29/12/17

Promo V Memorial

Promo que fixo a Radio Principal Vilalba Cadena Ser, para o V Memorial Francisco Javier González Vázquez, que se celebra o 30 de Decembro de 2017.


V MEMORIAL FRANCISCO JAVIER GONZÁLEZ VÁZQUEZ

Entrevista de fin do ano 2017 a Alfonso

Entrevista de fin do ano 2017 a Alfonso González, adestrador do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., na Radio Principal Vilalba Cadena Ser.
Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO

22/12/17

Resultados fin de semana 16/17 de Decembro

Dúas vitorias e unha derrota para os equipos do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., nesta fin de semana.

O equipo feminino do Vilalba F.S. gañou por 6-0 a Os Meigallos F.S.F., e continúa na loita polo primeiro posto.
Aisha (2), Akira, Ana, Kayu e Sabela foron as goleadoras.

O senior goleou ao Carballiño F.S. no Paco Chao, con marcador final de 1-8. Os de Alfonso e Luis colócanse nos postos de privilexio antes do parón de Nadal.
Fran Pastor (3), Asier (2) e Antón marcaron para os vilalbeses.

Os xuvenís caeron goleados polo Prone Lugo por 1-8., e seguen na parte baixa da clasificación.
Xosé marcou o gol da horna.

Let's go!!!
Somos Fútbol Sala!!!

12/12/17

Resultados fin de semana 09/10 de Decembro

Dúas vitorias e unha derrota para os equipos do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., nesta fin de semana.

O equipo feminino do Vilalba F.S. perdeu por primeira vez no que vai de tempada. O Pastoricense gañou 5 a 3 e colócase como lider, a un punto das vilalbesas.
Antía (2) e Aisha foron as goleadoras.

Os xuvenís gañaron de novo. Desta vez con autoridade no Barco, por 4-9 contra o Pizarras Tres Cuñados.
Lage (3), Antón (2), Diego (2) e Xosé (2) marcaron para o equipo de Fernando Llano.

O senior vilalbés gañou 2-5 contra o Casás, despois de remontar os dous goles iniciais dos lucenses.
Antón, Asier, Fran Pastor, Freire e Rubén Mouriz foron os goleadores.

Let's go!!!
Somos Fútbol Sala!!!

3/12/17

Resultados fin de semana 02/03 de Decembro

Unha vitoria de dúas derrotas para os equipo do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., nesta fin de semana.

O equipo feminino do Vilalba F.S. segue en racha e voltou a conseguir a vitoria, desta volta por 6-0 contra o Monterroso, e continúa como líder
Aisha (2), Ainé, Akira, Ana e Patri Pisón foron as goleadoras.

O senior vilalbés perdeu co Sala Ourense por 1-6, cunha polémica actuación arbitral. Asier foi o goleador. Destacar o debú en partido oficial do xuvenil Iago.

Os xuvenís perderon 1-4 contra os Meigallos e seguen coa mala racha. Diego marcou para os vilalbeses.

Let's go!!!
Somos Fútbol Sala!!!

1/12/17

Entrevista a Alfonso González 11ª Xornada T. 17/18

Entrevista a Alfonso González, adestrador do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 11ª Xornada da Tempada 17/18, onde os vilalbeses gañaron por 2 a 5 ao Campito F.S
Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 11ª XORNADA

30/11/17

Partidos fin de semana 02/03 de Decembro

Este fin de semana os tres equipos do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., xogan os seus partidos como locais, no Pavillón Municipal de Vilalba.

Comeza a xornada o equipo feminino, que recibe ao Monterroso FSF, o sábado ás 16:00. As rapazas buscarán unha nova vitoria para seguir no máis alto da clasificación.
A continuación, o equipo senior saltará á pista. Será ás 18:30 para enfrontarse ao lider, o Sala Ourense. Unha vitoria colocaría aos vilalbeses nos postos de privilexio.
O domingo será o turno para os xuvenís do Vilalba F.S., que necesitan os tres puntos para achegarse á zona tranquila. O equipo de Llano xogarán contra Os Meigallos, ás 12:00.

Let's go!!!
Somos Fútbol Sala!!!

28/11/17

Entrevista a Alfonso González 10ª Xornada T. 17/18

Entrevista a Alfonso González, adestrador do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 10ª Xornada da Tempada 17/18.
Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO GONZÁLEZ 10ª XORNADA

20/11/17

Entrevista a Luis Vázquez 9ª Xornada T. 17/18

Entrevista a Luis Vázquez, adestrador do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 9ª Xornada da Tempada 17/18.
Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A LUIS VÁZQUEZ 9ª XORNADA

Entrevista a Luis Vázquez 8ª Xornada T. 17/18

Entrevista a Luis Vázquez, adestrador do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 8ª Xornada da Tempada 17/18.
Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A LUIS VÁZQUEZ 8ª XORNADA

2/11/17

Entrevista a Alfonso 7ª Xornada e Copa Galicia

Entrevista a Alfonso González, adestrador do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 7ª Xornada da Tempada 17/18, e os oitavos da Copa Galicia.
Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 7ª XORNADA E COPA GALICIA

27/10/17

Entrevista a Alfonso 6ª Xornada T. 17/18

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 6ª Xornada da Tempada 17/18.
Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 6ª XORNADA

19/10/17

Entrevista a Alfonso 5ª Xornada T. 17/18

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 5ª Xornada da Tempada 17/18.
Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 5ª XORNADA

11/10/17

Bo partido do Vilalba

O Vilalba F.S. gañou 5-1 ao 5 Coruña, na cuarta xornada da Terceira División.
Aos tres minutos Rubén Mouriz nunha xogada de estratexia faría o primeiro da tarde. Os vilalbeses terían unha morea de ocasións, que entre o bo facer de Óscar Lago e o desatino non fixeron posible un marcador máis amplo.
A tres minutos para o descanso, Jose López nunha boa xogada de todo o equipo.
A segunda metade, comezou con ocasións para o Vilalba F.S., mais sería os visitantes os que  acortarían diferenzas. Os coruñeses collerían as rendas do partido, ata o gol de Fran Pastor.
Con xogo de 5 para 4, chegarían dous goles de Roi, un deles dende o punto de penal.
A vindeira xornada o Valdesuso Peugeot Vilalba, visita Outeiro de Rei para enfrontarse ao Santa Isabel. Será o sábado ás 20:00.

Vilalba F.S. 5: Yago, Jose López, Rubén Mouriz, Roi e Fran Pastor, -cinco inicial-, Nuno, Paulo, Martín, Asier, Freire e Areñas.
5 Coruña: Óscar, David, Iván, Pablo e Daniel, -cinco inicial-, Victor, Diego, Rodrigo, Guillermo e Alfonso.
Árbitros: Eduardo Corral Martínez, Yago Seijas Piñeiro e Adrián José Pombo González.
Amoestaron con amarela a Martín no Vilalba. Polo 5 Coruña viron cartón Daniel, Iván e Diego.
Goles: 1-0 min. 3 Rubén, 2-0 min. 17 Jose López, 2-1 min. 24 Rodrigo, 3-1 min. 34 Fran Pastor, 4-1 min. 39 Roi, 5-1 min. 39 Roi.

9/10/17

Entrevista a Alfonso 3ª Xornada T. 17/18

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 3ª Xornada da Tempada 17/18.
Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 3ª XORNADA