23/3/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 4 F.S. ALAMEDA XARÍO 3


Remontada do Peugeot Vilalba F.S. diante do F.S. Alameda Xarío, para conseguir unha vitoria moi importante, contra un rival directo.
O quinteto de Alfonso estivo formador por: Fiter, Ati, Hugo, Iván e Marquiños. No banco quedaron: Alex, Checo, Manu, Nico, Paulo e Roberto.
Ao pouco de comezar o encontro os vilalbeses adiantáronse por medio de Hugo, aproveitando unha parede con Marquiños. 1-0
Pero os de Miño, tomaron o control e no minuto 6, empataron cun tiro dende a frontal, logo dun saque de falta. 1-1
Dous minutos máis tarde, nun contragolpe os visitantes poñeríanse por diante. 1-2
Roberto enviaría un balón ao pau, que puido significar o empate, pero de novo nunha falta, o Xarío marcaría o terceiro. 1-3
Na seguinte xogada, Iván aproveitaría un roubo na beira da área, para enviar o coiro ao fondo das redes. 2-3
Chegaríase ao descanso con vantaxe para os visitantes.
Na segunda metade, nunha xogada de Manu e Nico, este deixaría o coiro de tacón, para que o primeiro empatase o partido. 3-3
As ocasións para os vilalbeses, eran variadas, pero ata o minuto 16, non chegaría a remontada. Manu roubaría un balón, e só contra o porteiro non fallaría. 4-3
Os visitantes poñerían en pista ao porteiro-xogador, mais non serían capaces de mover o marcador, en parte grazas a boa defensa dos vilalbeses.
No vindeiro encontro o Peugeot Vilalba F.S., visita ao Ribeira F.S..

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 76.

No sorteo patrocinado por Osborne España e Peugeot, saíu agraciado o nº 1208.

No hay comentarios: