27/11/11

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 13 CASTROVERDE F.S. 0

Monólogo do Disco Troco diante dun Castroverde, que acusou as baixas e apenas puxo resistencia.
Nos primeiros seis minutos o encontro case estaba sentenciado, co marcador de 4 a 0, o que aproveitou Alfonso para dar minutos aos menos habituais, que responderon perfectamente.
Os visitantes que case non puxeron en perigo aos porteiros locais, seguiran unha xornada máis pechando a clasificación.
Na vindeira xornada o Disco Troco que recuperou a terceira praza, visita ao Casás, que se atopa unha posición por abaixo dos vilalbeses.

Discoteca Troco Vilalba F.S. 13: Isma, Pequecho, Ati, Aitor e Piña, -cinco inicial-, Sergio, Paulo, Luis, Peón, Joel, Roi e Chetos.
Castroverde F.S. 0: Borja, Miguel A., Solla, Julián e Miguel, -cinco inicial-, Pedro, Pablo, David, Guti, Manolo e Manel.
Árbitros: José Abuín Arrojo e Nino Silvarrey Vilar. Amoestaron con amarela a Miguel A. e a Manel, no Castroverde.
Goles: 1-0 min. 3 Pequecho, 2-0 min. 4 Ati, 3-0 min. 5 Solla p.p, 4-0 min. 6 Aitor, 5-0 min. 12 Luis, 6-0 min. 13 Luis, 7-0 min. 14 Joel, 8-0 min. 23 Aitor, 9-0 min. 24 Pequecho, 10-0 min. 25 Piña, 11-0 min. 30 Joel, 12-0 min. 33 Peón, 13-0 min. 37 Paulo.

VENTORRILLO SIDIPLUS 6 DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 3

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S. perdeu por 6 a 3 contra o Ventorrillo Sidiplus.
Xogaron: Luis, Diego, Marcos, Vinicius, Tini (2), Rubén, Manu (1), Avelino, Nuno, Felipe e Bruno.

24/11/11

XORNADA 9

O Discoteca Troco Vilalba F.S. recibe este sábado día 26 as 18:30, ao Castroverde F.S., no Pavillón Municipal de Vilalba.
Despois da derrota diante do Noia, os vilalbeses non poden permitirse un novo tropezo, si queren seguir nas posicións de privilexio.

XORNADA 7 XUVENIL

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S. visita este sábado día 26 as 18:00, ao Ventorrillo Sidiplus.
Despois da vitoria diante do Baralla, o equipo de Fernando buscará unha novo triunfo para escalar postos na clasificación.

20/11/11

GROUPAMA F.S. NOIA 7 DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 2

Os moitos erros tanto en ataque como en defensa, condenaron ao Troco Vilalba, que lle deu demasiadas facilidades ao Noia.
Nunha primeira metade onde o lóxico, sería que os vilalbeses se foran con vantaxe para os vestiarios, dous erros defensivos aproveitados polos locais, caerían como un xerro de auga fría.
Nos primeiros minutos da segunda metade máis do mesmo, outros dous erros, outros dous goles dos noieses.
Co 5 a 0, os de Alfonso intentárono con porteiro xogador, pero non sería suficiente para darlle a volta ao marcador.
Quizais foi un excesivo castigo para o Vilalba, pero pódese cualificar de xusto.
A vindeira xornada o Vilalba F.S. recibe ao Castroverde.

Groupama F.S. Noia 7: David, Iván, Marcos, Oscar e Zandi, -cinco inicial-, Pablo, Javier, Ramón e Alcalde.
Discoteca Troco Vilalba F.S. 2: Isma, Aitor, Pequecho, Piña e Roi, -cinco inicial-, Luis, Ati, Peón, Sergio, Ivo e Joel.
Árbitros: José Ángel Vilas Martínez e José Luis Villarino Barja. Amoestaron con amarela a Oscar e ao adestrador Vicente por parte do Noia. Sergio viu amarela no Vilalba.
Goles: 1-0 min. 17 Oscar, 2-0 min. 19 Marcos, 3-0 min. 22 Alcalde, 4-0 min. 23 Alcalde, 5-0 min. 30 Iván, 6-0 min. 35 Zandi, 6-1 min. 38 Ati, 7-1 min. 39 Marcos, 7-2 min. 39 Luis.

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 6 BARALLA F.S. 3

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S. gañou ao Baralla F.S. por 6 a 3.
Nos vilalbeses xogaron: Luis, Marcos (1), Manu (2), Tini (1), Rubén (1), Vinicius, Avelino (1), Diego e Rus.

18/11/11

XORNADA 8

O Discoteca Troco Vilalba F.S. visita este sábado día 19 as 17:00, ao Groupama F.S. Noia.
O encontro agardase igualado entre o terceiro e cuarto clasificado. Os vilalbeses na anterior xornada gañaron como locais ao Pombo, e os noieses perderon a domicilio contra o Casás.

XORNADA 6 XUVENIL

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S., recibe este sábado día 19, as 17:00, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Baralla F.S.
Os vilalbes buscarán a primeira vitoria como local, e avanzar na clasificación.

13/11/11

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 3 AUTOCARES J.POMBO 2


Moi bo partido o disputado en Vilalba, entre o Troco e o Pombo, no que os locais grazas ao empuxe dunha grada ateigada de seareiros, levou os tres puntos, acadando o coliderado.
Os visitantes poñeríanse por diante nada máis comezar o encontro, pero Aitor con dous goles daríalle a volta ao marcador no minuto catro.
Enrique empataría para os de A Coruña antes de ir aos vestiarios.
Na segunda metade Luis marcaría o definitivo 3 a 2. O Pombo intentaríao con porteiro xogador, pero as ocasións máis claras foron para os vilalbeses, podendo incrementar a vantaxe.
Agradecer aos seareiros unha xornada máis, a súa entrega.
Na vindeira xornada o Disco Troco visita ao Noia.

Discoteca Troco Vilalba F.S. 3: Agus, Pequecho, Peón, Roi e Aitor, -cinco inicial-, Luis, Ivo, Paulo e Joel.
Autocares J.Pombo 2: Gonzalo, Iago, Oscar, Fernando e Pablo, -cinco inicial-, Andrés, Enrique, Jorge e Suárez.
Árbitros: Emilio Losada Sánchez e Diego Goyanes López. Amoestaron con amarela a Pequecho, no Vilalba.
Goles: 0-1 min. 1 Pablo, 1-1 min. 3 Aitor, 2-1 min. 4 Aitor, 2-2 min. 16 Enrique, 3-2 min. 22 Luis.

PARTIDO APRAZADO

O encontro da categoría xuvenil entre o Carballiño F.S. e o Discoteca Troco Vilalba F.S. foi aprazado.

10/11/11

XORNADA 7

O Discoteca Troco Vilalba F.S. recibe este sábado día 12 as 18:30, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Autocares J.Pombo.
Os vilalbeses que gañaron a domicilio ao Boqueixón, reciben ao lider da categoría, que conseguiu os tres puntos como local contra o Casás.

XORNADA 5 XUVENIL

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S. visita este sábado día 12 as 19:30, ao Carballiño F.S., no Pavillón Municipal Paco Chao.
Ambos equipos teñen catro puntos, mais os locais contan con un partido menos.

6/11/11

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 5 TROULA F.S. 11

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S. perdeu por 5 a 11 contra o Troula.
Xogaron: Luis, Vinicius (2), Marcos (2), Avelino, Tini (1), Rus, Felipe, Nuno, Jose e Bruno.

5/11/11

BOQUEIXÓN F.S. 1 DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 4

Nova vitoria do Discoteca Troco Vilalba F.S. na complicada pista do Boqueixón.
Os primeiros vinte minutos foron de máxima igualdade, pero os vilalbeses irían con un gol de vantaxe ao vestiarios.
No comezo da segunda metade os visitantes terían claras ocasións, as máis claras de Piña, mais os locais empatarían nun erro defensivo.
O equipo de Alfonso, non se veu abaixo, e en tres minutos encarrilou o encontro.
A vindeira xornada o Vilalba F.S. recibe ao actual lider, o Autos Pombo.

Boqueixón F.S. 1: Pablo, Fernando, David, Antonio e Alberto, -cinco inicial-, Martínez, Enrique, Julián e Núñez.
Discoteca Troco Vilalba F.S. 4: Agus, Aitor, Ati, Piña e Roi, -cinco inicial-, Luis, Sergio, Peón e Joel.
Árbitros: Anxo Rey Iglesias e Jose Rey Iglesias. Amoestaron con amarela a Fernando e a Enrique por parte do Boqueixón. Peón e Sergio viron amarela no Vilalba.
Goles: 0-1 min. 10 Luis, 1-1 min. 31 Alberto, 1-2 min. 33 Luis, 1-3 min. 34 Peón, 1-4 min. 36 Luis.

4/11/11

XORNADA 6

O Discoteca Troco Vilalba F.S. visita este sábado día 5 , o Pavillón de O Forte, para enfrontarse ao Boqueixón F.S.
Os vilalbeses veñen de gañar a domicilio ao Ordes, e os locais perderon na súa visita ao Casás.

XORNADA 4 XUVENIL

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S. recibe este domingo día 6 as 12:00, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Troula F.S.

2/11/11

JOGAFÁN ORDES F.S. 2 DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 3


Partido moi igualado o disputado onte no Castelao II, entre o Ordes e o Vilalba.
Na primeira metade comezaron mellor os visitantes, pero pronto se equilibraría o encontro, e as ocasións eran parellas para ambos equipos, marchando para os vestiarios cun xusto empate.
Despois do descanso os de Alfonso comezarían coa presión arriba, e collerían o control do encontro, máis o Jogafán tería algunha ocasión á contra.
Aitor que xa enviara dous balóns á madeira, daríalle a vitoria aos vilalbeses.
A vindeira xornada o Vilalba F.S. visita ao Boqueixón F.S., o sábado día 5 de Novembro.

Jogafán Ordes F.S. 2: Rodri, Adrián, Jorge, Iago e Samuel, -cinco inicial-, Dani, Manu e Marquitos.
Discoteca Troco Vilalba F.S. 3: Agus, Pequecho, Ati, Piña e Roi, -cinco inicial-, Luis, Sergio, Aitor, Peón e Joel.
Árbitros: José Manuel Carreira Romero e David Ruiz Piñeiro. Amoestaron con amarela a Rodri e a Juan (delegado), e con vermella (dúas amarelas ) a Iago por parte do Ordes. No Vilalba Ati, Peón, Piña e Luis viron amarela.
Goles: 0-1 min. 2 Ati, 1-1 min. 4 Jorge, 1-2 min. 9 Luis, 2-2 min. 12 Sergio p.p., 2-3 min. 35 Aitor.