24/10/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 2 JIM SPORTS MELIDE F.S. 6

Primeira derrota o Peugeot Vilalba F.S. como local diante do Jim Sports Melide F.S.
Na primeira metade as ocasións máis claras foron para os vilalbeses, pero só un par delas irían entre os tres paus, da porta de Guti, que respondería ben.
O Melide antes do gol xa avisaría cun balón ao pau.
Na segunda metade os vilalbeses terían máis fortuna cara o gol, chegando a empatar no minuto trece. Pero unha vez máis un erro defensivo faltando catro minutos para o final, poñería ao Melide por diante no marcador.
Alfonso poñería a Checo como porterio-xogador, pero non sería efectivo, pois os visitantes marcarían tres goles máis.
Na vindeira xornada o Peugeot visita ao C.F.S. Castro, actual colista da Autonómica Norte, que ven de fichar ao ex xogador vilalbes Fernando.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 29.

No sorteo patrocinado por Osborne España, saíu agraciado o nº 1929.

Peugeot Vilalba F.S. 2: Agus, Aitor, Ati, Checo e Pequecho, -cinco inicial-, Fiter, Hugo, Jose, Manu, Nico, Paulo, e Sergio.
Jim Sports Melide F.S. 6: Guti, Fernando, Borja Casal, Sergi e Manuel Casal, -cinco inicial-, Roberto, Borja Pérez, Xurxo, Oscar, Carlos, Humberto e Marcos.
Árbitros: Diego Franco Veiga e David Castro Bermúdez. Amoestaron con amarela a Aitor, Pequecho e Sergio, por parte do Peugeot
Goles: 0-1 min. 15 Carlos, 1-1 min. 27 Manu, 1-2 min. 29 Borja Casal, 2-2 min. 33 Aitor, 2-3 min. 36 Sergi, 2-4 min. 37 Sergi, 2-5 min. 37 Borja Casal, 2-6 min. 38 Sergi.

1 comentario:

Pininha dijo...

No se os puede dejar solos.....xD