28/1/13

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 3 GRUPO 7 A 9 CAFYD 1

Partido correspondente á xornada 18 da Terceira División, na que o Peugeot Vilalba gañou 3 a 1 ao Cafyd, nun encontro con pouco ritmo e dominado polos vilalbeses.
A primeira metade remataría con vantaxe dun gol de Piña, que aproveitou un rexeite do largueiro a disparo de Chicharito.
Á volta dos vestiarios a tónica foi a mesma, e ningún dos dous equipos conseguían ter ocasións claras.
Joel aproveitaría un rexeite de Chenlli a tiro de Luis, para poñer o 2 a 0, e Luka desviaría un disparo de Aitor para poñer o 3-0.
Faltando 15 segundos os de Marín marcaría nun saque de esquina por medio de Reboredo.
A vindeira xonrada os de Alfonso visitan ao Ventorrillo.

O equipo xuvenil perdeu 5 a 8 contra o Coruxo, con goles de Manu (2), Dieguito (2) e Luka.

Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 3: Agus, Roi, Aitor, Piña e Luka, -cinco inicial-, Joel, Luis, Chicharito, Peón e Paulo.
Grupo 7 a 9 CAFYD 1: Chenlli, Fabián, Iván, Reboredo e Edu, -cinco inicial-, Rubén, Marcos, Joaquín, Asier e Victor.
Árbitros: Carlos Suárez Blanco e David Castro Bermúdez. Amoestaron con amarela a Peón e Luis no Vilalba.
Goles: 1-0 min. 11 Piña, 2-0 min. 28 Joel, 3-0 min. 35 Luka, 3-1 min. 40 Reboredo.

25/1/13

XORNADA 18

Este fin de semana os dous equipos xogan en Vilalba
O sábado o equipo senior recibe as 19:00 ao CAFYD, e o domingo as 12:30 os xuvenís xogarán contra o Coruxo.

21/1/13

LEIS PONTEVEDRA 9 VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 1

Derrota abultada pero xusta do Peugeot diante do Leis. Os vilalbeses fixeron frente na primeira metade, pero na segunda os erros tanto en ataque como en defensa foron claves.
Destacar o debú do porteiro xuvenil Luis.
O vindeiro sábado 26 as 19:00 os de Alfonso reciben ao CAFYD.

O equipo xuvenil empatou a catro goles contra La Junquera con goles de Marcos (3) e Manu.

Leis Pontevedra 9: Miki, Miguel, Martin, Sergio e Raul, -cinco inicial-, Eloy, Sergio Martínez e Unai.
Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 1: Agus, Aitor, Luis Vázquez, Piña e Roi, -cinco inicial-, Luka, Chicharito, Peón, Joel e Luis.
Árbitros: Carlos Fernández Méndez e Olivier Cardeiro Rodríguez (Ourense). Amoestaron con amarela a Martín No Leis. Por parte de Vilalba viron cartón amarelo Luis e Piña.
Goles: 1-0 min 1 Miguel 1-1 min 6 Chicharito 2-1 min 10 Miguel 3-1 min 14 Sergio 4-1 min 23 Sergio 5-1 min 25 Sergio 6-1 min 36 Sergio Martinez 7-1 min 36 Raul 8-1 min 37 Raul 9-1 min 40 Unai.

18/1/13

XORNADA 17

O equipo senior visita ao Leis Pontevedra este domingo día 20 as 12:00.
Os vilalbeses viaxan mermados polas baixas, e co condicionante de non poder contar con xuvenís, xa que coinciden en día e hora os seus encontros.
Alfonso non poderá contar con Isma, Ati, e Iago, e coa dúbida de Agus.

Os xunenís xogan como visitantes, diante de A. La Junquera tamén o domingo as 12:00.
Os de Llano intentarán conseguir unha nova vitoria, diante dun rival que aínda non puido puntuar.

13/1/13

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 4 ADFS BUEU 3

O Peugeot Vilalba comezou a segunda volta cunha vitoria diante do Bueu, nun encontro igualado.
Os vilalbeses aproveitaron dúas contras para levar o encontro, rematadas por Peón.
Destacar o debú do porteiro xuvenil Diego, que entrou no encontro no canto dun lesionado Isma, e tivo dúas paradas de mérito.
A vindeira xornada os de Alfonso visitan ao Leis Pontevedra.

Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 4: Isma, Roi, Aitor, Piña e Luis, -cinco inicial-, Chicharito, Luka, Peón, Joel e Diego.
ADFS BUEU 3: Hugo, Rafa, Pocho, Lea e Javi, -cinco inicial-, Juan, David, Adri, Mon e Berto.
Árbitros: Manuel Saa Mateo e Efrén Álvarez López. Amoestaron con amarela a Aitor no Vilalba. No Bueu viron cartón Juan, Mon e Adri.
Goles: 0-1 min. 3 Javi, 1-1 min. 6 Aitor, 2-1 min. 10 Peón, 3-1 min. 11 Chicharito, 3-2 min. 19 Pocho d.p., 3-3 min. 30 Pocho, 4-3 min. 31 Peón.

9/1/13

XORNADA 16

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibe ao Bueu na 16ª Xornada, este sábado 12 as 19:00, no Municipal de Vilalba.

O equipo xuvenil recibe ao Cidade de Narón, o domingo 13 as 12:00, tamén no Municipal.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 6 CIDADE DE VIVEIRO 2

O Peugeot Vilalba rematou a primeira volta cunha vitoria diante da súa afección, po 6 a 2 diante do Cidade de Viveiro.
Os vilalbeses dominaron de principio a fin o encontro, e encontranse a 19 puntos do descenso.
Destacar o debú do xuvenil Felipe.

Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 6: Agus, Roi, Aitor, Piña e Joel, -cinco inicial-, Peón, Luis, Chicharito, Paulo, Manu e Felipe.
Cidade de Viveiro 2: Adrián, David, Pablo, Díaz e Manuel, -cinco inicial-, Antonio, Marcos, Mateo e Alejandro.
Árbitros: Valentín Presedo García e José Ángel Vilas Martínez. Amoestaron con amarela a Felipe no Vilalba. No Viveiro viu cartón Alejandro.
Goles: 1-0 min. 2 Joel, 2-0 min. 10 Luis, 3-0 min. 12 Luis, 4-0 min. 16 Roi, 4-1 min. 19 Manuel, 5-1 min. 33 Chicharito, 5-2 min. 38 David, 6-2 min. 38 Chicharito.