Jogafán Ordes F.S., o vindeiro sábado día 3 de Outubro as 18:30, no encontro correspondente á xornada 3 da Autonómica Norte de Fútbol Sala.

PEUGEOT VILALBA F.S. XUVENIL - COINASA CAIXANOVA OURENSE F.S.

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S. empatarón a tres goles contra o Coinasa Caixanova Ourense F.S., no partido disputado no Pavillón Municipal de Vilalba.

S.I. OUTEIRO DE REI - PEUGEOT VILALBA F.S.

O Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 4 a 0, no seu desprazamento á cancha do S.I. Outeiro de Rei.
Os vilalbeses non conseguen collerlle o pulso á nova categoría, e están desperdiciando encontros contra equipos a priori accesibles.
O quinteto titular de Alfonso foi: Fiter, Paulo, Pequecho, Roberto e Rucho. Ao longo do partido tamén participaron: Agus, Ati, Hugo, Jorge, Marquiños e Nico.
No vindeiro partido contra o Jogafán Ordes F.S., o Peugeot intentará inaugurar o seu casilleiro de victorias.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA CASTRO

Iván 25%
Manu 23%
Agus 10%
Paulo 10%
Alex 7%
Hugo 7%
Nico 7%
Roberto 5%
Jorge 2%

Votos totais: 39

22/9/09

LOTARÍA DE NADAL

O Peugeot Vilalba F.S. pon á venda participacións do nº 62020, para o sorteo da Lotaria de Nadal. Podedes adquirirlas na Cafetería A Pravia, ou solicitarlla aos directivos e xogadores.
MOITA SORTE.

XORNADA 2

O Peugeot Vilalba F.S. xogará como visitante contra o S.I. Outeiro de Rei, este sábado día 26 as 17:00.O partido corresponde á segunda xornada da Liga Autonómica Norte de Fútbol Sala.

XORNADA 2 XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. recibe este sábado día 26 de setembro as 17:00, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Coinasa Caixanova Ourense F.S., no partido correspndente á segunda xornada de liga.

21/9/09

RESULTADOS, CLASIFICACIÓNS E GOLEADORES

Podedes consultar os resultados, clasificacións, goleadores e o calendario, nas ligazóns que se atopan á dereita da páxina.

S.D.PAZOS DE BORBÉN - PEUGEOT VILALBA F.S XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. saiu goleado na súa visita ao S.D. Pazos de Borbén, por 9 a 3.

Máis información na súa web: http://www.xuvenisvilalbafs.es.tl/

19/9/09

PEUGEOT VILALBA F.S. - C.F.S. CASTRO



Xusto empate entre o Peugeot Vilalba Fútbol Sala e o C.F.S. Castro, co marcador final de 3 a 3.Os locais desperdiciaron unha renda de dous goles ao descanso, no que era o seu debut na categoría.Ao Pavillón Municipal de Vilalba acudirón 150 seareiros.
Os colexiados do encontro foron: Diego Franco Veiga e José Abuín Arrujo.
O quinteto inicial de Alfonso foi: Alex, Iván, Manu, Nico e Roberto.Quedaron no banco: Agus, Ati, Hugo, Jorge e Paulo.
A primeira parte foi de dominio local, comezando Nico a probar sorte no minuto dous, cun disparo que rexeitou Álvaro.
Nico de novo executaría un tiro dende fora que remataría en córner.
No minuto sete, Iván remataría dende a esquerda, e un xogador do Castro enviaría a saque de esquina.
No minuto nove chegaría o primeiro gol do Peugeot.Nico recibiría un pase longo de Manu, que pasaría a Paulo para enviar o coiro ao fondo da rede.1-0
Os dous seguintes minutos foron para o Castro. Primeiro Manuel intentaríao cun tiro cruzado, logo unha falta foi desbaratada por Alex, e no seguinte córner S.Paulo, remataría desviado.
No minuto doce, nun contragolpe Jorge pasa o balón a Paulo, e este cruza o balón para facer o segundo gol da tarde.2-0
O Peugeot Vilalba cargouse moi rápido de faltas, e no minuto trece, Walter tería unha falta sen barreira ao borde do área de Alex, pero o coiro batería no pau.
Na seguinte xogada, Manu dispararía ao lateral da rede. E máis tarde Jorge roubaríalle a carteira a Walter, pero non conseguiría bater a Álvaro.
No minuto dezasete, o Castro recortaría distancias, cun golazo pola escuadra, de André.2-1
Na seguinte xogada Iván regatearía a dous xogadores visitantes, e o seu disparo remataría en gol.3-1
Nico tería a derradeira oportunidade da primeira parte, facendo un autopase e tirando a porta, pero Alvaro respostaría ben.
A segunda parte os equipos intercambiarían os papeis, e o dono do partido trocaría para os de Castro.
No minuto tres, Manuel avisaría cun disparo ao pau da porta de Agus.
Iván nun saque de banda de Manu, estaría a piques de dar a estocada, pero o seu tiro sairía por pouco.
Agus no minuto seis, tería que facer unha saída, a unha internada de Mauro.
Manu nun contragolpe só contra o porteiro no minuto oito, recortaríao a pero o disparo sacaríao a defensa na liña de gol.
José intentaría bater a Agus, pero o coiro petaría nun defensa rematando en córner.
Novamente José faríalle un recorte a Paulo, e marcaría de tiro cruzado.3-2
No minuto dez, un omnipresente José, mandaría o balón fora, cando se atopaba só ante Agus.
Iván nun córner tería unha boa oportunidade, pero Alvaro detería o seu disparo.
No minuto trece Agus enviaría en longo para Paulo, este dispararía de primeiras, e Álvaro coa cara enviaría a córner.
Manuel daríalle un bo susto ao Peugeot, pero Agus co pé desbarataría as súas intencións.
E a un minuto para o final, S.Paulo conseguiría o empate para o Castro, facendo inútil a renda que levaban os locais no descanso.3-3
Un punto para cada equipo, que contentaría máis aos visitantes que aos vilalbeses.

No sorteo patrocinado por Osborne e Peugeot, saíu agraciado o nº 1422.

18/9/09

ELIMINANDO BARREIRAS DE COMUNICACIÓN

A partir de agora, as persoas con dificultades visuais, poderán escoitar as novas que aparecen nesta páxina, premendo no icono que aparece debaixo de cada entrada.
Non é unha voz perfecta, e algunhas palabras soan raras, mais esperemos que serva de axuda.

17/9/09

XORNADA 1 XUVENIL

O Peugeot Vilalba F.S. Xuvenil visitará o vindeiro domingo día 20 as 12:00, ao S.D. Pazos de Borbén, no que será a súa estrea na categoría.

15/9/09

XORNADA 1

Este sábado día 19 de setembro as 18:30, o Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao C.F.S. Castro, no Pavillón Municipal de Vilalba, no que será o primeiro partido de liga da Autonómica Norte.

10/9/09

PARTIDO CONTRA CALOTO LOYO

Este sábado día 12 as 18:30, o Peugeot Vilalba Fútbol Sala enfrontarase ao Caloto Loyo, nun partido amigable, no Pavillón Municipal de Vilalba.

9/9/09

DERROTAS NO TROFEO SAN RAMÓN






O Peugeot Vilaba F.S. caeu derrotado polo Azkar B por 2-7, no trofeo San Ramón de Fútbol Sala.
Os xuvenís empataron a 2 contra o Azkar Xuvenil, e perderon nos penaltis.
As fotografías corresponden á entrega de premios por parte da Comisión de Festas.

5/9/09

TROFEO SAN RAMÓN

Este domingo día 6 disputarase o trofeo San Ramón de Fútbol Sala, no Pabillón Municipal de Vilalba.

Os horarios dos partidos son os seguintes:

PEUGEOT VILALBA F.S.- AZKAR (XUVENÍS) ÁS 18:00

PEUGEOT VILALBA F.S.- AZKAR B (SENIORS) ÁS 20:00