O Peugeot Vilalba F.S. recibe este sábado día 21 as 18:30, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Club Ribeira F.S., en partido correspondente á décima xornada, da Autonómica Norte.
O Ribeira marcha segundo na clasificación cunha soa derrota, colleitada diante do lider O Ventorrillo por 5 a 4. Os vilalbeses tratarán de seguir invictos na casa, onde levan dous partidos gañados e dous empates.
1 comentario:
Hai que continuar coa racha na casa, e facer fronte ao Ribeira que ven de gañar ao Casás, e só perdeu un partido. Hai que ter confianza e non deixar marchar os puntos do noso feudo.
Un saúdo e Forza Peugeot.
Publicar un comentario