O Peugeot Vilalba perdeu 6 a 5 diante do Ventorrillo, nun encontro onde os ataques foron constantes por un e outro equipo.
Na primeira metade os vilalbeses foron gañando por 2 a 3, ao descanso e con Agus na bancada despois da súa expulsión por unha man fora da área.
Á volta do vestiario Luis poñería o 2 a 4, pero os de A Coruña remontaría o encontro para poñerse 5 a 4.
Joel empataría, e faltando minuto e medio os locais marcarían o 6 a 5 definitivo.
O vindeiro sábado as 19:00, os de Alfonso reciben ao Pazos de Borbén.
O equipo xuvenil perdeu 7 a 2 na súa visita a Bueu. Nuno e Felipe foron os goleadores.
U.V. Ventorrillo F.S. 6: Adrián, Xoel, Pablo, David e Javier, -cinco
inicial-, Eduardo, Sergio, Alberto e Rivero.
Valdesuso Peugeot Vilalba
F.S. 5: Agus, Aitor, Luka, Piña e Roi, -cinco inicial-,
Chicharito, Luis, Peón, Diego e Joel.
Árbitros: Valentín Presedo García e Julio de la Iglesia (Santiago). Amoestaron con amarela
a Javier no Ventorrillo. Por parte de Vilalba viron cartón amarelo Peón e Luis, e vermella Agus.
Goles: Eduardo (3) e Javier (3) polo Ventorrillo, polo Vilalba Luis (2), Luka, Peón e Joel.
4/2/13
1/2/13
XORNADA 19
O equipo senior do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. viaxa A Coruña este sábado 2, para enfrontarse ao Ventorrillo as 20:00.
Despois de non poder adestrar en condicións esta semana pola condensación do Municipal de Vilalba, os de Alfonso buscarán unha vitoria diante dun rival que vai empatado a puntos.
Os xuvenís xogan como visitantes o domingo3 as 12:30 contra o Bueu.
Despois de non poder adestrar en condicións esta semana pola condensación do Municipal de Vilalba, os de Alfonso buscarán unha vitoria diante dun rival que vai empatado a puntos.
Os xuvenís xogan como visitantes o domingo3 as 12:30 contra o Bueu.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)