Remontada do Peugeot, despois dunha mala primeira metade, diante do Xove.
Os visitantes tiveron a iniciativa nos primeiros vinte minutos, e no minuto oito, o marcador era de cero a dous. As ocasións para ambos conxuntos eran escasas, pero os xovenses serían máis eficaces.
Na segunda metade os vilalbeses sairían máis concentrados, e no primeiro minuto Hugo recortaría distancias. As ocasións seguían chegando, e Piña faría o empate aproveitando un erro do Xove.
Pequecho tería o gol da remontada nun dobre penalti, pero Fran detería o seu disparo, e tamén o rexeite de Hugo. Faltando tres minutos, Roberto certificaría a vitoria. Os visitante poñerían en pista o porteiro-xogador, mais non daría o seu efecto, e Agus e Aitor estiveron a piques de ampliar a vantaxe.
A vindeira xornada o Peugeot Vilalba F.S. visita ao Servicios Iglesias Friol.
O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 302.
No sorteo patrocinado por Osborne España, saíu agraciado o nº 633.
Peugeot Vilalba F.S. 3: Fiter, Aitor, Ati, Pequecho e Roberto, -cinco inicial-, Agus, Hugo, Manu, Nico, Paulo, Piña e Sergio.
Pub Flanagan´s Xove F.S. 2: Fran, Alejandro, Dani, Iván e Borja, -cinco inicial-, Jesús, Iago, e David.
Árbitros: Nino Silvarrey Vilar e Eduardo Corral Martínez. Amoestaron con amarela a Pequecho, Manu, Nico, Roberto, Aitor e a Agus por parte o Peugeot, mentres que no Xove, amoestaron con amarela a Alejandro.
Goles: 0-1 min. 4 Iván, 0-2 min. 8 Borja, 1-2 min. 21 Hugo, 2-2 min. 27 Piña, 3-2 min. 37 Roberto.
14 comentarios:
Na enquisa falta Fiter, e Paulo non xogou. Os votos de Paulo contabilizarán para Fiter.
Despois dos resultados desta xornada, xa temos asegurada a permanencia. Agora intentar quedar o máis arriba posible.
Grazas a todos os seareiros que nos apoian. Sen eles esto non sería posible.
Que no se entere Aitor de que tenemos la permanencia asegurada, que ya lo estoy viendo yo todo el partido a cañitos, después del que le hicieron el Sábado jajaja
Que compre unha sotana e vaia dar misa. A gañar en Friol!!
Dinerito para comprar unas zapatillas de deporte para pequecho¡¡¡ Que siempre le cuelgan cosas de ellas.
Estoy de acuerdo con lo de Pequecho, pondremos un bote común para ello jajaja.
cuando se las compremos....tienen que ir con la CAJAAAA!!!
O da caixa é moito. Son inseparables.
Veña pois eu poño cartos para as botas¡¡
Yo sigo sin entender porque anda con la "caja" de paseo.....será amor???
Hai que rebuscar na caixa, seguro que oculta algo.
Igual tiene un trauma con el programa Alla Tu¡¡
lleva una pota con zorza o un kebab...
Despois do timo k me meteron habia k aproveitar todo.Espero ansioso esas botas(con caixa a poder ser)
Publicar un comentario