27/2/17

Entrevista a Alfonso 19ª Xornada

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 19ª Xornada.

Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 19ª XORNADA

21/2/17

Loita, polémica e 1 punto

O Vilalba F.S. empatou a tres goles contra o Coruxo, nun bo partido dos locais e con polémica arbitral.
A primeira parte foi de dominio vilalbés, con bo xogo e ocasións.
Alvarito marcaría ao inicio do encontro. Paulo faría o 2 a 0, e antes do descanso puido facer o dobrete dende os 10 metros, pero o seu lanzamento saíu desviado.
Ao inicio da segunda metade os visitantes farían o 2-1, nun erro dos vilalbeses.
E chegaría a polémica. Jose López sería expulsado, ao ver o segundo cartón, nunha xogada confusa, na que os colexiados, sen saber moi ben como, mandaron ao xogador para os vestiarios. O delegado de Vilalba sería expulsado polas protestas.
Os vigueses cun home máis terían oportunidades, pero a defensa e Iago estarían moi ben. Ata que faltando un segundo para recuperar ao quinto xogador, chegaba o empate.
O xuvenil Diego estrearíase como goleador a Terceira, facendo o 3-2.
Un par de minutos máis tarde nunha xogada embarullada e cun rexeite, o Coruxo faría o definitivo 3 a 3.
Bo partido dos de Alfonso, que con baixas, tocados e expulsión incluida, loitaron ata o final.
A vindeira xornada o Vilalba F.S. visita ao Bueu.

Vilalba F.S. 3: Iago, Jose López, Paulo, Alvarito e Freire, -cinco inicial-, Roi, Nuno, Juanjo, Luis, Antón e Diego.
Coruxo F.S. 3: Rodrigo, Bruno, Andrés, Pablo e Óliver, -cinco inicial-, Samuel, Santiago, Fernando e Abalde.
Árbitros: Diego Mella Brea, David Pérez Torrecilla e Santiago Modroño Liz.
Amoestaron con amarela a Roi, Alvarito e  Luis no Vilalba. Expulsaron por dobre cartón a Jose López e con vermella ao delegado Manolo. Polo Coruxo viron cartón Rodrigo e Samuel.
Goles: 1-0 min. 2 Alvarito, 2-0 min. 17 Paulo, 2-1 min. 20 Óliver, 2-2 min. 22 Bruno, 3-2 min. 29 Diego, 3-3 min. 31 Óliver.

20/2/17

Entrevista a Alfonso 18ª Xornada

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 18ª Xornada.

Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 18ª XORNADA

17/2/17

Gañar para non meterse no perigo

Este sábado día 18 o Vilalba F.S. recibe ao Coruxo, as 18:30, no Pavillón Municipal.
Despois de cinco partidos sen gañar, os vilalbeses necesitas os tres puntos para non meterse na zona perigosa da taboa.
Os de Alfonso son novenos na clasificación con 5 vitorias, 3 empates e 9 derrotas, e os visitantes son cuartos con 10 vitorias e 7 derrotas.
Let's go Peugeot!!!

13/2/17

Borrón e conta nova

O Vilalba F.S. perdeu 6-1 diante do Sala Ourense, no que probablemente fora o peor encontro dos vilalbeses desta tempada.
Partido moi doado para os ourensáns que despois da derrota do Pazos, sitúanse a un punto do primeiro posto.
Dende o primeiro minuto os locais foron dominadores claros e Diego abriría o marcador. Higua e Tizón por dúas veces, facían o 4-0 co que se chegaría ao descanso, con poucas ocasións para os de Alfonso.
No inicio da segunda parte os visitantes terían tres ocasións para marcar, pero serían os da Cidade das Burgas os que farían o 5-0.
A partir de ahí pouca historia nun partido que xa estaba resolto. Nuno faría o gol da honra para o Vilalba, e Higua marcaría o definitivo 6-1.
Mala imaxe dos vilalbeses que a vindeira xornada reciben ao Coruxo.

Sala Ourense 6: Alejandro, Raúl Rivero, Diego, Allariz e Tizón, -cinco inicial-, Araujo, Higua, Avelino, Sergio, Tino, Kevin e Rubén.
Vilalba F.S. 1: Iago, Jose López, Roi, Alvarito e Nuno, -cinco inicial-, Freire, Paulo, Juanjo, Antón e Juan Diego.
Árbitros: Fidel González Armada, Xurxo García Rodríguez e Lorena Quintas Crespo.
No Sala Ourense non houbo amonestados. No Vilalba viron cartón Juanjo e Nuno.
Goles: 1-0 min. 1 Diego, 2-0 min. 9 Higua, 3-0 min. 14 Tizón, 4-0 min. 16 Tizón, 5-0 min. 25 Diego, 5-1 min. 26 Nuno, 6-1 min. 36 Higua.

10/2/17

Saída complicada para o Vilalba

Este sábado día 11, o Vilalba F.S. viaxa á Cidade das Burgas para enfrontarse ao Sala Ourense as 13:00, no Pavillón Municipal Os Remedios.
Os de Alfonso buscarán puntuar diante dun rival, que despois de perder o liderato nas pasadas xornadas, necesita os 3 puntos para continuar na loita polo ascenso. A nova fichaxe, Juanjo del Río, saltará á pista coa camisola verde
Os vilalbeses son novenos con 5 vitorias, 3 empates e 8 derrotas, e os ourensáns son segundos con 12 vitorias e 4 derrotas.


9/2/17

Entrevista a Alfonso 17ª Xornada

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 17ª Xornada.

Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 17ª XORNADA

6/2/17

Partido moi longo para os vilalbeses

O Vilalba F.S. perdeu 1 a 5 contra o Pazos de Borbén, que aproveita o tropezo do Ourense para ampliar a vantaxe dende o liderato.
Fíxoselle o partido moi longo aos vilalbeses, que con poucas rotacións foron aguantado ata que puideron as forzas.
A primeira metade foi igualada con ocasións e bo xogo de ambos.
Luis voltaba a marcar dende a súa volta ás pistas, nun rexeite a tiro de Freire.
O Pazos empataría aos poucos segundos nunha falta directa.
Freire e Álvaro terían sendas ocasións para marcar, pero sería Jonas o que remontaría para os visitantes cun bo gol dende fora.
Faltando 5 minutos o Municipal quedaría sen luz, pero non tardaría en reanudarse o encontro.
Á volta do parón, Luis sufriría unha lesión que non lle permitiría continuar.
Chegaríase ao descanso co marcador de 1-2.
Na segunda metade o Pazos aproveitaría unha perda para encarrilar o encontro.
Coas pernas xa moi cargadas, os vilalbeses ainda terían ocasións para remotar cun pau de Jose López e un despiste de Esteban, que case mete o coiro na súa porta de cabeza.
Pero noutra falta directa o Pazos faría o cuarto.
Con 5 faltas os locais fixeron a sexta, nunha xogada innecesaria e dende os dez metros Jonas faría o quinto.
Partido que se fixo moi longo para os de Alfonso, e outra vez máis 3 goles a balón parado.
A vindeira xornada o Vilalba F.S. visita ao Sala Ourense.

Vilalba F.S. 1: Iago, Jose López, Roi, Alvarito, e Nuno, -cinco inicial-, Freire, Luis, Paulo, Antón e Diego.
Pazos de Borbén F.S. 5: Esteban, Jonas, Eloy, Luis e Lito, -cinco inicial-, Jony, José, Marcos e Breixo.
Árbitros: Juan José García Gómez, Eduardo Cordal Martínez e Adrián Figueroa Veiga.
Amoestaron con amarela a Roi e Jose López no Vilalba. Polo Pazos viron cartón José, Luis e Lito.
Goles: 1-0 min. 9 Luis, 1-1 min. 9 José , 1-2 min. 13 Jonas , 1-3 min. 24 Jony, 1-4 min. 30 Jonas, 1-5 min. 32 Jonas.

3/2/17

A polo líder!

Este sábado día 4 o Vilalba F.S. recibe ao Pazos de Borbén, as 18:30, no Pavillón Municipal.
Os vilalbeses arroupados pola súa afección, buscarán unha vitoria diante do lider da Terceira.
Os de Alfonso son oitavos na clasificación con 5 vitorias, 3 empates e 7 derrotas, e os visitantes son primeiros con 12 vitorias, 1 empate e 2 derrotas.
Let's go Peugeot!!!

2/2/17

Entrevista a Alfonso 16ª Xornada

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 16ª Xornada.

Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 16ª XORNADA