10/4/17

Este equipo nunca se rende

O Vilalba F.S. empatou a dous goles co Santiago Futsal B, e conseguíu a permanencia matemática.
Despois dunha segunda volta marcada polas seis baixas, que tivo o primeiro equipo, os de Alfonso sufriron máis do agardado para seguir outro ano na Terceira División.
O do sábado foi un partido moi igualado, e a pesar de comezar perdendo na primeira xogada, os vilalbeses non se renderon. Nunha moi boa xogada persoal de Freire, Luis soamente tería que apuxar o coiro para facer o empate antes do descanso.
Á volta dos vestiarios os de Santiago adiantaríanse de novo. Os locais sacarían a garra e o incombustible Luis, faría o empate definitivo faltando catro minutos para o final.
Os visitantes sacaría o porteiro-xogador, mais o marcador non se movería.
Gran partido de todo o equipo, que co empuxe da grada conseguíu o obxetivo.

Vilalba F.S. 2: Iago, Jose López, Roi, Paulo e Alvarito, -cinco inicial-, Luis, Nuno, Juanjo, Freire e Diego.
Santiago Futsal B 2: Felipe, Gonzalo, Iago, Pablo e Brian, -cinco inicial-, Rafael, Xabier, Igor, Miguel e Fernández.
Árbitros: Borja Moreira Bermúdez, Manuel Dans Rey e José Ángel Fernández Vázquez.
Amoestaron con amarela a Roi e Luis no Vilalba. Polo Santiago viron cartón Pablo, Miguel, Gonzalo e Xabier. Yago foi expulsado con cartón vermello.
Goles: 0-1 min. 0 Iago, 1-1min. 19 Luis, 1-2 min. 24 Fernández, 2-2 min. 36 Luis.

6/4/17

Entrevista a Alfonso 24ª Xornada

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 24ª Xornada.
Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 24ª XORNADA

3/4/17

A falta de intensidade impide puntuar

O Vilalba F.S. perdeu 6-5 contra o Carballiño, e con esta derrota métese de cheo na loita pola permanencia á falta dun partido para os vilalbeses.
Na vindeira xornada, os de Alfonso necesitan puntuar diante do Santiago Futsal, ou que o Carballiño non o faga diante da Estrada. Senón puntuan e o Carballiño si, terán que agardar ao resultados da derradeira xornada, onde ao Vilalba lle toca descansar.
Comezou mal o encontro para os chairegos coa lesión de Freire no primeiro minuto. Aos locais soamente lles valía a vitoria e adiantábanse no marcador.
Paulo empataría mediada a primeira parte.
O Carballiño sacaría o porteiro-xogador e faría o 2-1.
Luis antes do descanso empataría o partido.
Á volta dos vestiarios os visitantes farían dous novos goles, dando a impresión de que poderían levar algo positivo desta saída.
Pero os locais non se renderon e co cinco para catro ben traballado, e a falta de intensidade dos vilalbeses conseguiron empatar. Roi marcaría o 4-5. E o Carballiño seguindo co xogo de cinco, levaría os tres puntos con 2 novos goles.
Partido marcado polo bo xogo no cinco para catro dos locais, co cal marcaron cinco goles e a falta de intensidade do Vilalba.

Carballiño 6: Alejandro, Óscar, Aitor, Álvaro e Cristian, -cinco inicial-, Fabián, Edgar, David, Iván, Daniel, Noel e Fabio.
Vilalba F.S. 5: Iago, Paulo, Alvarito, Freire e Nuno, -cinco inicial-, Roi, Luis, Jose López, Juanjo e Diego.
Árbitros: Eduardo Cordal Martínez, Pablo José Fernández Becerra e Eva Fernández Lorido.
Amoestaron con amarela a Fabio e Fabián no Carballiño. E viu cartón vermello Aitor. O Vilalba non tivo amoestados.
Goles: 1-0 min. 5 David, 1-1 min. 15 Paulo, 2-1 min. 18 David, 2-2 min. 19 Luis, 2-3 min. 26 Paulo, 2-4 min. 27 Aitor p.p., 3-4 min. 33 Iván, 4-4 min. 34 Paulo p.p., 4-5 min. 36 Roi, 5-5 min. 37 Iván, 6-5 min. 39 Cristian.