24/1/10

C.F.S. CASTRO 1 PEUGEOT VILALBA F.S. 2


Despois de máis dun mes sen competir, e de máis de dous sen gañar, o Peugeot Vilalba F.S., saíu do Pavillón Municipal de Cospeito, cunha vitoria diante dun rival directo, o C.F.S. Castro. Os seareiros vilalbeses ateigaron as bancadas, e o equipo parecía como se xogara na casa.
O quinteto de Alfonso estivo formado por: Agus, Ati, Nico, Pequecho e Roberto. Quedaron no banco: Alex, Checo, Hugo, Iván, Marquiños e Paulo.
A primeira parte tivo pouca historia, e apenas existiron as ocasións. Os locais nas botas de Walter, puideron poñerse por diante, pero o seu disparo rematou na madeira. Antes do gol dos vilalbeses, Nico tivo dous balóns que non puido aproveitar, e Ati nun disparo dende a dereita puxo a proba ao porteiro do Castro.
No minuto 11, Marquiños nun saque de esquina, poñería por diante ao Peugeot. 0-1
Nun erro dos vilalbeses, os de Castro empatarían o encontro no minuto catorce. 1-1
A segunda tempo foi de dominio visitante, pero non eran capaces de poñerse por diante. Primeiro Iván e despois Paulo, non foron capaces de materializar as súas ocasións.
No minuto nove, un córner sacado por Iván, enviouno o porteiro para dentro, e o gol subiría ao marcador. 1-2
Nas saídas ao contragolpe, os vilalbeses puideron ampliar a súa vantaxe, pero o marcador non se movería.
Faltando un minuto, Walter dispuxo dun dobre penalti, pero Alex moi seguro no encontro, detivo o coiro.
Vitoria moi importante, para a moral do equipo, que recibe a outro rival directo na vindeira xornada, ao S.I. Outeiro de Rei.

No hay comentarios: