25/10/09

C.P. CASÁS - PEUGEOT VILALBA F.S.

O Peugeot Vilalba F.S. non puido conseguir a vitoria contra o C.P. Casás, a pesar de facer un bo encontro, sobre todo en defensa.A pésima arbitraxe tamén tivo moito que ver, no que podían ser os tres primeiros puntos coma visitante, pero unha e outra vez os colexiados prexudicaban aos vilalbeses, parecendo saldar contas pendentes, cunha actitude chulesca, propia dunha parella bailando chotis.
O quinteto de Alfonso foi: Alex, Ati, Hugo, Marquiños e Pequecho. Esperaron a súa oportunidade: Agus, Jorge, Manu, Paulo, Roberto, Rucho e Saúl.
Na primeira parte, o Peugeot foi quen puxo máis empeño en levar o encontro, a pesar de comezar con algún que outro erro, e xa no primeiro minuto Ati executaría un disparo que remataría en córner.
Nun despiste defensivo, Alex empregaríase a fondo para deter un tiro dos lucenses.
No minuto tres, nun saque de banda de Pequecho, Marquiños dispararía, pero o coiro sería detido polo porteiro do Casás.
Dous minutos máis tarde, Ati roubaría un balón, e a xogada remataría en Marcos, que no segundo pau, transformaría no primeiro gol do partido. 0-1
O dúo arbitral cargaría moi axiña aos visitantes con faltas inexistentes, pero non se podía protestar, pois parecía que xa tiñan escrito o guión para favorecer aos locais. Pero a casta do Peugeot non permitía, que a parella de chotis, botara por terra o seu bo facer, e noutra recuperación, esta vez de Manu, que atravesaría a pista coma unha faísca, remataría no gol de Paulo. 0-2
Unha das poucas ocasións dos locais en xogada, remataría no pau, no minuto 12.
Un minuto máis tarde o Casás tería un dobre penalti, que sairía fora.
Os vilalbeses seguían ao seu, e Jorge poñería a proba os reflexos do porteiro lucense, cun tiro dende fora da área, pero este enviaría o balón a córner.
No minuto 17, nunha xogada levada por Manu, recortaría a un defensor, e dende a veira da área marcaría o que sería o terceiro para o Peugeot. 0-3
E faltando un minuto para o descanso, os árbitros pitaron unha falta inexistente, cando un xogador lucense deixouse caer claramente, diante dun Pequecho, que non podía crer a inxustiza que acababan de cometer. Lanzarían o dobre penalti, que Alex rozaría coa punta dos dedos, pero non o suficiente para detelo. 1-3
A segunda metade foi de dominio local, pero transcorrían os minutos e non eran quen de dobregar aos vilalbeses, que con unllas e dentes, defendían o conseguido no primeiro tempo, e creaban perigo ao contragolpe.
Cando os visitantes non podían deter as envestidas dos lucenses, estaba Agus para desbaratalas.
Entre o minuto nove e once, o Peugeot disporía de tres claras ocasións. A primeira nas botas de Jorge, que non soubo definir cando estaba só diante do porteiro. A segunda nunha xogada en estratexia de Pequecho e Roberto. E a máis fermosa do partido, cando Manu sorteou a tódolos rivais, e na saída do porteiro elevou o coiro, que sairía rozando o pau.
O Casás no minuto trece poñería en pista ao porteiro-xogador, que sería a clave para que os lucenses lle deran a volta ao encontro. Os vilalbeses aguantarían dous minutos, pero no minuto quince viría o segundo tanto local, e na seguinte xogada de ataque o empate.3-3
Nunha dubidosa falta, o Casás remontaría, poñendo o definitivo catro a tres.
Manu faltando un minuto tería a derradeira xogada para empatar, pero o coiro remataría en córner.
Bo partido dos vilalbeses, que terán que agardar unha xornada máis para estrearse coma visitantes. Hugo e Pequecho, remataron o encontro mancados, e terán que agardar, para saber si poden estar na viaxe a Mera.

12 comentarios:

LUPESCU dijo...

Non puido ser. Pero gustoume a entrega que tivemos. Si seguimos así, logo chegarán os resultados.
Un saúdo e Forza Peugeot

likorino dijo...

Só nos faltou un pouquiño de sorte para poder gañar este partido e outros coma o de betanzos. Penso que estamos no bo camiño con esa actitude, e que tarde ou temprano chegaran esas victorias que tanto estamos pelexando e que se nos escapan por un pouquiño.Animo equipo....

edu dijo...

Saudos dende la Italia.Sempre confiei neste equipo por eso sei que nos vai dar moitas alegrías ainda que por ágora so poida darnos un ataque o corazón pero sei que non falta moito para gañar gañar e gañar un saudo para toda a familia do Peugeot.siareiros vilalbeses unidos por unha soa razón

Anónimo dijo...

¿O gol do 4-3 en falta dudosa? Se o porteiro tarda 4 segundos en sacar, é libre indirecto dende o borde da área, no lugar máis cercano á posicion do porteiro, non vexo que dudas pode haber.

Palotes dijo...

Hola un saudo a todolos xiareiros. Eu estiven vendo o partido do Casás-Vilalba e, sinceramente, os xogadores rivais adicaronse a protestar dende o minuto 1 todas e cada unha das xogadas que acontecían no partido. De seguro que se adicasen a xogar lles iría moito millor. Non deixaron de protestar e ó final Casás pasoulles por arriba cando tiñan o partido controlado, non se entende. O Casás é infinitamente superior ó Vilalba pero non tenñen un estilo de xogo nin un entrenador que impoña un estilo de xogo, se vos collen con un técnico que os prepare non os vedes. Penso que Vilalba marrou unha vantaxa importante, saín moi decepcionado. Por tanto, xogadores e técnicos vilalbeses adíquense a xogar para que non volvan ocorrer este tipo de cousas.

LUPESCU dijo...

Anonimo, tes razón no da falta.Foi un erro ao facer a crónica.
Un saúdo

Anónimo dijo...

Creo que é bastante normal protestar cando en menos de dous minutos che pitan tres faltas que non existiron, como algun xogador do casas recoñeceu (e algunha mais no resto do encontro). amigo meu, eso condiciona en gran medida o xogo como asi foi, posto que acabaron tirando dous dobres penaltis que nos costaron un gol. esta claro que os arbitros se poden equivocar, pero teras que recoñecer que a arbitraxe do outro dia foi lamentable e a peor que eu vin en moitos anos que teño, peor incluso que moitas da provincial o ano pasado. agora ben, o casas loitou todo o partido e o que gaña a maior parte das veces e quen mais o merece.
o equipo tera que traballar mais, e ti o que terias que facer era buscar un pasatempo e non entrar aqui a dar consellos sobre algo do que polo que ti comentas pouca idea tes, que é o futbol-sala. unha apertiña, Siareiros unidos por unha soa razon

Anónimo dijo...

De pena esta crónica.

Anónimo dijo...

pois a cronica penso que reflexa bastante ben o que pasou, agas o da falta do cuarto gol que xa pediron disculpas

LUPESCU dijo...

Paréceme comprensible que non todo o mundo esté de acordo coa maneira de ver o encontro.
Quen queira, pode deixar a súa opinión sobre o mesmo, e debater dende a cordialidade.Tamén lle podedes poñer nome aos comentarios
Un saúdo

Anónimo dijo...

Como vos cargaron de faltas no segundo tempo dios mio (non chegastes a cinco) jajaja

P.D. os goles con 5x4 foron en fora de xogo

Kamandula dijo...

Dixo alguén en algún momento que nos cargaron de faltas no segundo tempo?
Cando cargaron de faltas foi no primeiro tempo, e a raiz desas faltas, o Casás tivo dous dobres penaltis, e o Peugeot tivo que defender con moito coidado, pois os arbitros estaban a foder.
Unha aperta, e non poñades as cousas en boca de quen non as dixo.

P.D. Podes apuntarte a "Tu si que vales", que vexo que tes futuro no mundo do humor.