27/2/11

JIM SPORTS MELIDE F.S. 5 PEUGEOT VILALBA F.S. 6

Emocionante encontro o vivido en Melide, no que calquera dos dous equipos puido levar a vitoria, pero foi o Peugeot o que levou os tres puntos para Vilalba.
Os goles non tardaron en chegar, e no minuto 1 foi Sergi o que adiantou ao Melide, rápidamente respondido por Nico na saída dun córner.
A primeira metade rematou 4 a 3 a prol dos locais, que aproveitaron catro erros dos vilalbeses.
Na volta dos vestiarios os de Alfonso, saíron enchufados e comezaban a chegar as ocasións. Pequecho e Aitor en dúas ocasións, remontaban o encontro. O Melide intentouno con porteiro-xogador, mais o marcador non se movería.
Vitoria importante, que pon máis preto a permanencia na categoría.
Na vindeira xornada o Peugeot recibe ao Castro.

Jim Sports Melide F.S. 5: Marcos, Borja Casal, Fernando, Sergi e Borja Pérez, -cinco inicial-, Roberto, Xurxo, Mosteiro, Jose, Varela e Oscar.
Peugeot Vilalba F.S. 6: Alex, Aitor, Nico, Pequecho, e Piña, -cinco inicial-, Agus, Checo, Jose, Hugo, Roberto, e Sergio.
Árbitros: Jose Ángel Vilas Martínez e Jose Luís Villarino Barja (Delegación de Santiago) . Amoestaron con amarela a Marcos e a Fernando por parte do Melide, mentras que no Peugeot, amoestaron con amarela a Roberto, Pequecho, e a Sergio con vermella (dúas amarelas).
Goles: 1-0 min. 1 Sergi, 1-1 min. 2 Nico, 2-1 min. 3 Borja Casal, 2-2 min. 8 Piña, 3-2 min. 9 Roberto, 4-2 min.12 Sergi, 4-3 min. 20 Jose, 4-4 min. 27 Aitor, 5-4 min. 28 Carlos, 5-5 min. 31 Pequecho, 5-6 min. 33 Aitor.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O CASÁS

Alex 33%
Pequecho 16%
Aitor 12%
Jose 8%
Agus 4%
Ati 4%
Checo 4%
Hugo 4%
Nico 4%
Roberto 4%
Sergio 4%

Votos totais: 24

21/2/11

PEUGEOT VILALBA F.S. 6 C.P. CASÁS 0

O Peugeot gañou por 6 a 0 a un dos mellores equipos que pasou por Vilalba, e o resultado pode ser máis abultado do que mereceron ambos equipos.
Nunha primeira parte igualada, na que houbo oportunidades para ambos equipos, o maior acerto dos locais fixo que foran ao descanso gañando por 2 a 0.
Na segunda metade o Casás foi máis cara arriba, e nun contragolpe os vilalbeses farían o terceiro. Os lucenses poñerían en pista o porteiro xogador, e os de Alfonso marcarían tres goles máis.
A vindeira xornada o Peugeot Vilalba F.S. visita ao Jim Sports Melide F.S.

Peugeot Vilalba F.S. 6: Alex, Aitor (2), Ati, Nico e Pequecho (2), -cinco inicial-, Agus, Checo (1), Hugo, Jose (1), Roberto e Sergio.
C.P. Casás 0: Jose, Musta, Julio, Brais e Antonio, -cinco inicial-, David, Martín, Fernando, Javier, J.Fernando e F. José.
Árbitros: Andrés Fernandez Méndez e Enrique Robles Moreira (Delegación de Ourense).

I.E.S. CORUXO CONCELLO DE VIGO 5 PEUGEOT VILALBA F.S. 3

Os xuvenis do Peugeot Vilalba F.S. perderon 5 a 3, diante do Coruxo.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O BURELA

Ati 38%
Piña 33%
Jose 11%
Nico 11%
Sergio 5%
Agus 0%
Aitor 0%
Pequecho 0%
Roberto 0%

Votos totais: 18

18/2/11

XORNADA 20

O Peugeot Vilalba F.S. recibe este sábado día 19 as 18:30, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao C.P. Casás.
No encontro da primeira volta os vilalbeses gañaron por 4 a 5, despois de remontar un 4 a 1 en contra.

XORNADA 17 XUVENIL

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S. visitan o Pavillón das Roteas, este domingo as 12:00, para enfrontarse ao I.E.S. Coruxo Concello de Vigo.

14/2/11

BURELA TURÍSTICA 2 PEUGEOT VILALBA F.S. 4

O Peugeot regresou da súa viaxe a Burela con tres puntos, que poñen máis preto a permanencia na Autonómica.
Comezaron os vilalbeses algo durmidos, e nun despiste defensivo chegou o gol dos locais ao pouco de comezar. Os visitantes irían collendo o ritmo do encontro, e as ocasións ían chegando. Sería Ati nun balón no segundo pau o que lograría o empate.
Na segunda metade, o Peugeot aproveitou as xogadas rápidas para crear boas ocasións, e Piña en dúas ocasións e novamente Ati, sentenciarían o encontro. O Burela recortaría distancias, quedando o marcador co definitivo 2 a 4.
A seguinte xornada os vilalbeses reciben ao C.P. Casás no Municipal de Vilalba.

Burela Turística 2: Zapa, Javi Celes (1), Javi Moucide (1), Palmeiro e Pardeiro, -cinco inicial-, Ramón, Lucas, Adrián, e Juchi.
Peugeot Vilalba F.S. 4: Agus, Aitor, Ati (2), Pequecho, e Piña (2)-cinco inicial-, Alex, Jose, Nico, Paulo, Roberto, e Sergio.

13/2/11

PEUGEOT VILALBA F.S. 2 CARBALLIÑO F.S. 2

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S. empataron a 2, contra o Carballiño F.S., con goles de Miloso e Jose.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O NOIA

Fiter 59%
Jose 12%
Agus 5%
Aitor 5%
Roberto 5%
Ati 3%
Paulo 3%
Pequecho 3%
Piña 1%
Sergio 0%

Votos totais: 57

7/2/11

PEUGEOT VILALBA F.S. 7 DISCO CARACOL F.S. NOIA 1

O Peugeot reencontrouse coa vitoria diante dos seus seareiros, a costa dun Noia que despois do descanso apenas puxo resistencia.
Nunha primeira metade igualada, os vilalbeses foron ao descanso cunha renda de dous goles, que puido ser maior, pois lanzaron dúas veces aos paus. As ocasións dos visitantes foron ben respondidas por Fiter.
A segunda parte foi de dominio local, e sobre todo os seis últimos minutos, nos que marcaron catro goles.
Na vindeira xornada o equipo de Alfonso visita A Mariña para enfrontarse ao Burela Turística.

Peugeot Vilalba F.S. 7: Fiter, Aitor, Ati, Pequecho e Piña, -cinco inicial-, Agus, Hugo, Jose, Manu, Paulo, Roberto e Sergio.
Disco Caracol F.S. Noia 1: David, Maneiro, Francisco, Óscar e Nieto, -cinco inicial-, Álvaro, Nestor e Iván.
Árbitros: Nino Sivarrey Vilar e Eduardo Corral Martínez. Amoestaron con amarela a Pequecho e Ati por parte do Peugeot, e a Nestor e a Nieto do Noia.
Goles: 1-0 min. 14 Aitor, 2-0 min. 15 Jose, 3-0 min. 24 Aitor, 3-1 min. 33 Nieto, 4-1 min. 34 Ati, 5-1 min. 36 Piña, 6-1 min. 37 Paulo, 7-1 min. 39 Paulo.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 47.

No sorteo patrocinado por Osborne España, saíu agraciado o nº 1335.

VENTORRILLO MARISTAS 7 PEUGEOT VILALBA F.S. 10

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. gañou por 7 a 10 en A Coruña, contra o Ventorrillo Maristas.

4/2/11

XORNADA 18

O Peugeot Vilalba F.S. recibe este sábado día 5 as 19:30, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Disco Caracol F.S. Noia.
No partido da primeira volta, os vilalbeses perderon por 5 a 3.

XORNADA 15 XUVENIL

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S. xogan contra o Ventorrillo Maristas, este sábado día 5 as 16:30, no Pavillón Municipal Ventorrillo.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O POMBO

Agus 35%
Nico 23%
Sergio 14%
Ati 7%
Jose 7%
Pequecho 7%
Aitor 0%
Checo 0%
Hugo 0%
Piña 0%

Votos totais: 14