14/12/09

F.S. CEDEIRA 4 PEUGEOT VILALBA F.S. 3

Derrota do Peugeot Vilalba F.S. diante do F.S. Cedeira por 4 a 3, onde os protagonistas foron os árbitros, que en varias fases do encontro non paraban o tempo, e xa na segunda metade subiron ao marcador 2 minutos, despois das protestas dos vilalbeses.
Alfonso puxo de inicio en pista a: Fiter, Ati, Nico, Pequecho e Roberto. Quedaron no banco: Agus, Checo, Iván, Jorge, Manu e Paulo.
A primeiro metade rematou con 2 a 0 para os locais, con erros dos vilalbeses en ambos goles.
O terceiro gol do Cedeira, foi por outro erro dos xogadores do Peugeot, que mentres protestaban unha falta, os locais máis finos, colleríanos descolocados ao contragolpe.
Ati poñería o 3 a 1, nunha boa xogada no minuto 10 da segunda metade.
O cuarto tanto dos locais viría precedido dunha clara falta a Pequecho, que os árbitros non pitaron.
Nos últimos minutos, Pequecho marcaría dous goles de dobre penalti.
E co 4 a 3 no marcador, os colexiados non pitarían un claro penalti, a favor dos vilalbeses por man dun xogador local.
A última fichaxe do Peugeot, Checo, debutou ao longo do encontro.
Na vindeira xornada o Peugeot recibirá ao actual líder, o Ventorrillo Caixanova que conta todos os seus encontros por vitorias, a parte de ser o equipo máis goleador, e o que menos goles recibe.
O partido disputarase o sábado día 19 as 18:30, no Pavillón Municipal de Vilalba.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

sempre chorando joder

un q ve os partidos e non se dedica a tocar os huevos sin saber dijo...

anonimo dos collos ti viche o partido?

Entrenador Melide dijo...

Anonimo, non creo que o que escribe o blog sexa un choron, para nada.
E bastante realista cando escribe as cronicas.
Todos o escribir tiramos para a casa, pero para nada penso que falte a verdade.
Non tes mais que ver a cronica que escribio contra nos.
Animo Vilalba, e que vos sexa facil (pasar o trago) contra o Ventorrillo.
Un saudo dende Melide.

LUPESCU dijo...

Van trece xornadas de liga e sóamente se falou de erros arbitrais en dúas, contra o Casás e esta contra o Cedeira.
O de sempre chorando, non sei a que ven, pero podes revisar todas as crónicas e veras como o teu sempre, queda en: é a segunda vez que chorades.
E non se trata de chorar, trátase de decir o que se pensa ou o que se ve, e como non todos pensamos o mesmo e as veces non vemos o mesmo, están os comentarios das novas ou o foro, e eiqui non poñemos travas como fan noutros, e deixamos que cada un de a súa opinión con pelos e señais, eso sí dende o respeto.
Si volves a ler as crónicas seguro que atoparas máis veces as verbas, por erros nosos, que por erros arbitrais, e cando o equipo falla tamén se dí.
De feito, no encontro de Cedeira, tivemos culpa en tres dos goles, e tamén o dicimos, contra o Melide foi o peor encontro e tamén está posto, o Ribeira empatou por un erro noso e ahí está, contra o Boqueixón fallou a puntería cara o gol, xusta vitoria do Mera con erros nosos, contra un Mexillón plagado de baixas que nos plantou cara, xusto empate contra o Castro que nos remontou.
Non choramos os erros arbitrais, e o que podemos chorar, e que por moitos erros nosos, non temos máis puntos, pero coma dos erros se aprende, a esta altura polo menos teremos un master.
Un saúdo e Forza Peugeot.
P.D. Sigo dicindo que cada un e ceibe de dar a súa opinión, esta é a miña.

Anónimo dijo...

los hay idiotas y despues aun hay alguno que le acacban de abrir la puerta de la muralla y se aburre mucho....

likorino dijo...

pipi, no te calientes....no merece la pena ni que le contestemos...es el precio que tienes que pagar como periodista jajajaaja