26/4/09

PEUGEOT VILALBA F.S. - AMIGOS DE RÁBADE


Empate entre o Peugeot Vilalba F.S e o Amigos de Rábade, que serve de pouco para ambos equipos.O encontro disputouse no Pavillón Municipal de Vilalba, diante duns 120 seareiros.
Por parte dos vilalbeses xogaron como titulares: Alex, Hugo, Nico, Manu e Roberto.Quedaron no banco: Agus, Ati, Edu, Jose, Marquiños e Rucho.
Os locais desperdiciaron un marcador de 4 a 1, para rematar o encontro con empate a catro.
Comezou ben o encontro para o Peugeot, que no minuto 5 adiantaríase no marcador.Sería nun córner sacado por Manu, que Hugo remata ao largueiro, e o rexeite aproveitaríao Roberto para marcar.Rompería o seu gafe de cara á porta como local, pois aínda non fora capaz de anotar na casa.1-0
Ivan enviaría pouco despois o balón ao pao da portería de Alex.
No seguinte ataque, Manu probaría sorte dende fora, pero o seu disparo sería detido por Marcos.
Ivan de novo intentaría o empate, pero o seu tiro pararíao Alex, que iniciaría un contragolpe que Manu desaproveitaría.
No minuto 11, os de Rábade empatarían por medio de Alberto, cun disparo dende fora da área.1-1
No minuto 13, Hugo sube o balón, pásallo a Manu, este devólvella, e poñía por diante aos locais.2-1
Manu tería unha boa ocasión a pase de Rucho, pero o seu tiro sairía fora por pouco.
No minuto 19 os vilalbeses terían dúas ocasións.Unha sería para Edu, cun disparo dende lonxe, e outra nunha xogada individual de Marquiños, pero ámbalas dúas serían desbaratadas por Marcos.
Rucho cunha volea nun saque de banda de Manu, puido incrementar o marcador, pero Marcos enviaría o balón a córner.
Alberto poñería en apuros aos locais en dous intentos de empatar o encontro, pero Alex estivo ben nas dúas ocasións.
Faltando un minuto para o descanso, Manu marcaría o 3 a 1 nun lanzamento de falta.
Na segunda parte os locais viñéronse a baixo, e non souberon aproveitar a súa renda, que sería incrementada por Manu no minuto 4 cun bo tiro dende fora.4-1
Pouco despois Ivan, nun parede con Alberto marcaría o 4 a 2.
Os visitantes viríanse arriba, e Agus tería que esforzarse en dous disparos de Ivan e Alberto.
No minuto 13 Jose no podería marcar nunha falta de estratexia.
Tres minutos máis tarde Alberto executaría un tiro, que detería Agus.
Nun intento de despexar o balón por parte dos locais, Angel estivo a punto de marcar.
No minuto 22, o Peugeot puido sentenciar o partido con dúas ocasións claras.
Unha que desaproveitou Jose, a pase de Manu. E outra de Manu cun recorte na veira da área, pero o seu tiro sería salvado por David.
Chegarían os minutos da desilusión, cun claro protagonista.Sería Oscar, o que no 23 marcara, para poñer o 4 a 3.E xa, co tempo cumprido executaría un dobre penalti, que Agus non detén por pouco.4-4
Unha autentica decepción para os seareiros, que vían o encontro case gañado cun 4 a 1, e abandonaron o pavillón coa cabeza gacha co 4 a 4.
O seguinte partido será tamén en Vilalba, contra o Industrial Recense, o vindeiro día 1 as 18:30.

O sorteo dunha cea para dúas persoa patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 303.

No sorteo patrocinado por Osborne e Peugeot, saíu agraciado o nº 1138.