Importante vitoria do Peugeot Vilalba, na Xornada 9 da Terceira División Nacional, diante do Xove , nun final de infarto, no que se marcaron seis goles nos últimos cinco minutos. Os vilalbeses dos últimos nove puntos posibles, conseguiron sete.
A primeira metade foi igualada, pero serían os locais os que terían mellor puntería, e marcharían co 2-0 no marcador.
Luis á saída dos vestiarios marcaría o 3 a 0, pero os visitantes con dous goles de Darío, recurtarían distancias.
Aitor nunha boa xogada, aproveitou unha deixada de tacón de Piña, para anotar o 4 a 2.
Os de A Mariña, optarían polo porteiro-xogador e faltando tres minutos, remontarían o encontro.
Roi con dous goles de dobre penalti, daríalle a volta de novo ao marcador.
As expulsións polas protestas dos xogadores do Xove, terían un peso importante, e Aitor e Luis, marcarían para poñer o definitivo 8 a 5.
A vindeiro xornada os de Alfonso visitan ao Carballiño.
Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 8: Isma, Roi, Aitor, Piña e
Luis, -cinco inicial-, Chicharito, Peón, Isma Vázquez, Joel e Paulo.
S.D. Xove F.S. 5: Tatico, Suso, Darío, Dani López e Alex, -cinco
inicial-, Quelle, Dani Díaz, Iago, Pulido e Pipe.
Árbitros: Manuel Saa Mateo e Diego Franco Veiga ( Lugo
). Amoestaron con vermella Dani López, Suso e ao delegado Fran, e con dous cartón amarelos a Darío e a Tatico polo Xove.
Goles: 1-0 min.
3 Luis, 2-0 min. 18 Joel, 3-0 min. 22 Luis, 3-1 min. 24 Darío, 3-2
min. 26 Darío, 4-2 min.27 Aitor, 4-3 min.32 Suso, 4-4 min. 35
Dani López, 4-5 min. 37 Alex, 5-5 min 37 Roi d.p., 6-5 min 38
Roi d.p., 7-5 min. 38 Aitor, 8-5 min.39 Luis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario