Os vilalbeses encarrilaron o encontro no minuto catro con dous goles, e puideron ser máis nunha primeira metade onde tiveron claras ocasións, Aitor, Checo e Ati.
Na segunda o Cedeira puxo máis gañas, pero non as suficientes como para levar o encontro, e incluso cando xogaron con porteiro-xogador, Aitor tivo dúas ocasións para ampliar a vantaxe.
Xusta vitoria para un Peugeot, que a vindeira xornada viaxa a Noia, buscando os tres primeiros puntos como visitante.
Peugeot Vilalba F.S. 5: Fiter, Aitor, Manu, Pequecho e Roberto, -cinco inicial-, Agus, Ati, Checo, Hugo, Jose, Nico, e Piña.
F.S. Cedeira: Blanco, Javier, Alejandro, Alberto e Agustín, -cinco inicial-, Nicolás, Pérez, Carlos, e Iago
Árbitros: Carlos Suárez Blanco e Borja Darriba Villamor. Amoestaron con amarela a Piña, e ao adestrador Alfonso, por parte do Peugeot, mentres que no Cedeira, amoestaron con amarela Perez, Javier e Carlos, e viu a vermella Agustín.
Goles: 1-0 min. 4 Aitor, 2-0 min. 4 Pequecho, 2-1 min. 35 Carlos, 3-1 min. 38 Manu.