2/5/11

S.I. OUTEIRO DE REI 6 PEUGEOT VILALBA F.S. 5

Tarde de goles, a que brindaron este sábado, Outeiro e Peugeot. Os locais levarían a vitoria por 6 a 5, nun partido con moita emoción.
Nos primeiros minutos do encontro, os vilalbeses comezaron dominando no marcador, e puideron marcar algún gol máis. Os de Outeiro empatarían o encontro antes do descanso en dous erros dos de Alfonso.
Na segunda metade os locais daríanlle a volta ao partido, pero Piña e Sergio lograban a igualada. A alegría non lle ía durar moito ao Peugeot, que vía como Francisco e Diego avantaxaban de novo ao seu equipo. Ati recortaría distancias para os visitantes.
Nos últimos minutos, os vilalbeses xogarían con porteiro-xogador, mais o marcador non se movería.
O vindeiro sábado, o Peugeot visita ao Cedeira, para disputar o encontro que tiñan aprazado.

S.I. Outeiro de Rei 6: Benjamín, Brais, Francisco, Xaime e Diego, -cinco inicial-, Alberto, Adrián, Álvaro, e Manuel.
Peugeot Vilalba F.S. 5: Fiter, Aitor, Paulo, Pequecho e Piña, -cinco inicial-, Alex, Ati, Hugo, Jose, Nico, Roberto, e Sergio.
Árbitros: Ismael Gómez Vila e Iban Vazquez Moure (Delegación de Lugo). Amoestaron con amarela a Brais, Xaime e Álvaro por parte do Outeiro, mentres que no Peugeot, amoestaron con amarela a Nico.
Goles: 0-1 min. 2 Aitor, 0-2 min. 6 Paulo, 1-2 min. 12 Francisco, 2-2 min. 18 Diego, 3-2 min. 21 Alberto, 4-2 min.24 Xaime, 4-3 min.28 Piña, 4-4 min. 31 Sergio, 5-4 min.32 Francisco, 6-4 min. 34 Diego, 6-5 min.34 Ati.

3 comentarios:

PeonNumber1 dijo...

¿por que non xoga Manu? Leva 3 partidos sin xogar, esta lesionado???

Anónimo dijo...

Leva 3 partidos sin jugar... y media liga también...

Anónimo dijo...

MANU TIENE UNA PRIORIDAD QUE ES ACABAR SU CARRERA DE MEDICINA Y ESTE AÑO ERA MUY IMPORTANTE PARA EL LOS ESTUDIOS PERO ESTAMOS SEGUROS QUE PRONTO ESTARA CON NOSOTROS PARA LOGRAR COSAS IMPORTANTES ESTAMOS SUPER ORGULLOSOS DE TENER UN JUGADOR COMO EL EN PLANTILLA