12/4/12

VIAXE A BETANZOS

Este sábado o Discoteca Troco Vilalba F.S. visita Betanzos coa intención de dar caza ao liderato, diante do Troula.
O encontro será as 20:00 no Municipal betanceiro.

O clube pon á disposición d@s seareir@s un bus, para os que querian acompañar ao equipo. Podédevos apuntar na Cervexería 31 do DEZ.
A saída está programada para as 18:30 de diante da Casa da Cultura ( hemeroteca ).

10/4/12

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 7 JOGAFÁN ORDES F.S. 3

O Disco Troco asegurou como mínimo a segunda praza coa vitoria diante do Ordes, que dá dereito a xogar a promoción de ascenso á Terceira División, e na vindeira xornada diante do Troula buscará o primeiro posto.
O partido tivo unha parte para cada equipo, a primeira foi de dominio visitante, e na segunda os locais foron moi superiores.
Unha vez máis os seareiros foron o sexto xogador, dando folgos dende o inicio ata xa rematado o encontro. E despois de estirar os de Alfonso tiveron que volver a saudar a afección.

Para a visita a Betanzos do vindeiro sábado, o clube pon á disposición dos seareiros un bus, que sairá as 18:30 diante da Casa da Cultura ( hemeroteca ), e que os levará ao Municipal de Betanzos para presenciar o encontro que se disputará as 20:00.

Discoteca Troco Vilalba F.S. 7: Agus, Pequecho, Aitor, Roi e Ati, -cinco inicial-, Luis, Piña e Peón.
Jogafán Ordes F.S. 3: Jesús, Samuel, Jorge, Ángel e Iago, -cinco inicial-, Souto, Manuel e Viqueira.
Árbitros: Noemí Bello Castro e Fernando Bello Gómez. Amoestaron con amarela a Aitor no Vilalba, e Manuel, Souto e ao adestrado Gonzalo do Noia.
Goles: 0-1 min. 5 Jorge, 1-1 min. 11 Luis, 1-2 min. 16 Ángel, 1-3 min. 18 Iago, 2-3 min. 24 Pequecho, 3-3 min. 27 Ati, 4-3 min. 30 Luis, 5-3 min. 35 Aitor (d.p), 6-3 min. 37 Piña, 7-3 min. 39 Piña.

3/4/12

C.F.S. CASTRO 3 DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 8

O Disco Troco conseguiu os tres puntos na súa visita a Castro.
O equipo de Alfonso foi máis efectivo de cara á portería, e non pasou apuros durante o encontro.
Nos minutos finais os locais intentárono co cinco para catro, pero non foron quen de conseguir a remontada.

Este xoves día 5 as 18:00, os vilalbeses reciben ao Ordes, para disputar o partido que tiñan aprazado. Cunha vitoria asegurarían o segundo posto, que dá dereito a xogar a promoción de ascenso.

C.F.S. Castro 3: Rober, Hugo, Fidalgo, Neira e Santiso, -cinco inicial-, Gigán, Juanjo, Albertito, Keko, Mauro, Llano e Alex.
Discoteca Troco Vilalba F.S. 8: Agus, Pequecho, Roi, Aitor e Ati, -cinco inicial-, Sergio, Piña, Peón, Luis, Paulo, Joel e Isma.
Árbitros: José Abuín e Diego Franco. Amoestaron con vermella a Gigán (dúas amarelas ) do Castro.
Goles: Hugo (2) e Neira no Castro.
Sergio (3), Pequecho, Aitor, Peón, Luis e Paulo polo Vilalba.