14/3/11

BOQUEIXÓN F.S. 6 PEUGEOT VILALBA F.S. 3

Despois de cinco xornadas conseguindo a vitoria, o Peugeot non foi quen de traer os tres puntos de Boqueixón, a pesar de ter unha morea de ocasións, pero entre a excelente actuación do porteiro Miguel, os cinco paus, e o desatino á hora da finalización, os vilalbeses volveron cun sabor amargo.
Na primeira metade as ocasións para un e outro equipo foron moitas, mais os locais aproveitarían mellor as súas. Ao descanso chegouse co marcador de 4 a 2 á prol do Boqueixón.
Na segunda metade dominou máis o equipo de Alfonso, pero non chegaban os goles. Faltando sete minutos intentouno con porteiro-xogador, sen conseguir remontar o encontro.
Na vindeira xornada o encontro contra o Troula, xogarase no Pavillón de As Pontes, pois o de Vilalba non está dispoñible pola celebración do FIV.

Boqueixón F.S. 6: Miguel, Victor, Fernando, Julián e David, -cinco inicial-, Enrique, Alberto e Silva.
Peugeot Vilalba F.S. 3: Fiter, Aitor, Ati, Jose e Pequecho, -cinco inicial-, Agus, Hugo, Manu, Nico, Paulo, Piña, e Sergio.
Árbitros: Jose Ángel Vilas Martínez e Anxo Rei Iglesias (Delegación de Santiago) . Amoestaron con amarela a Victor e a Julián por parte do Boqueixón, mentras que no Peugeot, amoestaron con amarela a Piña e a Sergio.
Goles: 1-0 min. 4 Victor, 2-0 min. 9 Victor, 2-1 min. 10 Pequecho, 3-1 min. 15 Fernando, 4-1 min. 17 Fernando, 4-2 min.18 Hugo, 5-2 min. 33 David, 5-3 min. 39 Sergio, 6-3 min. 40 Victor.

No hay comentarios: