20/12/12

XORNADA 14

O Valdesuso Peugeot Vilalba visita este sábado 22 as 16:00, ao Burela "B", no Pavillón de Vista Alegre, na antesala do partido da Primeira División entre o Burela e o Santiago Futsal.
Despois de gañar ao lider da Terceira, os de Alfonso intentarán puntuar diante do filial burelao.

O equipo xuvenil recibe o domigo 23 as 12:30, ao Santiago Futsal, no Municipal de Vilalba.

18/12/12

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 5 O ESTEO F.S. 4

 
Partidazo o vivido este sábado no Municipal de Vilalba, entre o Peugeot e O Esteo, onde a vitoria foi para os locais.
As gradas presentaron un cheo espectacular, cunha boa representación de seareiros ponteses.
Agradecer dende o clube, o apoio mostrado durante toda a tempada pola afección vilalbesa.
Os de Alfonso saíron con intensidade, e nos primeiros minutos dominaron e tiveron as ocasión máis claras, desbaratadas por un destacado Chotto.
Na primeira ocasión clara dos visitantes Gerardo marcaría.
No minuto 8 chegaría a explusión de Rubi, por dobre amarela, e os locais aproveitarían a superioridade para empatar o encontro, por medio de Luis.
Bolly de dobre penalti, adiantaría de novo aos de Diego Paz, e Luis empataría o encontro antes do descanso.
Na segunda metade, O Esteo tería o dominio nos primeiros minutos, pero aparecería Agus para salvar ao equipo.
Pelu no minuto 30 adiantaría de novo ao seu equipo, pero Chicharito poñería de novo as taboas no marcador.
Os dous últimos minutos sería de infarto. Luis remontaría o encontro faltando minuto e medio.
Os visitantes optarían polo 5 para 4. Aitor marcaría faltando 26 segundos, pero na seguinte xogada, Luka en propia porta, poñería máis emoción ao encontro.
Faltando un segundo Franín tivo a oportunidade de empatar, pero o seu disparo foi fora por pouco.

A vindeira xornada o Vilalba F.S. visita ao Burela, sábado 22 as 16:00, no Pavillón de Vista Alegre, como antesala do partido de Primeira División entre o Burela e o Santiago Futsal.

Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 5: Agus, Roi, Aitor, Piña e Luis, -cinco inicial-, Luka, Chicharito, Peón e Paulo.
O Esteo F.S. 4: Chotto, Franín, Gerve, Rubi e Gerardo, -cinco inicial-, Pellón, Bolly, Pelu e Diego Pellón.
Árbitros: Diego Franco Veiga e David Castro Bermúdez. Amoestaron con amarela a Piña e a Luis no Vilalba. No Esteo viron cartón amarelo Bolly, Diego Pellón e Juan, e vermella ( dous cartóns ) Rubi.
Goles: 0-1 min. 6 Gerardo, 1-1 min. 9 Luis, 1-2 min. 15 Bolly d.p, 2-2 min. 18 Luis, 2-3 min. 30 Pelu, 3-3 min.32 Chicharito, 4-3 min.39 Luis, 5-3 min. 40 Aitor, 5-4 min. 40 Luka p.p.

26/11/12

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 4 EYPAR F.S. 3

Vitoria moi sufrida do Peugeot Vilalba, diante do EYPAR, no que quizais foi o peor partido da tempada dos vilalbeses.
Os de Alfonso recibían a un rival en postos de descenso, e con baixas importantes, entre as que se atopaban os porteiros melidenses. Carlitos ocuparía o posto baixo os paus.
Nun encontro cheo de imprecisións, os peor parados foron os seareiros que ateigaron o Municipal, e que tiveron que agardar ata o final para desfrutar da vitoria.
O partido empezaba ben para os locais, que por medio de Aitor abrirían o marcador. Pero os visitantes en vez de votarse abaixo, poñerían varias veces en apretos a Agus.
Faltando poucos segundo para o descanso Dani marcaría o empate.
Na segunda metade o partido voltaríase tolo, e as ocasións serían claras para ambos equipos.
O Melide poñeríase dúas veces por diante, pero a garra e a calidade do xuvenil Luka, e un inspirado Agus, serían clave para que os tres puntos quedaran en Vilalba.
Destacar tamén o debú do xuvenil Manu.
A vindeira xornada os vilalbeses visitan ao 5 Coruña.
Por outra banda, o equipo xuvenil perdeu 5 a 3 contra O Esteo, con goles de Tini, Manu e Felipe.

Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 4: Agus, Roi, Aitor, Piña e Joel, -cinco inicial-, Luis, Peón, Luka, Chicharito, Paulo e Manu.
EYPAR F.S. 3: Carlitos, Pérez, Sergi, Peke e Fer, -cinco inicial-, Dani, Manito, Xurxo e Javi.
Árbitros: María Corrochano Ibáñez e Manuel Dans Rey. Amoestaron con amarela a Aitor no Vilalba, e a Pérez no EYPAR.
Goles: 1-0 min. 7 Aitor, 1-1 min. 20 Dani, 1-2 min. 32 Xurxo, 2-2 min. 35 Luka, 2-3 min. 37 Fer, 3-3 min.37 Luka, 4-3 min.38 Peón.

22/11/12

CAMISETAS Á VENDA


O capitán Agus amosa a camiseta que o Vilalba F.S. pon á venda.
Pódedela mecar o día dos partidos, ou contactando coa directiva por 25 €.

CONVOCATORIA SUB-19

Isma Vazquez segue contando para o seleccionador da selección galega sub-19, Mon Barreiro, que deu a convocatoria para o terceiro adestramento, de cara a preparación do Campionato de España.
O resto dos convocados son:
Mauro Álvarez (Bueu)
Antonio Rodríguez (Bueu)
Bruno Abalde (Coruxo)
Carlos Areñas (Coruxo)
Rubén Mouriz (Azkar Lugo)
Alejandro Diz (Azkar Lugo)
Adrián González (Azkar Lugo)
Carlos Valle (Burela)
Ricardo Arcay (Santiago Futsal)
Eloy Ernesto (Santiago Futsal)
Marcos Gianzo (Santiago Futsal)
Rodrigo Blanco (Santiago Futsal)

20/11/12

F.S. CARBALLIÑO 3 VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 3

O Peugeot Vilalba conseguui un punto na pista do Carballiño, nun encontro no que foi superior, mais non foi quen de materializar a morea de ocasións que xerou.
Na primeira metade os de Alfonso marcharon para os vestiarios, co marcador ao seu favor, por 1 a 2.
Os locais daríanlle a volta ao partido, e Luis pecharía o empate para os vilalbeses.
Os visitantes terían superioridade á falta de cinco minutos, pero o marcador non se movería.
A vindeira xornada o Vilalba F.S. recibe ao EYPAR, o sábado as 19:00.

Por outra banda, o equipo xuvenil gañou ao Cidade de Viveiro por 6 a 1.
Xogaron: Diego, Tini (1), Manu (1), Isma (1), Dieguito (2), Felipe (1), Marcos, Nuno, Luis, Rubén.

F.S. Carballiño 3: Araujo, Gustavo, Álvaro, Carlos e Javier, -cinco inicial-, Cristian, Aitor, Daniel, Seijo e Rodrigo.
Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 3: Agus, Aitor, Joel, Piña e Chicharito, -cinco inicial-, Luis, Roi, Isma Vázquez e Peón.
Árbitros: Carlos Romance e Luis Andrés Castrelos (Ourense). Amoestaron con amarela a Gustavo, Javier, Cristian, Daniel e Rodrigo, e con vermella (dúas amarelas) a Carlos e a Seijo no Carballiño. Por parte de Vilalba viu cartón amarelo Aitor. 
Goles: No Carballiño marcaron Álvaro e Rodrigo (2), e polo Vilalba Aitor, Chicharito e Luis, polo Vilalba.

16/11/12

ISMA CONVOCADO POLA SUB-19

O xogador do Vilalba F.S.Isma Vázquez, foi convocado novamente para o segundo adestramento da selección galega sub-19, que terá lugar o luns 19 as 19:00 no Pavillón Santa Isabel, sito en Compostela, para a preparación de cara o Campionato de España.
O resto dos convocados son:
Mauro Álvarez (Bueu)
Antonio Rodríguez (Bueu)
Bruno Abalde (Coruxo)
Carlos Areñas (Coruxo)
Rubén Mouriz (Azkar Lugo)
José López (Azkar Lugo)
Adrián González (Azkar Lugo)
Erik Campo (Burela)
Carlos Valle (Burela)
Fabio Sequeiros (Burela)
Ricardo Arcay (Santiago Futsal)
Eloy Ernesto (Santiago Futsal)
Marcos Gianzo (Santiago Futsal)
Pablo García (Troula)

12/11/12

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 8 S.D. XOVE F.S. 5

Importante vitoria do Peugeot Vilalba, na Xornada 9 da Terceira División Nacional, diante do Xove , nun final de infarto, no que se marcaron seis goles nos últimos cinco minutos. Os vilalbeses dos últimos nove puntos posibles, conseguiron sete.
A primeira metade foi igualada, pero serían os locais os que terían mellor puntería, e marcharían co 2-0 no marcador.
Luis á saída dos vestiarios marcaría o 3 a 0, pero os visitantes con dous goles de Darío, recurtarían distancias.
Aitor nunha boa xogada, aproveitou unha deixada de tacón de Piña, para anotar o 4 a 2.
Os de A Mariña, optarían polo porteiro-xogador  e faltando tres minutos, remontarían o encontro.
Roi con dous goles de dobre penalti, daríalle a volta de novo ao marcador.
As expulsións polas protestas dos xogadores do Xove, terían un peso importante, e Aitor e Luis, marcarían para poñer o definitivo 8 a 5.
A vindeiro xornada os de Alfonso visitan ao Carballiño.

Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 8: Isma, Roi, Aitor, Piña e Luis, -cinco inicial-, Chicharito, Peón, Isma Vázquez, Joel e Paulo.
S.D. Xove F.S. 5: Tatico, Suso, Darío, Dani López e Alex, -cinco inicial-, Quelle, Dani Díaz, Iago, Pulido e Pipe.
Árbitros: Manuel Saa Mateo e Diego Franco Veiga ( Lugo ). Amoestaron con vermella Dani López, Suso e ao delegado Fran,  e con dous cartón amarelos a Darío e a Tatico polo Xove.
Goles: 1-0 min. 3 Luis, 2-0 min. 18 Joel, 3-0 min. 22 Luis, 3-1 min. 24 Darío, 3-2 min. 26 Darío, 4-2 min.27 Aitor, 4-3 min.32 Suso, 4-4 min. 35 Dani López, 4-5 min. 37 Alex, 5-5 min 37 Roi d.p., 6-5 min 38 Roi d.p., 7-5 min. 38 Aitor, 8-5 min.39 Luis.

8/11/12

ISMA CONVOCADO POLA SUB-19


O novo seleccionador da seleccion galega sub-19,Mon Barreiro, deu a primeira convocatoria para a preparación de cara ao Campeonato de España, na que aparece o xogador do Vilalba F.S. Isma Vázquez.
Dar a noraboa a Isma, e ao equipo xuvenil polo traballo, que neste caso se ve recompensado.
O resto dos convocados:
Mauro Álvarez (Bueu)
Antonio Rodríguez (Bueu)
Bruno Abalde (Coruxo)
Rubén Mouriz (Azkar Lugo)
José López (Azkar Lugo)
Oscar Mouriz (Azkar Lugo)
Erik Campo (Burela)
Carlos Valle (Burela)
Carlos Sequeiros (Burela)
Ricardo Arcai (Santiago Futsal)
Eloy Ernesto (Santiago Futsal)
Marcos Gianzo (Santiago Futsal)
Pablo García (Troula)
Manuel Canedo (Vigo 2015)
Ángel López (Vigo 2015)

2/11/12

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 6 RIBEIRA DE PIQUIN 6

Partidazo o vivido onte no Municipal de Vilalba, entre dous equipos que deron un recital a favor dunha grada ateigada de seareiros.
Na primeira metade os visitantes foron superiores, mais o marcador sería de empate a dous goles ao final dos vinte minutos.
Á saída dos vestiarios os locais foron superiores e puxéronse con tres goles de vantaxe.
Os de Ribeira con porteiro xogador empatarían o encontro, e os vilalbeses errarían ata tres dobres penaltis.
Ao final un punto para cada equipo.
O vindeiro sábado día 10 o Vilalba F.S. recibe ao Xove.

Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 6: Agus, Méndez, Aitor, Piña e Chicharito, -cinco inicial-, Luis, Peón, Isma Vázquez e Joel.
Ribeira de Piquín F.S. 6: Daniel, Donino, Cesar, Quintela e Solla, -cinco inicial-, Dani, Ismael, Joaquín, Enrique, Luis, Ángel e David.
Árbitros: Rubén Pena Pereira e Roberto Amor Vizoso ( Ferrol ). Amoestaron con vermella (dúas amarelas)  a Piña no Vilalba. Por parte do Ribeira viu amarela Quintela.
Goles: 0-1 min. 3 Quintela, 1-1 min. 17 Chicharito, 1-2 min. 18 Quintela, 2-2 min. 19 Aitor, 3-2 min. 22 Chicharito, 3-3 min.23 Agus p.p., 4-3 min.23 Chicharito, 5-3- min. 25 Aitor, 6-3 min. 33 Chicharito, 6-4 min 35 Quintela de penalti, 6-5- min 37 Ismael, 6-6- min. 39 Quintela.

IES CORUXO F.S. 4 VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 8

O Vilalba F.S. conseguiu os tres puntos na súa visita ao Coruxo por 4 a 8.
A primeira parte foi igualada, e na segunda os vilalbeses foron superiores certificando a vitoria.

IES Coruxo F.S. 4: Dani, Andrés, Francisco, Cristian e Daniel, -cinco inicial-, Javier, Bruno, Pablo, Aarón e Alejandro.
Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 8: Isma, Aitor, Ati, Piña e Méndez, -cinco inicial-, Luis, Chicharito, Peón, Joel, Roi e Isma Vázquez.
Árbitros: Claudio Cerdeira Casás e Olivier Cardero Rodríguez (Ourense). Amoestaron con amarela a Pablo, Javier e Francisco no Coruxo. Por parte de Vilalba viron cartón amarelo Piña e Méndez 
Goles: Pablo, Javier, Francisco e Daniel polo Coruxo, Aitor (2), Luis (2), Chicharito (2) Peón e Piña polo Vilalba.

22/10/12

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 1 C.D. RECECENDE F.S. 2

 
Encontro disputado e igualado o visto este sábado no Municipal de Vilalba, entre dous equipos con distintas aspiracións.
Na primeira metade as ocasións máis clara dos vilalbeses tivéronas Ati e Aitor, e os visitantes tamén enviarían dous balóns aos paus, da meta de Isma.
Á volta dos vestiarios Roi adiantaría aos locais aproveitando un rexeite, a disparo de Chicharito. Puideron ampliar a súa contra, pero serían os da Pontenova os que levarían os tres puntos nos últimos cinco minutos.
O Vilalba intentaríao co cinco para catro, masi o marcador non se movería.
A vindeira xornada os de Alfonso visitan ao Coruxo, o sábado as 17:00.

Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 1: Isma, Méndez, Aitor, Piña e Ati, -cinco inicial-, Chicharito, Roi, Peón e Joel.
C.D. Rececende F.S. 2: Xoel, Josiño, Mario, Marcos e Diego, -cinco inicial-, Jairo, Antón, Pablo e Gago.
Árbitros: Carlos Suárez Blanco e David Castro Bermúdez ( Lugo ). Amoestaron con amarela a Méndez no Vilalba. Por parte do Rececende viron amarela Antón e Pablo.
Goles: 1-0 min. 25 Roi, 1-1 min. 35 Marcos, 1-2 min. 38 Gago.

15/10/12

PAZOS DE BORBEN 6 VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 3


O Vilalba F.S. voltou de baleiro da súa visita ao Pazos, nun encontro onde os erros dos vilalbeses e o bo facer dos locais, decantou o encontro.
A primeira metade foi igualada, e os vilalbeses adiantaríanse mo marcador. O Pazos logo lle daría a volta ao partido cun 3 a 1.
Peón antes do descanso recurtaría distancias nun corner.
Na segunda os locais serían máis superiores, e a falta de definición e a boa actuación de Agus, fixo que se chegara ao final con opcións para os vilalbeses.
Co 4 a 3 Alfonso optaría polo porteiro-xogador, máis sería o Pazós o que mataría o encontro con dous novos goles.
A vindeira xornada o Vilalba F.S. recibe ao Rececende as 16:00, no Municipal.

Pazos de Borbén 6: Bizza, Jacobo, Lito, Luis e Jony, -cinco inicial-, Rober, José, Borja e Esteban.
Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 3: Agus, Aitor, Ati, Piña e Méndez, -cinco inicial-, Chicharito, Isma Vázquez, Roi, Peón e Joel.
Árbitros: Daniel Dacal Dez e Álvaro García Freiría (Vigo). Amoestaron con amarela a Méndez no Vilalba.
Goles: Jacobo (3), Lito (2) e José polo Pazos, e Piña, Peón e Chicharito.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 5 A. LA JUNQUERA 3

O equipo xuvenil conseguíu a segunda vitoria da liga diante de La Junquera por 5 a 3, e comparte os postos de privilexio cos tres equipos favoritos, o Santiago Futsal, o Azkar e o Burela.
A primeira parte foi igualada e o marcador reflectía un empate a dous no descanso.
Á volta dos vestiarios os vilalbeses foron superiores e remataron gañando por 5 a 3.
Na vindeira xornada visitan ao Coruxo.

Xogaron e marcaron: Diego, Vinicius (2), Isma, Dieguito (1), Manu (2), Marcos, Rubén, Tini e Luis.

13/10/12

XORNADA 5

Este sábado 13 de Outubro, o equipo senior visita ao Pazos de Borbén, para disputar a quinta xornada as 19:00.
Os de Alfonso tratarán de traer os tres puntos, para seguir escalando posicións, diante dun dos favoritos da categoría, e que vai terceiro na clasificación.
O domingo os xuvenís reciben ao Automociones La Junquera, as 12:30 no Municipal de Vilalba. No seu debú diante da afección vilalbesa, estrearán a nova equipación.

Os rapaces de Fernando Llano seguen coa sua adaptación á categoría, e despois da súa vitoria contra o Narón, enfrentaranse aos de Vilagarcía que na primeira xornada perderon como locais, diante do Coruxo.

8/10/12

CIDADE DE NARÓN 0 VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 2

O equipo xuvenil do Vilalba F.S. gañou o primeiro partido de liga na súa visita ao Cidade de Narón, con dous goles na primeira parte.
Dieguito e Vinicius foron os autores dos tantos.
O vindeiro domingo as 12:30 reciben ao Automociones La Junquera.


Cidade de Narón F.S. 0: Ángel, Jose, Martín, Pablo e Borja, -cinco
inicial-, Julio, Cristian, Adrián e Oscar.
Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 2: Diego, Isma, Dieguito, Manu e
Vinicius, -cinco inicial-, Tini, Marcos, Rubén e Luis.
Árbitros: Roberto Amor Vizoso e Rocio Ruano Melón (Ferrol). Amoestaron
con amarela a Borja no Narón. No Vilalba viu amarela Rubén.
Goles: Dieguito e Vinicius polo Vilalba

7/10/12

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 5 U.V. VENTORRILLO F.S.3

 
Segunda vitoria da tempada para o Vilalba F.S.,  nun encontro emocionante para unha bancada chea e con moitas ocasións, onde estiveron destacados os porteiros de ambos equipos,
A primeira parte estivo igualada, con goles e oportunidades claras para ambos. Empezarían marcando os coruñeses, pero os locais darían a volta ao marcador en poucos minutos.
Ao descanso chegaríase cun apretado 3 a 2.
Na segunda metade os de Alfonso marcarían dous goles máis por medio dos bigoleadores Aitor e Chicharito. O gol dos visitantes viría nun erro defensivo.
Coa expulsión de Piña, o Vilalba defendeu moi ben e o Ventorrillo non foi quen de marcar.
Xa con porteiro-xogador chegou a expulsión de Pablo a falta de minuto e medio, e os vilalbeses adicaronse a tocar o coiro.
Na vindeira xornada o Vilalba F.S. visita ao Pazos de Borbén.

Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 5: Agus, Méndez, Aitor, Piña e Ati, -cinco inicial-, Luis, Roi, Chicharito, Joel e Peón.
U.V. Ventorrillo F.S. 3: Alex, Eduardo, Alán, Pablo e Borja, -cinco inicial-, Alberto, Fernando, Juan e Jorge.
Árbitros: Diego Franco Veiga e Efrén Álvarez López ( Lugo ). Amoestaron con amarela a Joel e Luis, e con vermella a Piña ( dúas amarelas) no Vilalba. Por parte do Ventorrillo viron amarela Eduardo e Pablo vermella.
Incidencias: Gardouse un minuto de silencio, polo falecemento da socia do Vilalba F.S., Almudena Millor.
Goles: 0-1 min. 1 Eduardo, 1-1 min. 3 Alán p.p., 2-1 min. 4 Aitor, 3-1 min.9 Chicharito, 3-2 min. Juan, 4-2 min. 25 Aitor, 5-2 min. 27 Chicharito, 5-3 min. 29 Alán.

30/9/12

C.D. CAFYD 4 VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 6

O Vilaba F.S. conseguiu a primeira vitoria da tempada, na súa visita a Marín, por 4 a 6 diante do CAFYD.
Na primeira parte os vilalbeses foron máis efectivos, e foron ao descanso co marcador de 0 a 2.
Á volta dos vestirarios os de Alfonso, poñeríanse cun 1 a 4 no electrónico. Máis os locais non darían o encontro por perdido. Recurtarían en poucos minutos, grazas a expulsión de Chicharito, e cun gol en propia de Méndez.
Xa co porteiro-xogador os de Marín, os visitantes marcarían dous goles máis, poñendo o definitivo 4 a 6.
A vindeira xornada o Vilalba, recibe ao Ventorrillo o sábado 6 as 19:00 no Municipal.

C.D. CAFYD 4: Ángel, Rubén, Rebo, Fabián e Marquitos, -cinco inicial-, Victor e Manu.
Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 6: Isma, Aitor, Ati, Roi e Méndez, -cinco inicial-, Chicharito, Peón, Luis, Isma Vázquez e Joel.
Árbitros: Juan González Lubián e Miguel Ángel Vidal Araujo (Pontevedra). Amoestaron con amarela a Rubén, Rebo e Manu no CAFYD. No Vilalba viu vermella Chicharito ( dúas amarelas ).
Goles: Fabián (2), Rebo e Méndez polo CAFYD, e Roi (3), Joel, Chicharito e Peón polo Vilalba.

25/9/12

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 1 LEIS PONTEVEDRA 2

Esta sábado o Vilalba F.S. xogaba o primeiro partido de liga como local, e a afección respondeu coma sempre ateigando as bancadas do Municipal, mais o tres puntos voaron cara Pontevedra.
Nunha primeira parte de dominio vilalbés, Aitor no minuto catro abría o marcador nunha falta.
Luis tería a ocasión máis clara destes primeiros vinte minutos, despois dunha boa combinación con Chicharito, pero cando tiña todo de cara para marcar o seu disparo marchou fora.
O primeiro tiro do Leis con perigo non foi ata o minuto doce, e Agus repostou ben.
Á volta dos vestiarios Chicharito e Luis tiveron dúas ocasións no primeiro minuto,pero Nestor estaría moi ben en ambas. A partir de ahí o dominio foi dos visitantes, e as ocasión máis claras eran para os pontevedreses, cun Agus moi atento, que non puido facer nada no gol do empate.
No minuto 35, no único erro de Agus en todo o encontro empataría Miguel, e uns segundos máis tarde chegaría a expulsión de Chicharito.
Os de Alfonso defenderon moi ben neses dous minutos, e despois con porteiro xogador non serían capaces de dar a volta ao marcador.
A vindeira xornada os vilalbeses viaxan a Marín, para enfrontarse ao CAFYD.

Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 1: Agus, Méndez, Aitor, Piña e Ati, -cinco inicial-, Chicharito, Luis, Roi, Peón e Isma Vázquez.
Leis Pontevedra 2: Nestor, Eloy, Sergio Martínez, Fer e Raul, -cinco inicial-, Miguel, Martín e Unai. Árbitros: José Naray Álvarez e Benjamín Rivas Fouz ( Viveiro ). Amoestaron con amarela a Aitor, e con vermella a Chicharito ( dúas amarelas) no Vilalba, e a Martín, Fer e Unai do Leis.
Goles: 1-0 min. 4 Aitor, 1-1 min. 27 Raul, 1-2 min. 35 Miguel.

21/9/12

SORTEO VILALBA F.S.


O Vilalba F.S. ten á venda rifas por 2 euros, para o sorteo dunha morea de agasallos, grazas á colaboración de varias empresas vilalbesas.
O gañador será o poseedor da rifa que coincida cos tres últimos números, do número premiado no sorteo da ONCE do día 12 de outubro de 2012.
Os agasallos e empresas colaboradoras son as seguintes:
1 QUEIXO xentileza de BAR CRISTAL
2 PINTAS DE GUINNESS  xentileza de 31 do DEZ
2 MOJITOS xentileza de A PRAVIA
2 CERVEXAS xentileza de STAMA
2 VIÑOS xentileza de A LAREIRA
2 CUBATAS xentileza de XANELA
2 CHUPITOS DE JÄGERMEISTER xentileza de LA BUJÍA
1 ROSCÓN xentileza de PASTELERÍA A CONFIANZA
1 PITO CAMPEIRO xentileza de GANADOS REFOXO
2 VIÑOS xentileza de BAR ESTUDIANTE
2 CAÑAS xentileza de CAFETERÍA CENTRO CULTURAL
1 CAIXA DE TARXETAS DE VISITAS xentileza de INKER

19/9/12

Vilalba F.S. 2 Noia F.S. 4

O Vilalba F.S. despediuse da Copa Xunta, ao perder contra o Noia por 2 a 4 no Municipal.
Nun partido igualado onde as individualidades dos visitantes, foron decisivas para que os tres puntos marcharan de Vilalba.
Os primeiros vinte minutos foron de dominio alterno, pero os noieses definiron mellor as súas ocasións, mentras as dos vilalbeses eran desbaratadas por Carlos.
Xa na segunda parte Alfonso, deu máis minutos aos non habituais que renderon a bo nivel, e marcarían Joel e o xuvenil Isma.
Este sábado volta a liga regular a Vilalba. Os locais reciben ao Leis Pontevedra, as 19:00 no Municipal.

Vilalba F.S. 2: Agus, Méndez, Chicharito, Piña e Ati, -cinco inicial-, Aitor, Peón, Isma Vázquez, Roi, Joel e Paulo.
Noia F.S. 4: Carlos, Diego, Quique, Marcial e Oscarín, -cinco inicial-, Romario, Charly, Alex, Peti e Martín.
Árbitros: Fernando Bello Gómez e José Manuel Gómez Arias. Amoestaron con amarela a Paulo no Vilalba, e a Marcial do Noia.
Goles: 0-1 min. 7 Quique, 0-2 min. 10 Alex, 0-3 min. 32 Marcial, 1-3 min. 37 Joel, 1-4 min. 38 Romario, 2-4 min. 39 Isma Vázquez.

17/9/12

A.D.F.S. BUEU 5 VILALBA F.S. 2


Derrota xusta do Vilalba F.S. que deu demasiadas concesións a un Bueu, que tivo o encontro sempre controlado.
O primeiro tempo foi de claro dominio local, e a vantaxe ao descando puido ser máis ampla.
Nos primeiros minutos da segunda parte, os vilalbeses interaron remontar o encontro, pero non foron capaces diante dun Bueu con máis oficio.
A vindeira xornada o Vilalba recibe ao Leis que ven de empatar como local contra o Coruxo.

A.D.F.S. BUEU 5: Hugo, David, Leandro, Adrián e Javier, -cinco inicial-, Jose, Rafael, Juan, Antonio e Alejandro.
Vilalba F.S. 2: Agus, Luis, Chicharito, Piña e Méndez, -cinco inicial-, Aitor, Roi, Isma, Joel e Peón.
Árbitros: Alvaro García Freiría e Andrés García Freiría. Amoestaron con amarela a Antonio no Bueu. No Vilalba viu amarela Chicharito.
Goles: Juan, Leandro, David, Javier e Adrián polo Bueu, e Joel e Chicharito polo Vilalba.

12/9/12

XORNADA 1

Este sábado día 15 de setembro as 16:45, o Vilalba F.S. debuta da 3ª División Nacional, visitando a pista do A.D.F.S Bueu.
Os vilalbeses que un ano máis seguen as ordes de Alfonso, intentarán dar a sorpresa diante dun rival compricado, e traer os tres puntos.
Mantendo o bloque do ano pasado, coas fichaxes de Chicharito e Méndez, e a participación dos xuvenís Isma e Luis, o obxetivo principal do equipo será a permanencia.
  

10/9/12

VILALBA F.S. 3 ERICHKRAUSE 4

O Vilalba F.S. perdeu diante do Erichkrause debido aos erros defensivos. Nun encontro onde o dominio e as ocasións foron para os de Alfonso, os tres puntos marcharon para Mos.
Na primeira metade os visitantes aproveitarían as catro oportunidades para fusilar a Isma e deixar case sentenciado o encontro.
Á volta dos vestiarios os vilalbeses seguirían dominando e Luis cun golazo pola escadra marcaría o primeiro. Chicharito e Ati con porteiro xogador poñerían o definitivo 3 a 4, que deixa case eliminados aos vilalbeses, que teñen que gañar ao Noia, e esperar o que suceda cos outros resultados.

Vilalba F.S. 3: Isma, Roi, Luis, Piña e Ati, -cinco inicial-, Chicharito, Méndez, Pequecho, Peón, Isma Vázquez e Joel.
Erichkrause 4: Antonio, Roberto, Oscar, Jose e Xoan, -cinco inicial-, Saúl, Pablo e Marco.
Árbitros: Borja Darriba Villamor e Carlos Suárez Blanco. Amoestaron con amarela a Méndez no Vilalba, e a Oscar e a Roberto do Erichkrause.
Goles: 0-1 min. 3 Pablo, 0-2 min. 5 Roberto, 0-3 min. 12 Jose, 0-4 min. 15 Pablo, 1-4 min. 27 Luis, 2-4 min. 35 Chicharito, 3-4 min. 37 Ati.

7/9/12

PIZARRAS TRES CUÑADOS 1 VILALBA F.S. 1


No primeiro partido da Copa Xunta, o Vilalba F.S. conseguiu un punto na compricada pista do Pizarras Tres Cuñados de Segunda B, cun gol de Chicharito.
Nun partido moi igualado, no que a posesión do coiro foi alterna, o resultado pode definirse como xusto, e deixa aos vilalbeses coa clasificación pendente dos dous partidos que lle restan como locais.
Na primeira metade os de o Barco poñeríanse por diante cun gol, que sería neutralizado polos vilalbeses na segunda.
Destacar o debú de Chicharito, Méndez e do xuvenil Isma.
Este sábado día 8 as 19:00, o Vilalba recibe no segundo encontro, ao Erichkause no Pavillón Municipal.
Foto: Esquerda Méndez e dereita Chicharito.

Pizarras Tres Cuñados 1: Marcos, David, Carrera, González e Juan, -cinco inicial-, Jesús, Oscar e Fernando.
Vilalba F.S. 1: Agus, Luis, Roi, Piña e Ati, -cinco inicial-, Chicharito, Méndez, Joel, Peón e Isma.
Árbitros: Araujo Vázquez e Vilas López. Amoestaron con amarela a David, González e a Oscar, e con vermella a Fernando (dúas amarelas ) no Pizarras. No Vilalba viron amarela Luis e Méndez, e vermella Chicharito (dúas amarelas).

4/9/12

TORNEO SAN RAMÓN

O equipo xuvenil gañou o Torneo San Ramón de Fútbol Sala por 4 a 1 a O Esteo.
Tini, Marcos, Rubén e Diego foron os goleadores vilalbeses.

18/8/12

PARTIDOS DA COPA XUNTA EN VILALBA

Xa temos as datas para os dous encontros coma locais da Copa Xunta.
O sábado 8 de Setembro recibiremos ao Erichkrause, e o martes 18 de Setembro xogaremos contra o Noia.
Os horarios de ambos partidos confirmarémolos máis adiante.

Este martes 21 de agosto o equipo senior visitará Ordes para xogar o primeiro amigable da pretempada, contra o Jogafán de autonómica.

15/8/12

CALENDARIO TEMPADA 2012/2013

Xa temos colgado na páxina o calendario da 3ª División Nacional de Fútbol Sala.
Debutaremos na categoria como visitantes o 15 de setembro contra o Bueu, e o 22 recibiremos ao Leis Pontevedra diante da nosa afección.

12/8/12

XXII COPA XUNTA DE FUTBOL SALA

O equipo senior do Vilalba F.S. disputará este ano por primeira vez a Copa Xunta de Fútbol Sala.
Encadrado no Grupo B, xogará como local contra o  Noia F.S. e o Erichkrause, e visitará ao Pizarras 3 Cuñados, intentando conseguir unha das duas primeiras prazas para pasar a cuartos de final.
Desta primeira fase están exentos o Azkar Lugo F.S., o Santiago Futsal, o C.D. Burela F.S. e O Parrulo F.S.
En breves publicaremos as datas dos enfrontamentos.

GRUPO A
Concello de Narón
Bembrive F.S.
Concello de Mos
Troula F.S.

GRUPO B
Noia F.S.
Pizarras 3 Cuñados
Erichkrause
Vilalba F.S.

8/8/12

COMEZA A PRETEMPADA 2012/2013

Despois dun gran final de tempada para ambos equipos, onde o senior quedou subcampión, e o xuvenil rematou sétimo na liga, e acodu as semifinais da copa, comezou a preparación para a tempada 2012/2013.
A novidade máis importante, é a saida do equipo senior na 3ª División Nacional, a do xuvenil, na Nacional Xuvenil.
Un ano máis, os adestradores Alfonso e Fernando, dirixiron este luns día 6 a primeira sesión da pretempada, sen moitas novidades en ambos equipos.
No equipo senior causaron baixa Chetos, Ivo e Sergio, e polo momento non se efectuaron fichaxes.Os xuvenis Luis, Tini e Isma farán a pretempada co primeiro equipo.
Tamén destacar o bo comezo da campaña de captación de soci@s "AXÚDANOS A COMPETIR", na que por 15 euros podes axudar ao equipo.
En breves daremos máis novidades.

12/4/12

VIAXE A BETANZOS

Este sábado o Discoteca Troco Vilalba F.S. visita Betanzos coa intención de dar caza ao liderato, diante do Troula.
O encontro será as 20:00 no Municipal betanceiro.

O clube pon á disposición d@s seareir@s un bus, para os que querian acompañar ao equipo. Podédevos apuntar na Cervexería 31 do DEZ.
A saída está programada para as 18:30 de diante da Casa da Cultura ( hemeroteca ).

10/4/12

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 7 JOGAFÁN ORDES F.S. 3

O Disco Troco asegurou como mínimo a segunda praza coa vitoria diante do Ordes, que dá dereito a xogar a promoción de ascenso á Terceira División, e na vindeira xornada diante do Troula buscará o primeiro posto.
O partido tivo unha parte para cada equipo, a primeira foi de dominio visitante, e na segunda os locais foron moi superiores.
Unha vez máis os seareiros foron o sexto xogador, dando folgos dende o inicio ata xa rematado o encontro. E despois de estirar os de Alfonso tiveron que volver a saudar a afección.

Para a visita a Betanzos do vindeiro sábado, o clube pon á disposición dos seareiros un bus, que sairá as 18:30 diante da Casa da Cultura ( hemeroteca ), e que os levará ao Municipal de Betanzos para presenciar o encontro que se disputará as 20:00.

Discoteca Troco Vilalba F.S. 7: Agus, Pequecho, Aitor, Roi e Ati, -cinco inicial-, Luis, Piña e Peón.
Jogafán Ordes F.S. 3: Jesús, Samuel, Jorge, Ángel e Iago, -cinco inicial-, Souto, Manuel e Viqueira.
Árbitros: Noemí Bello Castro e Fernando Bello Gómez. Amoestaron con amarela a Aitor no Vilalba, e Manuel, Souto e ao adestrado Gonzalo do Noia.
Goles: 0-1 min. 5 Jorge, 1-1 min. 11 Luis, 1-2 min. 16 Ángel, 1-3 min. 18 Iago, 2-3 min. 24 Pequecho, 3-3 min. 27 Ati, 4-3 min. 30 Luis, 5-3 min. 35 Aitor (d.p), 6-3 min. 37 Piña, 7-3 min. 39 Piña.

3/4/12

C.F.S. CASTRO 3 DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 8

O Disco Troco conseguiu os tres puntos na súa visita a Castro.
O equipo de Alfonso foi máis efectivo de cara á portería, e non pasou apuros durante o encontro.
Nos minutos finais os locais intentárono co cinco para catro, pero non foron quen de conseguir a remontada.

Este xoves día 5 as 18:00, os vilalbeses reciben ao Ordes, para disputar o partido que tiñan aprazado. Cunha vitoria asegurarían o segundo posto, que dá dereito a xogar a promoción de ascenso.

C.F.S. Castro 3: Rober, Hugo, Fidalgo, Neira e Santiso, -cinco inicial-, Gigán, Juanjo, Albertito, Keko, Mauro, Llano e Alex.
Discoteca Troco Vilalba F.S. 8: Agus, Pequecho, Roi, Aitor e Ati, -cinco inicial-, Sergio, Piña, Peón, Luis, Paulo, Joel e Isma.
Árbitros: José Abuín e Diego Franco. Amoestaron con vermella a Gigán (dúas amarelas ) do Castro.
Goles: Hugo (2) e Neira no Castro.
Sergio (3), Pequecho, Aitor, Peón, Luis e Paulo polo Vilalba.

23/3/12

CASTROVERDE F.S. 6 DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 8

Con máis apuros dos previstos o Disco Troco trouxo os tres puntos de Castroverde.
Nunha primeira parte pésima dos vilalbeses os locais marcharon para os vestiarios cunha vantaxe de tres goles ( 5 a 2 ).
Na segunda metade os visitantes déronlle a volta ao partido, e remataron gañando 6-8.

Na vindeira xornada o Disco Troco recibe ao Casás. Cunha vitoria os de Alfonso estarían máis preto de rematar nos postos de ascenso á Terceira División.

Castroverde F.S. 6: Borja, Marcos, Solla, Lino e Miguel, -cinco inicial-, Pablo, Carlos, Manolo, David e Richard.
Discoteca Troco Vilalba F.S. 8: Isma, Pequecho, Roi, Aitor e Piña, -cinco inicial-, Paulo, Ivo, Sergio, Luis, Joel, Miguel e Peón.
Árbitros: Nino Silvarrey Vilar e Suso Trebolle González. Amoestaron con amarela a Miguel no Castroverde, e a Sergio ea o adestrador Alfonso no Vilalba.
Goles: Miguel (3), Marcos, David e Carlos no Castroverde.
Sergio (3), Aitor (2), Ivo, Roi e Luis polo Vilalba.

VIGO 2015 F.S. 2 DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 3

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S. gañou 2 a 3 ao Vigo 2015.
Rubén (2) e Manu foron os goleadores.

11/3/12

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 5 GROUPAMA F.S. NOIA 3


O Disco Troco conseguiu tres puntos diante do Noia, que lle permiten unha xornada máis, seguir na segunda posición.
Na primeira metade as ocasións foron escasas para ambos equipos, pero os de Alfonso iríanse ao descanso con dous goles de vantaxe.
Á volta dos vestiarios o encontro gañou en intensidade, froito da cal chegarían ata seis goles.
Co tres a dous os visitantes poñían en apuros aos locais, pero Luis e Aitor darían a tranquilidade.

A vindeira xornada os vilalbeses visitan ao Castroverde.

Discoteca Troco Vilalba F.S. 5: Isma, Pequecho, Aitor, Piña e Ati, -cinco inicial-, Ivo, Luis, Peón, Sergio, Paulo, Roi e Agus.
Groupama F.S. Noia 3: David, Marcos, Nestor, Oscar e Iván, -cinco inicial-, Diego e Javier.
Árbitros: José Abuín Arrojo e Jesús Trebolle González. Amoestaron con amarela a Luis no Vilalba, e a Oscar do Noia.
Goles: 1-0 min. 7 Pequecho, 2-0 min. 18 Roi, 2-1 min. 28 Nestor, 3-1 min. 28 Aitor, 3-2 min. 31 Iván, 4-2 min. 34 Luis, 5-2 min. 37 Aitor, 5-3 min. 39 Nestor.

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 3 VENTORRILLO SIDIPLUS 2

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S. gañou ao Ventorrillo por 3 a 2.
Chisco (2) e Isma marcaron para os vilalbeses.

4/3/12

AUTOCARES J. POMBO 3 DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 6

Partido igualado, onde o Pombo levou o peso, co Disco Troco defendendo en media pista, e saíndo ao contragolpe. Con esta vitoria os de Vilalba, soben á segunda posición da táboa clasificatoria.
Os vilalbeses puxéronse con dous goles de vantaxe, por medio de Aitor e Ati. Antes do descanso os locais recortarían distancias, e terían ocasións para empatar.
Na segunda metade, Ati marcaría o terceiro dos de Alfonso. Faltando seis minutos os coruñeses, sacarían o porteiro xogador, marcando un gol, respondido con outro de Luis.
Novamente o Pombo marcaría, pero outra vez Luis e Aitor, certificarían a vitoria para os vilalbeses.

Na vindeira xornada o Disco Troco recibe ao Noia.

Autocares J. Pombo 3: Gonzalo, Oscar, Fernando, Enrique e Antonio, -cinco inicial-, Iago, Hernanz, Pablo, Andrés e Diego.
Discoteca Troco Vilalba F.S. 6: Agus, Pequecho, Ati, Aitor e Piña, -cinco inicial-, Luis, Sergio, Peón, Joel e Roi.
Árbitros: José Manuel Carreira Romero e Juan Antonio Castiñeiras Pose. Amoestaron con amarela a Ati e Aitor no Vilalba.
Goles: 0-1 Aitor, 0-2 Ati, 1-2 Diego, 1-3 Ati, 2-3 Oscar, 2-4 Luis, 3-4 Peón p.p, 3-5 Luis, 3-6 Aitor.

BARALLA F.S. 11 DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 6

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S.perdeu por 11 a 6 contra o Baralla.

27/2/12

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 3 BOQUEIXÓN F.S. 1

Partido aburrido o disputado este sábado no Municipal de Vilalba, entre o Disco Troco e o Boqueixón.
Os locais inaugurarían rápido o marcador cun gol de Piña, aproveitando un gran pase de Aitor.
Noutras dúas ocasións Pequecho e Roi marcarían para os vilalbeses, e Piña e propia meta, farían o gol dos visitantes.
Na segunda metade, soamente destacar algunha ocasión para ambos equipos.

Este sábado os vilalbeses visitan A Coruña as 18:00, para enfrontarse ao Pombo.

Discoteca Troco Vilalba F.S. 3
: Isma, Pequecho, Aitor, Piña e Peón, -cinco inicial-, Sergio, Ivo, Paulo, Roi, Miloso e Agus.
Boqueixón F.S. 1: David, Enrique, Alberto, Silva e Julián, -cinco inicial-, Fernando e Pablo.
Árbitros: José Abuín Arrojo e Ismael Gómez Vila.
Goles: 1-0 Piña, 2-0 Pequecho, 2-1 Piña p.p, 3-1 Roi.

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 6 CARBALLIÑO F.S. 2

O equipo xuvenil do Disco Troco, gañou por 6 a 2 ao Carballiño.
Isma (2), Rubén, Tini, Felipe e Vinicius, foron os goleadores.

17/2/12

CONCELLO DE ARZÚA 1 DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 3


O Disco Troco trouxo os tres puntos de Arzúa, nun encontro con dominio alterno.
A primeira metade foi de dominio visitante, chegando ao descanso con dous goles de vantaxe, por medio de Peón e Aitor.
Nos segundos vinte minutos os arzuáns foron os claros dominadores, e tiveron as ocasións máis claras, sempre desbaratadas por Agus.

O encontro da vindeira xornada contra o Ordes, foi aprazado para o 7 de Abril.

Concello de Arzúa 1: Marcos, Carlos, Gonzalo, Portos e Javier, -cinco inicial-, David, Cristian e Jose.
Discoteca Troco Vilalba F.S. 3: Agus, Peón, Ati, Aitor e Piña, -cinco inicial-, Sergio, Joel, Paulo e Ivo.
Árbitros: Emilio Losada Sánchez e Jorge Varela Señaris. Amoestaron con amarela a Carlos no Arzúa, e a Piña no Vilalba.
Goles: 0-1 min. 1 Peón, 0-2 min. 14 Aitor, 0-3 min.21 Peón, 1-3 min. 22 Carlos.

13/2/12

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 3 S.I. OUTEIRO DE REI 0

O Disco Troco conseguiu os tres puntos diante do Outeiro de Rei, nun pavillón ateigado de seareiros.
Mala primeira parte dos locais, que non souberon aproveitar os visitantes, grazas as grandes paradas de Agus
Comezou o partido cos vilalbeses perdendo balóns inxenuamente, que permitían ao Outeiro rápidas contras, e claras ocasións de gol.
O coiro duraba pouco nos pes dos de Alfonso, pero Peón minuto 14 adiantaba ao Troco, despois de desviar un disparo de Ati.
Con este resultado de 1-0 chegaríase ao descanso.
Non podía comezar mellor a segunda parte para os vilalbeses, xa que Aitor marcaría de espectacular volea pola escuadra, á saída dun córner. Este tanto foi moi celebrado pola bancada local.
A partir dese momento o Troco mellorou ostensiblemente o seu xogo, tendo máis paciencia en ataque, e facendo una gran labor en defensa. A pesar de todo o Outeiro nunca se rendeu.
No minuto 13 desta segunda parte tras una contra ben levada, Peón faría o terceiro gol coa colaboración de Benjamín.
Pablo decidiu apostar polo porteiro-xogador, e os locais subiron a defensa para dificultar esta circunstancia, e conseguiu que o S. Isabel non creara moito perigo.

Este xoves os vilalbeses visitan Arzúa as 21:30 para xogar o encontro que tiñan aprazado.

No sorteo patrocinado por Osborne España, saíu agraciado o nº 308.

Discoteca Troco Vilalba F.S. 3: Agus, Pequecho, Ati, Piña e Peón, -cinco inicial-, Roi, Sergio e Aitor.
S.I. Outeiro de Rei 3: Benjamín, Brais, Francisco, Rubén e Xaime, -cinco inicial-, David, Joaquín, Adrián, Álvaro, Lucas e Puente.
Árbitros: José Abuín Arrojo e José Manuel Gómez Arias.
Goles: 1-0 min. 14 Peón, 2-0 min. 21 Aitor, 3-0 min. 33 Peón.

TROULA F.S. 6 DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 2

O equipo senior do Discoteca Troco Vilalba F.S. perdeu por 6 a 2 diante do Troula F.S.
Chisco e Rubén foron os goleadores.

6/2/12

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 4 CONCELLO DE GUITIRIZ 8

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S. perdeu por 4 a 0 diante do Concello de Guitiriz.
Roi (2), Vinicius e Manu, foron os goleadores vilalbeses.

30/1/12

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 5 F.S. ALAMEDA XARÍO 3

O Disco Troco reaccionou a tempo, e levou a vitoria diante do Xarío.
Nunha primeira metade moi aburrida, os de Miño marcharon para os vestiarios con un gol de vantaxe. As ocasións máis claras dos vilalbeses, tivéronas Aitor e Ati, que enviou o coiro á madeira.
O segundo gol dos visitantes foi nun balón ao segundo pau. O encontro cambiou en cinco minutos, con dous goles de Luis, un Aitor e outro Sergio.
O Xarío con porteiro-xogador, recurtaría distancias. E novamente Luis marcaría, para certificar a vitoria para o Disco Troco.

A vindeira xornada os vilalbeses xogarán como visitantes diante do Concello de Arzúa.

Discoteca Troco Vilalba F.S. 5: Agus, Pequecho, Ati, Piña e Aitor, -cinco inicial-, Sergio, Luis, Ivo, Roi e Peón.
F.S. Alameda Xarío 3: Iván, Aitor, Daniel, Alberto e Rubén, -cinco inicial-, Javier, Elias, Francisco e Abel.
Árbitros: José Abuín Arrojo e José Manuel Gómez Arias. Amoestaron con amarela a Javier do Xarío.
Goles: 0-1 min. 17 Aitor, 0-2 min. 27 Rubén, 1-2 min. 28 Luis, 2-2 min. 29 Luis, 3-2 min. 30 Aitor, 4-2 min. 33 Sergio , 4-3 min. 37 Alberto, 5-3 min. 39 Luis

C.P. CASÁS 2 DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 3

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S. gañou por 2 a 3 ao C.P. Casás.
Marcos (2) e Roi foron os goleadores vilalbeses.

23/1/12

LA CREMA BAR ARRANCA 5 DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 3


O Disco Troco volveu de Negreira cunha derrota por 5 a 3 diante do La Crema.
As saídas seguen sendo a materia pendente dos de Alfonso, onde non rematan de carburar.
A primeira metade foi moi animada, na que ambos equipo tiveron unha morea de ocasións. Peón sería o bigoleador do Vilalba, chegando ao descanso co marcador de 3 a 2 a prol dos locais.
Á volta de vestiarios os vilalbeses comezarían coa presión. O La Crema aproveitaría unha contra para ampliar a vantaxe, pero Ati recortaría distancias.
Os visitantes sacarían ao porteiro-xogador faltando catro minutos, sen resultado positivo, marcando os locais o definitivo 5 a 3.

O vindeiro sábado o Vilalba F.S. xogará como local diante do Xarío. No encontro da primeira volta os de Miño gañaran por 8 a 3.

La Crema Bar Arranca 5: Victor, Ángel, Sergio, Alberto e Mario, -cinco inicial-, Adrián, Juán, Caamaño, Damián, Francisco e Iván.
Discoteca Troco Vilalba F.S. 3: Isma, Pequecho, Ati, Aitor e Roi, -cinco inicial-, Peón, Iván, Joel, Paulo e Agus.
Árbitros: Jorge Fernández Lojo e Iván Romero García. Amoestaron con amarela a Ángel no La Crema.
Goles: (1ª Parte) 1-0 Adrián, 1-1 Peón, 2-1 Ángel, 2-2 Peón, 3-2 Alberto, (2ª Parte) 4-2 Adrián, 4-3 Ati, 5-3 Ángel.

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 2 OS MEIGALLOS F.S. 0

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S. gañou por 2 a 0 a Os Meigallos F.S.
Tini e Manu foron os goleadores.

20/1/12

XORNADA 14

O Discoteca Troco Vilalba F.S. visita este sábado día 14 Negreira, para enfrontarse ao La Crema Bar Arranca. O encontro disputarase as 18:00 no Pavillón Municipal Pedra Mámoa.
No partido da primeira volta os vilalbeses gañaran por 5 a 0.

XORNADA 12 XUVENIL

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S. recibe este sábado día 21 as 17:00, no Pavillón Municipal de Vilalba, a Os Meigallos F.S.

15/1/12

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 6 TROULA F.S. 3


O Disco Troco conseguiu os tres puntos diante do Troula, cuns seareiros entregados, que festexaron o coliderato.
Un gran Luis, marcou os dous goles da primeira metade para os locais, que tiveron ocasións para aumentar o marcador.
Na segunda metade, os de Alfonso ampliarían a súa renda con dous goles máis. O Troula recortaría distancias por medio de Deivy.
Luis daría a tranquilidade cun novo tanto, e co Troula con porteiro-xogador Pequecho faría o sexto.
Alberto nunha individualidade marcaría o definitivo 6 a 3.

A vindeira xornada os vilalbeses visitan Negreira, para enfrontarse ao La Crema.

Discoteca Troco Vilalba F.S. 6: Agus, Pequecho, Ati, Piña e Aitor, -cinco inicial-, Sergio, Luis, Peón, Roi e Ivo.
Troula F.S. 3: Fernando, Rubén, Alberto, Iván e Dio, -cinco inicial-, Fredy, Loren, Deivy e Lolo.
Árbitros: José Abuín Arrojo e Borja Darriba Arrojo. Amoestaron con amarela a Deivy no Troula, e a Luis no Vilalba.
Goles: 1-0 min. 7 Luis, 2-0 min. 10 Luis, 3-0 min. 25 Luis, 4-0 min. 29 Ivo, 4-1 min. 30 Deivy, 4-2 min. 32 Deivy , 5-2 min. 32 Luis, 6-2 min. 34 Pequecho, 6-3 min. 37 Alberto.

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 2 O PARRULO FERRO F.S. 11

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S. perdeu por 2 a 11 contra O Parrulo Ferrol F.S.

12/1/12

TARDE DE FUTBOL SALA EN VILALBA

Este sábado día 14 os equipos do Discoteca Troco Vilalba F.S. disputan os encontros que tiñan aprazado como locais, no Pavillón Municipal de Vilalba.

- As 16:00 o equipo xuvenil recibe a O Parrulo Ferrol F.S. O encontro corresponde á xornada 10.

- As 19:00 o equipo senior xoga contra o Troula F.S., actual líder da categoría. De gañar os vilalbeses empatarían no posto de privilexio.

8/1/12

C.D. RIAZOR F.S. 3 DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 7

O Discoteca Troco Vilalba F.S. retomou a liga cunha vitoria na súa visita A Coruña contra o C.D. Riazor F.S.
Os vilalbeses gozaron de innumerables ocasións, pero non sería ata os últimos cinco minutos cando encarrilarían o triunfo.
Na primeira metade o equipo de Alfonso puido marchar para os vestiarios cunha boa renda, pero a boa actuación de Daniel e o desatino, impediuno. Nunha xogada desafortunada entre Sergio e Agus, viría o gol dos coruñeses.
Despois do descanso os visitantes seguían tendo ocasións, e remontarían o encontro con catro goles en nove minutos. Os locais con dous dobre penaltis, recortarían distancias.
Tres novos goles certificarían a vitoria dos chairegos.

O vindeiro sábado o Vilalba F.S. disputará o encontro da xornada 11 que no seu día fora aprazado. Recibirá ao actual líder da competición, o Troula F.S.

C.D. Riazor F.S. 3: Daniel, Julián, Diego, Javier e Francisco, -cinco inicial-, Alejandro, Sergio, Jorge, Santiago e Alberto.
Discoteca Troco Vilalba F.S. 7: Agus, Pequecho, Ati, Aitor e Piña, -cinco inicial-, Sergio, Luis, Joel, Roi e Peón.
Árbitros: Cesar Puza Cao e Eduardo Castro Rodriguez. Amoestaron con amarela a Luis por parte do Vilalba.
Goles: 1-0 min. 7 Sergio p.p., 1-1 min. 24 Luis, 1-2 min. 25 Sergio, 1-3 min. 27 Aitor, 1-4 min. 29 Aitor, 2-4 min. 33 Julián, 3-4 min. 35 Julián, 3-5 min. 35 Luis, 3-6 min. 37 Roi, 3-7 min. 39 Aitor.

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 5 COINASA OURENSE F.S. 9

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S. perdeu por 5 a 9, contra o Coinasa Ourense F.S.

5/1/12

XORNADA 13

O Discoteca Troco Vilalba F.S. visita este sábado día 7 as 20:00, o Pavillón Municipal Sagrada Familia de A Coruña, para enfrontarse ao C.D. Riazor F.S.
Despois de caer derrotados nos dous últimos desprazamentos, os de Alfonso buscarán unha vitoria para seguir nos postos altos da clasificación.

XORNADA 11 XUVENIL

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S. recibe este sábado día 7 as 16:00, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Coinasa Ourense F.S.
Conseguindo a vitoria, os vilalbeses ascenderían un posto na clasificación.