22/12/11

LOTARÍA DE REIS

Este ano o Discoteca Troco Vilalba F.S. xoga para o sorteo do 6 de Xaneiro, o número 98676, en papeletas de 5 euros ( 1 euro de donativo ).
Moita sorte a tod@s.

15/12/11

LOTARÍA DE NADAL 2011

Derradeiros días para poder mercar a lotaría do Discoteca Troco Vilalba F.S.
Este ano clube xoga o número 87044, en participacións de 5 euros ( 1 euro de donativo ).
Moita sorte a tod@s.

11/12/11

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 8 C.F.S. CASTRO 0


O Disco Troco conseguiu unha vitoria doada diante do Castro.
A primeira metade foi igualada, pero os locais foron máis efectivos, e foron para os vestiarios con dous goles de vantaxe. Puido haber máis pero ningún dos dous equipos estaba atinado.
Á volta dos vestiarios os vilalbeses foron máis superiores, e en sete minutos o marcador reflectía un 5 a 0. Os visitantes intentárono co cinco para catro, pero os de Alfonso rematarían a faena con outros tres goles.

O encontro da vindeira xornada contra o Troula, foi aprazado para o 14 de Xaneiro, por acordo de ambos equipos.
A liga voltará para o vindeiro ano, será o 7 de Xaneiro, no que o Vilalba visitará ao Riazor.

No sorteo patrocinado por Osborne España, saíu agraciado o nº 726.

Discoteca Troco Vilalba F.S. 8: Isma, Pequecho, Ati, Piña e Aitor, -cinco inicial-, Luis, Sergio, Roi, Joel, Peón e Miloso.
C.F.S. Castro 0: Alex, Alberto, Nico, Roberto e Hugo, -cinco inicial-, Jose, Diego, Juan, Llano, Sergio e Mauro.
Árbitros: José Abuín Arrojo e Nino Silvarrey Vilar. Amoestaron con amarela a Nico e a Jose, no Castro. Pequecho e Isma viron o cartón amarelo no Vilalba.
Goles: 1-0 min. 7 Aitor, 2-0 min. 13 Joel, 3-0 min. 25 Peón, 4-0 min. 27 Luis, 5-0 min. 27 Alberto p.p, 6-0 min. 29 Sergio , 7-0 min. 32 Luis, 8-0 min. 33 Roi.

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 2 A. LOBELLE DE SANTIAGO F.S. 4

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S. perdeu por 2 a 4 contra o A. Lobelle de Santiago F.S.
Xogaron: Luis, Marcos, Manu, Rubén (1), Diego, Vinivius (1), Rus, Nuno e Felipe.

8/12/11

SÁBADO DE FÚTBOL SALA

Este sábado día 10 de decembro, os dous equipos do Discoteca Troco Vilalba F.S., disputan os seus encontros como locais, no Pavillón Municipal de Vilalba.
- O equipo xuvenil as 16:00 enfrontarase ao A. Lobelle de Santiago F.S., un dos favoritos á acadar o campionato. Os de Fernando buscarán a terceira vitoria consecutiva, para engancharse ao postos altos da clasificación.
- O equipo senior saltará á pista as 18:30, para medirse ao C.F.S. Castro. Os visitantes que contan no seu plantel con 6 ex-xogadores vilalbeses ( Fer, Jose, Roberto, Hugo, Nico e Alex ), buscarán unha vitoria para escapar da zona baixa da taboa. Os xogadores de Alfonso necesitan os tres puntos para non descolgarse dos postos de privilexio.

CARBALLIÑO F.S. 3 DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 4

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S. gañou por 3 a 4 ao Carballiño F.S.
Xogaron: Luis, Tini (2), Rubén, Diego (1), Marcos (1), Vinicius, Manu, Rus, Nuno e Felipe.

7/12/11

XORNADA APRAZADA XUVENIL

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S. xoga este mércores día 7 as 19:00 como visitante, o encontro que tiña aprazado correspondente á xornada 5, contra o Carballiño F.S.

4/12/11

C.P. CASÁS 7 DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 5


Partido bonito para o afeccionado o xogado onte en Lugo, entre o Casás e o Disco Troco, que se decantou do lado dos locais.
Os vilalbeses collerían unha vantaxe de tres goles, e estaban tendo ocasión para ampliala, pero antes do descanso o Casás recortaría distancias con dous goles.
Na segunda metade os lucenses aproveitarían mellor as súas ocasións e remontarían o encontro.
Con 6 a 5 Aitor tería nun dobre penalti o empate, mais o coiro petou na madeira.
Diego certificaría cun novo gol a vitoria local.
A vindeira xornada o Vilalba F.S. recibe ao Castro.

C.P. Casás 7: Rafael, Diego, Julio, Brais e Rafa, -cinco inicial-, Aarón, Martín, André e Fernando.
Discoteca Troco Vilalba F.S. 5: Agus, Pequecho, Ati, Aitor e Piña, -cinco inicial-, Sergio, Peón, Roi, Chetos e Joel.
Árbitros: Fernando Bello Gómez e Efrén Álvarez López. Amoestaron con amarela a Diego e a Fernando por parte do Casás. No Vilalba viron amarela Agus, Sergio, Piña e o adestrador Alfonso.
Goles: 0-1 min. 5 Aitor, 0-2 min. 7 Sergio, 0-3 min. 13 Peón, 1-3 min. 17 Diego, 2-3 min. 19 Julio, 2-4 min. 21 Aitor, 3-4 min. Julio, 4-4 min. 24 Rafa, 5-4 min. 32 Martín, 6-4 min. 34 Julio, 6-5 min. 34 Aitor, 7-5 min. 39 Diego.

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 11 VIGO 2015 F.S. 5

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S. gañou por 11 a 5 ao Vigo 2015 F.S.
Xogaron: Luis, Vinicius (2), Tini (3), Diego (1), Avelino, Manuel (4), Rus (1), Rubén, Nuno, Felipe e Bruno.

2/12/11

XORNADA 10

O Discoteca Troco Vilalba F.S. visita este sábado día 3 as 17:00, o Pavillón Casa do Deporte, para enfrontarse ao C.P. Casás.
Fronte un rival directo os vilalbeses buscarán os tres puntos, para non perder de vista os postos altos.

XORNADA 8 XUVENIL

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S. recibe este sábado día 3 as 17:00, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Vigo 2015 F.S.