22/3/09

DISCO RADO-PEUGEOT VILALBA F.S.

Partido disputado no Pavillón de Taboada, entre os equipos do Disco Rado e Peugeot Vilalba F.S.
O quinteto vilalbés estaría formado por Alex, Hugo, Roberto, Nico e Rucho.No banco quedarían Agus, Paulo e Manu.
O Peugeot sería o dominador de principio a fin, e no minuto 3, Roberto probaría ao porteiro local Marcos, cun tiro dende fora da área.
Nico faría o mesmo un minuto máis tarde, pero o seu tiro non atoparía porta.
Os visitantes seguían decididos a estrear o seu marcador, e Rucho deixaría un balón a Nico, para que cun disparo cruzado, batera ao porteiro do Disco Rado.0-1 no minuto 5.
Como un ciclón pasaban os de Alfonso, e Hugo co porteiro xa batido, non acertou coa portería.Pero Roberto nunha contra marcaría o 0-2, a pase de Nico.
Seguían as ocasións dos vilalbeses, e no minuto 13 Roberto, nun saque de esquina de Hugo faría o 0-3.
Un minuto despois, o arbitro anularía un gol a Hugo, ao non conceder a lei da vantaxe.
No minuto 15 Alex respondería ben nun córner dos locais.
O 0-4 chegaría nunha das xogadas máis fermosas do primeiro tempo, nunha combinación de todo o equipo, que Rucho finalizaría para dar tranquilidade aos vilalbeses.
Nos dous últimos minutos antes de chegar ao descanso, chegarían dous novos goles, un para cada equipo. Manu aproveitaría un fallo de Marcos, e Rubén marcaría o 1-5 dende fora da área, sen que Alex puidera facer nada.
Na segunda parte do encontro máis do mesmo, o Peugeot saía en tromba para intentar ampliar a súa vantaxe.
Cando ían transcorridos 4 minutos, Hugo marcaría o 1-6 a pase de Paulo.
Os seareiros de Vilalba aínda estaban celebrando o gol, cando Manu rouba un balón, e despois de dous tiros, entra na porta, cando Hugo aproveita o rexeite.
O Peugeot non baixaba a súa intensidade, e seguía encima do seu rival. Hugo noutra nunha recuperación, foi xeneroso con Manu para que este marcara o segundo da súa conta, e seguir como pichichi do equipo.1-8
Alex, no minuto 11, salvaría de novo un tiro dos locais.
As ocasións dos vilalbeses seguían chegando, pero sería o equipo de Taboada, o que marcaría, cun disparo de Marcos.
Faltando cinco para o final, Nico nunha contra, picaría o balón na saída do porteiro.
Nun despiste visitante, Rubén anotaría o terceiro para o seu equipo, pero na seguinte xogada, Rucho aguantou ben o balón ante a saída de Marcos, e deu un pase atrás para que Nico puxera o 3-10 final.
Antes da pitada final, Alex detería un penalti, rematando un boa actuación.
Tres puntos importantes para a moral do equipo, que na seguinte xornada xogará como local ante o Industrial Recense.