14/11/10

TROULA F.S. 0 PEUGEOT VILALBA F.S. 6

Partido doado para o Peugeot este sábado en Betanzos diante do Troula. Os vilalbeses foron os donos do encontro e xa no minuto sete gañaban por 0 a 3. Os locais na primeira metade terían tres boas ocasións que foron respondidas moi ben por Agus. Ao descanso chegaríase co marcador de 0 a 4.
Na segunda metade a intensidade do encontro baixou, e os visitantes agardaban atrás esperando saír á contra. Manu nunha falta marcaría de novo, e os betanceiros sacarían o porteiro-xogador, pero o Peugeot defendería moi ben, e marcaría outro gol Aitor, a pase de Roberto.
Dúas goleadas consecutivas dos vilalbeses, que na seguinte xornada recibe ao La Crema Bar Arranca.

Troula F.S. 0: Santi, Alfredo, Lorenzo, Manuel e Adrián, -cinco inicial-, Alfonso, Cristobal, Pablo, e Ricardo.
Peugeot Vilalba F.S. 6: Agus, Aitor, Ati, Roberto e Sergio -cinco inicial-, Fiter, Hugo, Jose, Manu, Nico, Piña, e Paulo.
Árbitros: José Ángel Vilas e Alvaro Otero. Amoestaron con amarela a Lorenzo, Cristobal, e a Manuel con vermella ( dúas amarelas ) por parte do Troula.
Goles: 0-1 min. 2 Ati, 0-2 min. 4 Aitor, 0-3 min. 7 Aitor, 0-4 min. 13 Manu, 0-5 min. 28 Manu, 0-6 min.36 Aitor.

2 comentarios:

Lupescu dijo...

Vamos equipo, a pola terceira vitoria seguida.

Tú me das cremita,yo te doy cremita
aprieta bien el tubo,que sale muy fresquita
Tú me das cremita,yo te doy cremita
ponte boca abajo,que queda una gotita.

Pininha dijo...

jajajaja como estas de la olla!!!!!!!!!