O Vilalba F.S. aposta unha vez máis por un proxecto de continuidade, renovando ao equipo técnico.
Será a sexta tempada consecutiva para Alfonso González "Belga" no banco vilalbés, e a segunda na Terceira División Nacional.
Fernando "Llano" levará ao equipo xuvenil un ano máis, e será o cuarto como adestrador.
En vindeiras datas, teremos máis novas sobre os planteis, e as pretempadas de ambos equipos.