21/4/10

JIM SPORTS MELIDE F.S. 6 PEUGEOT VILALBA F.S. 6

Empate a seis goles entre o Jim Sports Melide F.S. e o Peugeot Vilalba F.S., que deixa aos vilalbeses, unha xornada máis en postos de perigo.
O quinteto de Alfonso estivo formado por: Alex, Hugo, Manu, Marquiños e Pequecho. No banco quedaron: Agus, Nico e Roberto.
Os locais sairon a por todas, e no minuto 5 xa gañaban por 3 a 0. No minuto 8, os vilalbeses sacarían a Pequecho de porteiro-xogador, e empatarían con tres goles de Hugo. Faltando dous minutos, Marquiños poñería por diante ao Peugeot. Na seguinte xogada o Melide empataría.
Na segunda metade Roberto adiantaría aos visitantes, que despois regalarían o empate a cinco.
Marquiños no minuto 9 marcaría o 5 a 6. E faltando dous minutos o Melide empataría o encontro.
No seguinte partido, o Peugeot Vilalba F.S. visitará ao Concello de Arzua , para disputar o encontro que teñen aprazado.

3 comentarios:

Tonecho dijo...

Felicidades polo partido realizado en Melide.
En ningun momento nos deixastes estar comodos co porteiro xogador.
Felicitar a Hugo, que foi claramente o que marcou as diferencias, obligandonos a descolocarnos, e tamen a pequecho por algun pase-tiro dende o medio que rematou en gol cun xogador no pao.
Boa extretexia do equipo que non fomos quen de contrarestar.
Esperemos que os dous podamos sair do descenso, non creo que merezamos estar nos postos que estamos a esta altura da tempada.
Rober, non te vin no partido.
Un saudo e animo.

Roberto dijo...

Boas Tonecho. Non puiden ir porque estaba de viaxe, pero espero voltar a coincidir noutra ocasión.
Un saudo e sorte

Anónimo dijo...

no partido aprazado, arzua 4- peugeot vilalba 4