30/9/12

C.D. CAFYD 4 VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 6

O Vilaba F.S. conseguiu a primeira vitoria da tempada, na súa visita a Marín, por 4 a 6 diante do CAFYD.
Na primeira parte os vilalbeses foron máis efectivos, e foron ao descanso co marcador de 0 a 2.
Á volta dos vestirarios os de Alfonso, poñeríanse cun 1 a 4 no electrónico. Máis os locais non darían o encontro por perdido. Recurtarían en poucos minutos, grazas a expulsión de Chicharito, e cun gol en propia de Méndez.
Xa co porteiro-xogador os de Marín, os visitantes marcarían dous goles máis, poñendo o definitivo 4 a 6.
A vindeira xornada o Vilalba, recibe ao Ventorrillo o sábado 6 as 19:00 no Municipal.

C.D. CAFYD 4: Ángel, Rubén, Rebo, Fabián e Marquitos, -cinco inicial-, Victor e Manu.
Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 6: Isma, Aitor, Ati, Roi e Méndez, -cinco inicial-, Chicharito, Peón, Luis, Isma Vázquez e Joel.
Árbitros: Juan González Lubián e Miguel Ángel Vidal Araujo (Pontevedra). Amoestaron con amarela a Rubén, Rebo e Manu no CAFYD. No Vilalba viu vermella Chicharito ( dúas amarelas ).
Goles: Fabián (2), Rebo e Méndez polo CAFYD, e Roi (3), Joel, Chicharito e Peón polo Vilalba.

25/9/12

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 1 LEIS PONTEVEDRA 2

Esta sábado o Vilalba F.S. xogaba o primeiro partido de liga como local, e a afección respondeu coma sempre ateigando as bancadas do Municipal, mais o tres puntos voaron cara Pontevedra.
Nunha primeira parte de dominio vilalbés, Aitor no minuto catro abría o marcador nunha falta.
Luis tería a ocasión máis clara destes primeiros vinte minutos, despois dunha boa combinación con Chicharito, pero cando tiña todo de cara para marcar o seu disparo marchou fora.
O primeiro tiro do Leis con perigo non foi ata o minuto doce, e Agus repostou ben.
Á volta dos vestiarios Chicharito e Luis tiveron dúas ocasións no primeiro minuto,pero Nestor estaría moi ben en ambas. A partir de ahí o dominio foi dos visitantes, e as ocasión máis claras eran para os pontevedreses, cun Agus moi atento, que non puido facer nada no gol do empate.
No minuto 35, no único erro de Agus en todo o encontro empataría Miguel, e uns segundos máis tarde chegaría a expulsión de Chicharito.
Os de Alfonso defenderon moi ben neses dous minutos, e despois con porteiro xogador non serían capaces de dar a volta ao marcador.
A vindeira xornada os vilalbeses viaxan a Marín, para enfrontarse ao CAFYD.

Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 1: Agus, Méndez, Aitor, Piña e Ati, -cinco inicial-, Chicharito, Luis, Roi, Peón e Isma Vázquez.
Leis Pontevedra 2: Nestor, Eloy, Sergio Martínez, Fer e Raul, -cinco inicial-, Miguel, Martín e Unai. Árbitros: José Naray Álvarez e Benjamín Rivas Fouz ( Viveiro ). Amoestaron con amarela a Aitor, e con vermella a Chicharito ( dúas amarelas) no Vilalba, e a Martín, Fer e Unai do Leis.
Goles: 1-0 min. 4 Aitor, 1-1 min. 27 Raul, 1-2 min. 35 Miguel.

21/9/12

SORTEO VILALBA F.S.


O Vilalba F.S. ten á venda rifas por 2 euros, para o sorteo dunha morea de agasallos, grazas á colaboración de varias empresas vilalbesas.
O gañador será o poseedor da rifa que coincida cos tres últimos números, do número premiado no sorteo da ONCE do día 12 de outubro de 2012.
Os agasallos e empresas colaboradoras son as seguintes:
1 QUEIXO xentileza de BAR CRISTAL
2 PINTAS DE GUINNESS  xentileza de 31 do DEZ
2 MOJITOS xentileza de A PRAVIA
2 CERVEXAS xentileza de STAMA
2 VIÑOS xentileza de A LAREIRA
2 CUBATAS xentileza de XANELA
2 CHUPITOS DE JÄGERMEISTER xentileza de LA BUJÍA
1 ROSCÓN xentileza de PASTELERÍA A CONFIANZA
1 PITO CAMPEIRO xentileza de GANADOS REFOXO
2 VIÑOS xentileza de BAR ESTUDIANTE
2 CAÑAS xentileza de CAFETERÍA CENTRO CULTURAL
1 CAIXA DE TARXETAS DE VISITAS xentileza de INKER

19/9/12

Vilalba F.S. 2 Noia F.S. 4

O Vilalba F.S. despediuse da Copa Xunta, ao perder contra o Noia por 2 a 4 no Municipal.
Nun partido igualado onde as individualidades dos visitantes, foron decisivas para que os tres puntos marcharan de Vilalba.
Os primeiros vinte minutos foron de dominio alterno, pero os noieses definiron mellor as súas ocasións, mentras as dos vilalbeses eran desbaratadas por Carlos.
Xa na segunda parte Alfonso, deu máis minutos aos non habituais que renderon a bo nivel, e marcarían Joel e o xuvenil Isma.
Este sábado volta a liga regular a Vilalba. Os locais reciben ao Leis Pontevedra, as 19:00 no Municipal.

Vilalba F.S. 2: Agus, Méndez, Chicharito, Piña e Ati, -cinco inicial-, Aitor, Peón, Isma Vázquez, Roi, Joel e Paulo.
Noia F.S. 4: Carlos, Diego, Quique, Marcial e Oscarín, -cinco inicial-, Romario, Charly, Alex, Peti e Martín.
Árbitros: Fernando Bello Gómez e José Manuel Gómez Arias. Amoestaron con amarela a Paulo no Vilalba, e a Marcial do Noia.
Goles: 0-1 min. 7 Quique, 0-2 min. 10 Alex, 0-3 min. 32 Marcial, 1-3 min. 37 Joel, 1-4 min. 38 Romario, 2-4 min. 39 Isma Vázquez.

17/9/12

A.D.F.S. BUEU 5 VILALBA F.S. 2


Derrota xusta do Vilalba F.S. que deu demasiadas concesións a un Bueu, que tivo o encontro sempre controlado.
O primeiro tempo foi de claro dominio local, e a vantaxe ao descando puido ser máis ampla.
Nos primeiros minutos da segunda parte, os vilalbeses interaron remontar o encontro, pero non foron capaces diante dun Bueu con máis oficio.
A vindeira xornada o Vilalba recibe ao Leis que ven de empatar como local contra o Coruxo.

A.D.F.S. BUEU 5: Hugo, David, Leandro, Adrián e Javier, -cinco inicial-, Jose, Rafael, Juan, Antonio e Alejandro.
Vilalba F.S. 2: Agus, Luis, Chicharito, Piña e Méndez, -cinco inicial-, Aitor, Roi, Isma, Joel e Peón.
Árbitros: Alvaro García Freiría e Andrés García Freiría. Amoestaron con amarela a Antonio no Bueu. No Vilalba viu amarela Chicharito.
Goles: Juan, Leandro, David, Javier e Adrián polo Bueu, e Joel e Chicharito polo Vilalba.

12/9/12

XORNADA 1

Este sábado día 15 de setembro as 16:45, o Vilalba F.S. debuta da 3ª División Nacional, visitando a pista do A.D.F.S Bueu.
Os vilalbeses que un ano máis seguen as ordes de Alfonso, intentarán dar a sorpresa diante dun rival compricado, e traer os tres puntos.
Mantendo o bloque do ano pasado, coas fichaxes de Chicharito e Méndez, e a participación dos xuvenís Isma e Luis, o obxetivo principal do equipo será a permanencia.
  

10/9/12

VILALBA F.S. 3 ERICHKRAUSE 4

O Vilalba F.S. perdeu diante do Erichkrause debido aos erros defensivos. Nun encontro onde o dominio e as ocasións foron para os de Alfonso, os tres puntos marcharon para Mos.
Na primeira metade os visitantes aproveitarían as catro oportunidades para fusilar a Isma e deixar case sentenciado o encontro.
Á volta dos vestiarios os vilalbeses seguirían dominando e Luis cun golazo pola escadra marcaría o primeiro. Chicharito e Ati con porteiro xogador poñerían o definitivo 3 a 4, que deixa case eliminados aos vilalbeses, que teñen que gañar ao Noia, e esperar o que suceda cos outros resultados.

Vilalba F.S. 3: Isma, Roi, Luis, Piña e Ati, -cinco inicial-, Chicharito, Méndez, Pequecho, Peón, Isma Vázquez e Joel.
Erichkrause 4: Antonio, Roberto, Oscar, Jose e Xoan, -cinco inicial-, Saúl, Pablo e Marco.
Árbitros: Borja Darriba Villamor e Carlos Suárez Blanco. Amoestaron con amarela a Méndez no Vilalba, e a Oscar e a Roberto do Erichkrause.
Goles: 0-1 min. 3 Pablo, 0-2 min. 5 Roberto, 0-3 min. 12 Jose, 0-4 min. 15 Pablo, 1-4 min. 27 Luis, 2-4 min. 35 Chicharito, 3-4 min. 37 Ati.

7/9/12

PIZARRAS TRES CUÑADOS 1 VILALBA F.S. 1


No primeiro partido da Copa Xunta, o Vilalba F.S. conseguiu un punto na compricada pista do Pizarras Tres Cuñados de Segunda B, cun gol de Chicharito.
Nun partido moi igualado, no que a posesión do coiro foi alterna, o resultado pode definirse como xusto, e deixa aos vilalbeses coa clasificación pendente dos dous partidos que lle restan como locais.
Na primeira metade os de o Barco poñeríanse por diante cun gol, que sería neutralizado polos vilalbeses na segunda.
Destacar o debú de Chicharito, Méndez e do xuvenil Isma.
Este sábado día 8 as 19:00, o Vilalba recibe no segundo encontro, ao Erichkause no Pavillón Municipal.
Foto: Esquerda Méndez e dereita Chicharito.

Pizarras Tres Cuñados 1: Marcos, David, Carrera, González e Juan, -cinco inicial-, Jesús, Oscar e Fernando.
Vilalba F.S. 1: Agus, Luis, Roi, Piña e Ati, -cinco inicial-, Chicharito, Méndez, Joel, Peón e Isma.
Árbitros: Araujo Vázquez e Vilas López. Amoestaron con amarela a David, González e a Oscar, e con vermella a Fernando (dúas amarelas ) no Pizarras. No Vilalba viron amarela Luis e Méndez, e vermella Chicharito (dúas amarelas).

4/9/12

TORNEO SAN RAMÓN

O equipo xuvenil gañou o Torneo San Ramón de Fútbol Sala por 4 a 1 a O Esteo.
Tini, Marcos, Rubén e Diego foron os goleadores vilalbeses.