27/10/17

Entrevista a Alfonso 6ª Xornada T. 17/18

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 6ª Xornada da Tempada 17/18.
Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 6ª XORNADA

19/10/17

Entrevista a Alfonso 5ª Xornada T. 17/18

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 5ª Xornada da Tempada 17/18.
Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 5ª XORNADA

11/10/17

Bo partido do Vilalba

O Vilalba F.S. gañou 5-1 ao 5 Coruña, na cuarta xornada da Terceira División.
Aos tres minutos Rubén Mouriz nunha xogada de estratexia faría o primeiro da tarde. Os vilalbeses terían unha morea de ocasións, que entre o bo facer de Óscar Lago e o desatino non fixeron posible un marcador máis amplo.
A tres minutos para o descanso, Jose López nunha boa xogada de todo o equipo.
A segunda metade, comezou con ocasións para o Vilalba F.S., mais sería os visitantes os que  acortarían diferenzas. Os coruñeses collerían as rendas do partido, ata o gol de Fran Pastor.
Con xogo de 5 para 4, chegarían dous goles de Roi, un deles dende o punto de penal.
A vindeira xornada o Valdesuso Peugeot Vilalba, visita Outeiro de Rei para enfrontarse ao Santa Isabel. Será o sábado ás 20:00.

Vilalba F.S. 5: Yago, Jose López, Rubén Mouriz, Roi e Fran Pastor, -cinco inicial-, Nuno, Paulo, Martín, Asier, Freire e Areñas.
5 Coruña: Óscar, David, Iván, Pablo e Daniel, -cinco inicial-, Victor, Diego, Rodrigo, Guillermo e Alfonso.
Árbitros: Eduardo Corral Martínez, Yago Seijas Piñeiro e Adrián José Pombo González.
Amoestaron con amarela a Martín no Vilalba. Polo 5 Coruña viron cartón Daniel, Iván e Diego.
Goles: 1-0 min. 3 Rubén, 2-0 min. 17 Jose López, 2-1 min. 24 Rodrigo, 3-1 min. 34 Fran Pastor, 4-1 min. 39 Roi, 5-1 min. 39 Roi.

9/10/17

Entrevista a Alfonso 3ª Xornada T. 17/18

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 3ª Xornada da Tempada 17/18.
Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 3ª XORNADA

2/10/17

Segunda vitoria da tempada

O Vilalba F.S. conseguíu a segunda vitoria consecutiva da tempada, ao gañar 3-5 ao Santiago Futsal B, na terceira xornada da Terceira División.
Os vilalbeses adiantaríanse no ecuador da primeira metade, mais os locais igualarían o marcador antes do descanso.
Á volta dos vestiarios dous goles de Paulo e Jose López, darían tranquilidade aos visitantes.
O filial do Santiago sacaría o cinco para catro e no minuto 26 Asier faría o 1 a 4
A falta de sete minutos o Santiago marcaría o 2 a 4.
Jose López sería expulsado por dobre cartón, mais os locais non aproveitarían a superioridade numérica.
Faltando 36 segundos o Santiago faría o 3 a 4.
Asier co tempo case cumprido marcaría o definitivo 3 a 5.
Na vindeira xornada o Vilalba recibe ao 5 Coruña.

Santiago Futsal B: Felipe, Alberto, Macía, Miguel e Pablo, -cinco inicial-, Rafael, Seijas, Iago, Juan e Yago.
Vilalba F.S. 5: Yago, Jose López, Rubén Mouriz, Roi e Fran Pastor, -cinco inicial-, Asier, Martín, Paulo, Freire, Nuno e Areñas.
Árbitros: Marcos Pérez Rodríguez, Borja Pérez Muñiz e Francisco Sal de Rellán Guerra.
Amoestaron con amarela a Miguel e Macía no Santiago. Jose López foi expulsado por dobre cartón no Vilalba.
Goles: 0-1 min. 12 Freire, 1-1 min. 19 Rafael, 1-2 min. 20 Paulo, 1-3 min. 24 Jose López, 1-4 min. 26 Asier, 2-4 min. 33 Pablo, 3-4 min. 39 Pablo, 3-5 min. 40 Asier.