11/12/11

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 8 C.F.S. CASTRO 0


O Disco Troco conseguiu unha vitoria doada diante do Castro.
A primeira metade foi igualada, pero os locais foron máis efectivos, e foron para os vestiarios con dous goles de vantaxe. Puido haber máis pero ningún dos dous equipos estaba atinado.
Á volta dos vestiarios os vilalbeses foron máis superiores, e en sete minutos o marcador reflectía un 5 a 0. Os visitantes intentárono co cinco para catro, pero os de Alfonso rematarían a faena con outros tres goles.

O encontro da vindeira xornada contra o Troula, foi aprazado para o 14 de Xaneiro, por acordo de ambos equipos.
A liga voltará para o vindeiro ano, será o 7 de Xaneiro, no que o Vilalba visitará ao Riazor.

No sorteo patrocinado por Osborne España, saíu agraciado o nº 726.

Discoteca Troco Vilalba F.S. 8: Isma, Pequecho, Ati, Piña e Aitor, -cinco inicial-, Luis, Sergio, Roi, Joel, Peón e Miloso.
C.F.S. Castro 0: Alex, Alberto, Nico, Roberto e Hugo, -cinco inicial-, Jose, Diego, Juan, Llano, Sergio e Mauro.
Árbitros: José Abuín Arrojo e Nino Silvarrey Vilar. Amoestaron con amarela a Nico e a Jose, no Castro. Pequecho e Isma viron o cartón amarelo no Vilalba.
Goles: 1-0 min. 7 Aitor, 2-0 min. 13 Joel, 3-0 min. 25 Peón, 4-0 min. 27 Luis, 5-0 min. 27 Alberto p.p, 6-0 min. 29 Sergio , 7-0 min. 32 Luis, 8-0 min. 33 Roi.

7 comentarios:

Bonaerense dijo...

Vamos equipo!!! Dá gusto seguir os resultados fin de semana a fin de semana!! A seguir así!! Unha aperta

kayaya dijo...

Xa nos vemos dentro de pouco. Bo nadal e apertiñas

Anónimo dijo...

da gusto veros jugar, sereis los campeones sin ninguna duda, ni el pombo, ni troula, os llegan a la suela de las zapatillas, a seguir ganando campeones.

Anónimo dijo...

Grandes muy grandes!!!! Ahora da gusto ir al pabellón y ver que lucháis cada balón como si os fuera la vida en ello a seguir así y lograreis algo importantes,a mi personalmente me volvisteis a enganchar llevaba tiempo sin ir y desde el Pombo no falle y da gusto enhorabuena

Anónimo dijo...

Penoso o vivido en castro de rey o sabado no partido entre o outeiro e o ordes, son un aficionado de lugo que me gusta seguir esta liga pero o sabado quedoume unha cousa moy clara e e que a ese pabellon non volvo a entrar por moitos motivos, o primeiro e que non se pode ver o futbol sala agusto porque toda a aficion local pois na grada fumando que ese pabellon parece a unica zona de fumadores do pueblo, segundo que o perder (pa miña forma de ver bastante claro, anque eu prefiero que ganen os equipos de lugo) pois empezaronse a encender os animos tanto polos xogadores como polo publico, sendo tal maneira que o final do partido incluso saltou xente a pista pa intentar agredir a un xogador visitante, e pa miña forma de ver o xogador so celebrou o 7º gol ( igual sobraba esa celebracion ) pero solo foi unha celebracion, e casi sal de ali sin roupa e cos ollos inchados, eso todo a min pareceme un pouco surrealista, esto solo e un deporte e señores intentemos que siga sendo, ainda que o dudo en pabellons coma ese que si non gana o equipo local pois parece que sempre se fala de follons nese pabellon, bueno esta e a miña umilde opinion do partido que fun ver este sabado. Un saudo a todos e a disfrutar deste deporte que e moi bonito pero sin eses altecados.

Anónimo dijo...

afortunadamente en vilalba non pasa iso de outeiro, e que siga asi. Animo vilalba, a por el pombo, que ya los teneis ahi, ni troula, ni casas, ni noia...... Vilalba campeon, sodes os millores con diferencia, felices festas campeones.

Anónimo dijo...

pero quen e ese personajillo que solo sabe meter cizaña nos equipos que pouca vida social ten que teter para dedicarse a esto penoso