10/4/12

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 7 JOGAFÁN ORDES F.S. 3

O Disco Troco asegurou como mínimo a segunda praza coa vitoria diante do Ordes, que dá dereito a xogar a promoción de ascenso á Terceira División, e na vindeira xornada diante do Troula buscará o primeiro posto.
O partido tivo unha parte para cada equipo, a primeira foi de dominio visitante, e na segunda os locais foron moi superiores.
Unha vez máis os seareiros foron o sexto xogador, dando folgos dende o inicio ata xa rematado o encontro. E despois de estirar os de Alfonso tiveron que volver a saudar a afección.

Para a visita a Betanzos do vindeiro sábado, o clube pon á disposición dos seareiros un bus, que sairá as 18:30 diante da Casa da Cultura ( hemeroteca ), e que os levará ao Municipal de Betanzos para presenciar o encontro que se disputará as 20:00.

Discoteca Troco Vilalba F.S. 7: Agus, Pequecho, Aitor, Roi e Ati, -cinco inicial-, Luis, Piña e Peón.
Jogafán Ordes F.S. 3: Jesús, Samuel, Jorge, Ángel e Iago, -cinco inicial-, Souto, Manuel e Viqueira.
Árbitros: Noemí Bello Castro e Fernando Bello Gómez. Amoestaron con amarela a Aitor no Vilalba, e Manuel, Souto e ao adestrado Gonzalo do Noia.
Goles: 0-1 min. 5 Jorge, 1-1 min. 11 Luis, 1-2 min. 16 Ángel, 1-3 min. 18 Iago, 2-3 min. 24 Pequecho, 3-3 min. 27 Ati, 4-3 min. 30 Luis, 5-3 min. 35 Aitor (d.p), 6-3 min. 37 Piña, 7-3 min. 39 Piña.

2 comentarios:

Ribeira dijo...

Magnifica temporada rapaces. Moita sorte para o encontro do Sábado e ogallá consigades o 1º posto que vos dea o titulo de Liga. Todo o noso apoio dende o Ribeira. Vilalba merece un equipo en superior categoria e xa o tedes na man! Sorteeee

lupescu dijo...

Moitas grazas compañeiros.
Esperemos vernos para o ano.
Un saúdo