19/9/09

PEUGEOT VILALBA F.S. - C.F.S. CASTRO



Xusto empate entre o Peugeot Vilalba Fútbol Sala e o C.F.S. Castro, co marcador final de 3 a 3.Os locais desperdiciaron unha renda de dous goles ao descanso, no que era o seu debut na categoría.Ao Pavillón Municipal de Vilalba acudirón 150 seareiros.
Os colexiados do encontro foron: Diego Franco Veiga e José Abuín Arrujo.
O quinteto inicial de Alfonso foi: Alex, Iván, Manu, Nico e Roberto.Quedaron no banco: Agus, Ati, Hugo, Jorge e Paulo.
A primeira parte foi de dominio local, comezando Nico a probar sorte no minuto dous, cun disparo que rexeitou Álvaro.
Nico de novo executaría un tiro dende fora que remataría en córner.
No minuto sete, Iván remataría dende a esquerda, e un xogador do Castro enviaría a saque de esquina.
No minuto nove chegaría o primeiro gol do Peugeot.Nico recibiría un pase longo de Manu, que pasaría a Paulo para enviar o coiro ao fondo da rede.1-0
Os dous seguintes minutos foron para o Castro. Primeiro Manuel intentaríao cun tiro cruzado, logo unha falta foi desbaratada por Alex, e no seguinte córner S.Paulo, remataría desviado.
No minuto doce, nun contragolpe Jorge pasa o balón a Paulo, e este cruza o balón para facer o segundo gol da tarde.2-0
O Peugeot Vilalba cargouse moi rápido de faltas, e no minuto trece, Walter tería unha falta sen barreira ao borde do área de Alex, pero o coiro batería no pau.
Na seguinte xogada, Manu dispararía ao lateral da rede. E máis tarde Jorge roubaríalle a carteira a Walter, pero non conseguiría bater a Álvaro.
No minuto dezasete, o Castro recortaría distancias, cun golazo pola escuadra, de André.2-1
Na seguinte xogada Iván regatearía a dous xogadores visitantes, e o seu disparo remataría en gol.3-1
Nico tería a derradeira oportunidade da primeira parte, facendo un autopase e tirando a porta, pero Alvaro respostaría ben.
A segunda parte os equipos intercambiarían os papeis, e o dono do partido trocaría para os de Castro.
No minuto tres, Manuel avisaría cun disparo ao pau da porta de Agus.
Iván nun saque de banda de Manu, estaría a piques de dar a estocada, pero o seu tiro sairía por pouco.
Agus no minuto seis, tería que facer unha saída, a unha internada de Mauro.
Manu nun contragolpe só contra o porteiro no minuto oito, recortaríao a pero o disparo sacaríao a defensa na liña de gol.
José intentaría bater a Agus, pero o coiro petaría nun defensa rematando en córner.
Novamente José faríalle un recorte a Paulo, e marcaría de tiro cruzado.3-2
No minuto dez, un omnipresente José, mandaría o balón fora, cando se atopaba só ante Agus.
Iván nun córner tería unha boa oportunidade, pero Alvaro detería o seu disparo.
No minuto trece Agus enviaría en longo para Paulo, este dispararía de primeiras, e Álvaro coa cara enviaría a córner.
Manuel daríalle un bo susto ao Peugeot, pero Agus co pé desbarataría as súas intencións.
E a un minuto para o final, S.Paulo conseguiría o empate para o Castro, facendo inútil a renda que levaban os locais no descanso.3-3
Un punto para cada equipo, que contentaría máis aos visitantes que aos vilalbeses.

No sorteo patrocinado por Osborne e Peugeot, saíu agraciado o nº 1422.