5/12/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 9 SERVICIOS IGLESIAS FRIOL 1

O Peugeot goleou a un Friol, que no encontro de onte estivo moi frouxo, e soamente creou perigo con disparos dende lonxe do seu capitán.
Na primeira metade as ocasións máis claras serían para os vilalbeses, pero non serían capaces de bater a un inspirado Manuel. O Friol comezaría marcando por medio de Luís. Sergio a un minuto do descanso marcaría o empate.
A segunda metade foi de dominio total dos locais, e os seareiros vilalbeses verían un total de oito goles.

Peugeot Vilalba F.S. 9: Agus, Aitor, Ati, Pequecho e Roberto, -cinco inicial-, Alex, Hugo, Jose, Manu, Nico, Piña, e Sergio.
Servicios Iglesias Friol 1: Manuel, Permuy, Varela, Luís e Ferreiro, -cinco inicial-, Marcos, Iago, Oscar, e Nicolás.
Árbitros: José Abuín Arojo e Jesús Trebollo González. Amoestaron con amarela a Ati por parte do Peugeot.
Goles: 0-1 min. 14 Luís, 1-1 min. 19 Sergio, 2-1 min. 27 Ati, 3-1 min. 31 Aitor, 4-1 min. 33 Aitor, 5-1 min. 35 Roberto, 6-1 min. 36 Aitor, 7-1 min. 38 Hugo, 8-1 min. 38 Jose, 9-1 min. 39 Manu.

No hay comentarios: