7/2/11

PEUGEOT VILALBA F.S. 7 DISCO CARACOL F.S. NOIA 1

O Peugeot reencontrouse coa vitoria diante dos seus seareiros, a costa dun Noia que despois do descanso apenas puxo resistencia.
Nunha primeira metade igualada, os vilalbeses foron ao descanso cunha renda de dous goles, que puido ser maior, pois lanzaron dúas veces aos paus. As ocasións dos visitantes foron ben respondidas por Fiter.
A segunda parte foi de dominio local, e sobre todo os seis últimos minutos, nos que marcaron catro goles.
Na vindeira xornada o equipo de Alfonso visita A Mariña para enfrontarse ao Burela Turística.

Peugeot Vilalba F.S. 7: Fiter, Aitor, Ati, Pequecho e Piña, -cinco inicial-, Agus, Hugo, Jose, Manu, Paulo, Roberto e Sergio.
Disco Caracol F.S. Noia 1: David, Maneiro, Francisco, Óscar e Nieto, -cinco inicial-, Álvaro, Nestor e Iván.
Árbitros: Nino Sivarrey Vilar e Eduardo Corral Martínez. Amoestaron con amarela a Pequecho e Ati por parte do Peugeot, e a Nestor e a Nieto do Noia.
Goles: 1-0 min. 14 Aitor, 2-0 min. 15 Jose, 3-0 min. 24 Aitor, 3-1 min. 33 Nieto, 4-1 min. 34 Ati, 5-1 min. 36 Piña, 6-1 min. 37 Paulo, 7-1 min. 39 Paulo.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 47.

No sorteo patrocinado por Osborne España, saíu agraciado o nº 1335.

No hay comentarios: