18/1/11

PEUGEOT VILALBA F.S. 3 S.I. OUTEIRO DE REI 6




O Peugeot perdeu diante do novo líder da Autonómica, o Outeiro de Rei, por 3 a 6 no Pavillón Municipal de Vilalba, que presentou unha moi boa entrada.
Polo Peugeot Vilalba F.S. xogaron e marcaron: Agus, Ati (1), Aitor, Checo, Pequecho,-cinco inicial-, Hugo, Jose, Piña (1), Nico (1) e Sergio.
Os vilalbeses na primeira metade gozaron de boas ocasións, pero soamente Ati foi quen de marcar. As ocasións máis claras dos visitantes virían nun penalti e nun dobre-penalti, pero ambos lanzamentos non rematarían en gol.
Na segunda parte o Outeiro fixoo mellor que os locais, e foron merecedores da vitoria. Os pupilos de Alfonso, marrarían dous dobres-penatis.
O Peugeot remata a primeira volta na sexta posición, pero hai que destacar que só foi capaz de conseguir unha vitoria nos enfrontamentos cos cinco primeiros ( a semana pasada diante do Mera ). A vindeira xornada recibe ao segundo clasificado, o Autocares J.Pombo de A Coruña.

1 comentario:

Vilalba F.S. dijo...

Resultado dos encontros aprazados:

Melide 5 Xove 2
Boqueixón 3 Cedeira 2
Noia 6 La Crema 7
Vilalba 3 Outeiro 6
Friol 8 Burela 2