27/9/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 3 F.S. CEDEIRA 1


O Peugeot conseguiu a primeira vitoria da tempada, a costa dun Cedeira que só puxo algo de perigo na segunda metade, pero os seus intentos foron ben respondidos por Agus.
Os vilalbeses encarrilaron o encontro no minuto catro con dous goles, e puideron ser máis nunha primeira metade onde tiveron claras ocasións, Aitor, Checo e Ati.
Na segunda o Cedeira puxo máis gañas, pero non as suficientes como para levar o encontro, e incluso cando xogaron con porteiro-xogador, Aitor tivo dúas ocasións para ampliar a vantaxe.
Xusta vitoria para un Peugeot, que a vindeira xornada viaxa a Noia, buscando os tres primeiros puntos como visitante.

Peugeot Vilalba F.S. 5: Fiter, Aitor, Manu, Pequecho e Roberto, -cinco inicial-, Agus, Ati, Checo, Hugo, Jose, Nico, e Piña.
F.S. Cedeira: Blanco, Javier, Alejandro, Alberto e Agustín, -cinco inicial-, Nicolás, Pérez, Carlos, e Iago
Árbitros: Carlos Suárez Blanco e Borja Darriba Villamor. Amoestaron con amarela a Piña, e ao adestrador Alfonso, por parte do Peugeot, mentres que no Cedeira, amoestaron con amarela Perez, Javier e Carlos, e viu a vermella Agustín.
Goles: 1-0 min. 4 Aitor, 2-0 min. 4 Pequecho, 2-1 min. 35 Carlos, 3-1 min. 38 Manu.

2 comentarios:

Lupescu dijo...

Moi ben chavales, agora a seguir serios en defensa, e a ver si de unha vez podemos ter un encontro tranquilo.
Un saúdo e Forza Peugeot

Entrenador Melide dijo...

Felicidades polo arranque de liga, da gusto ver os equipos que disfrutan do futbol sala comenzar con bo pe. Un empate duro e unha victoria importante.
Saudos e vemonos nos campos.