31/5/11

IDA SEMIFINAS DA COPA XUVENIL

O Peugeot Vilalba F.S. gañou por 6 a 4 o encontro de ida das semifinais da copa xuvenil, ao Carballiño F.S.
Este fin de semana os vilalbes xogarán o partido de volta, coa intención de acadar un resultado positivo, para disputar a final.

18/5/11

PEUGEOT VILALBA F.S. 6 MERA F.S. 2

O Peugeot despediu a tempada cunha vitoria diante dun Mera, que viña pensando máis na promoción de ascenso, que no encontro contra os vilalbeses.
O partido estivo dominado polo equipo de Alfonso, e os visitantes soamente deron algo de guerra nos primeiros vinte minutos, onde o marcador foi de 3 a 2 a prol dos locais.
Na segunda metade o ritmo do Mera descendeu, o que aproveitaron os vilalbeses para brindarlle a goleada aos seu seareiros.
No Peugeot debutaron os xuvenís Isma e Juanito, este último autor de tres goles.

Peugeot Vilalba F.S. 6: Isma, Aitor, Ati, Paulo e Pequecho, -cinco inicial-, Agus, Joel, Juanito, Nico, Piña, Roberto e Sergio.
Mera F.S. 2: Jose, Alejandro, Gonzalo, Jesús e Daniel, -cinco inicial-, Jorge, Alfonso, Muiños, David, Otero e Cristian.
Árbitros: Nino Silvarrey Vilar e José Manuel Abuín Arrojo.
Goles: 0-1 min. 2 Alejandro, 1-1 min. 4 Aitor, 2-1 min. 14 Aitor, 2-2 min. 16 Alejandro, 3-2 min. 18 Juanito, 4-2 min. 27 Nico, 5-2 min. 35 Juanito, 6-2 min. 37 Juanito.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O CEDEIRA

Joel 53%
Aitor 26%
Ati 6%
Jose 6%
Nico 6%
Alex 0%
Fiter 0%
Paulo 0%
Pequecho 0%
Roberto 0%

Votos totais: 15

8/5/11

F.S. CEDEIRA 3 PEUGEOT VILALBA F.S. 8

O Peugeot conseguiu a vitoria na súa visita a Cedeira, nun encontro en que ningún dos equipos se xogaba nada.
A primeira metade foi un reflexo da tempada dos vilalbeses, non materializando as súas ocasións, e os goles rivais, precedidos de erros. Ao descanso o marcador reflectía empate a tres.
Na segunda metade o dominio do Peugeot foi constante, e os goles non tardaron en chegar. Faltando cinco minutos o Cedeira intentouno co porteiro-xogador, pero a boa defensa dos visitantes impediu que marcaran ningún gol.
Destacar o debut do xuvenil Joel, que axudou á vitoria con dous goles.
O vindeiro sábado, o Peugeot recibe ao Mera, no que será a derradeiro encontro da tempada.

F.S. Cedeira 3: Nicolas, Alberto, Alejandro, Agustín e Carlos, -cinco inicial-, Iago, e Javier.
Peugeot Vilalba F.S. 8: Fiter, Aitor, Ati, Pequecho e Nico, -cinco inicial-, Alex, Joel, Jose, Paulo, e Roberto.
Árbitros: Roberto Amor Vizoso e Sergio Fernández Pazos (Delegación de Ferrol). Amoestaron con amarela a Alejandro, Carlos e Javier, e viu a vermella (dúas amarelas)Alberto por parte do Cedeira, mentres que no Peugeot, amoestaron con amarela a Ati.
Goles: 0-1 min.1 Ati, 1-1 min.6 Alberto, 1-2 min.13 Joel, 2-2 min.15 Carlos, 2-3 min.16 Joel, 3-3 min.20 Carlos, 3-4 min.22 Aitor, 3-5 min.25 Aitor, 3-6 min.28 Aitor, 3-7 min.29 Jose, 3-8 min.36 Roberto.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O OUTEIRO

Aitor 25%
Alex 18%
Piña 18%
Pequecho 12%
Fiter 6%
Hugo 6%
Nico 6%
Paulo 6%
Ati 0%
Jose 0%
Roberto 0%
Sergio 0%

Votos totais: 16

2/5/11

S.I. OUTEIRO DE REI 6 PEUGEOT VILALBA F.S. 5

Tarde de goles, a que brindaron este sábado, Outeiro e Peugeot. Os locais levarían a vitoria por 6 a 5, nun partido con moita emoción.
Nos primeiros minutos do encontro, os vilalbeses comezaron dominando no marcador, e puideron marcar algún gol máis. Os de Outeiro empatarían o encontro antes do descanso en dous erros dos de Alfonso.
Na segunda metade os locais daríanlle a volta ao partido, pero Piña e Sergio lograban a igualada. A alegría non lle ía durar moito ao Peugeot, que vía como Francisco e Diego avantaxaban de novo ao seu equipo. Ati recortaría distancias para os visitantes.
Nos últimos minutos, os vilalbeses xogarían con porteiro-xogador, mais o marcador non se movería.
O vindeiro sábado, o Peugeot visita ao Cedeira, para disputar o encontro que tiñan aprazado.

S.I. Outeiro de Rei 6: Benjamín, Brais, Francisco, Xaime e Diego, -cinco inicial-, Alberto, Adrián, Álvaro, e Manuel.
Peugeot Vilalba F.S. 5: Fiter, Aitor, Paulo, Pequecho e Piña, -cinco inicial-, Alex, Ati, Hugo, Jose, Nico, Roberto, e Sergio.
Árbitros: Ismael Gómez Vila e Iban Vazquez Moure (Delegación de Lugo). Amoestaron con amarela a Brais, Xaime e Álvaro por parte do Outeiro, mentres que no Peugeot, amoestaron con amarela a Nico.
Goles: 0-1 min. 2 Aitor, 0-2 min. 6 Paulo, 1-2 min. 12 Francisco, 2-2 min. 18 Diego, 3-2 min. 21 Alberto, 4-2 min.24 Xaime, 4-3 min.28 Piña, 4-4 min. 31 Sergio, 5-4 min.32 Francisco, 6-4 min. 34 Diego, 6-5 min.34 Ati.