23/8/13

EXITO NO MEMORIAL DE JAVIER GONZALEZ

 
O Burela Pescados Rubén proclamouse campión do I Memorial Francisco Javier González Vazquez, ao gañar por 0-10 ao Peugeot Vilalba
Os goleadores burelaos foron: Matamoros (3), Miguel Moreno (2), Iago (2), Jorge Palacios (1), Hugo López (1) e Diego Maseda (1).
Nun encontro onde o resultado era o de menos, e se xuntaban dúas boas causas, como a homenaxe a Javier, e causa solidaria con Adrián, as bancadas do Municipal rozaron o cheo, e os donativos alcanzaron os 918€
Nas bancadas puideronse ver, ex-xogadores do Hotel Villamartín, o presidente, directivos e xogadores do Racing Villalbes, o alcalde de Vilalba, concelleiros do Concello de Vilalba, e xente relacionada co fútbol sala galego, entre outros.
Na recollida de firmas promovida polo Vilalba F.S., para que o Pavillón Municipal de Vilalba, pase a denominarse Pavillón "Francisco Javier González Vázquez", asinaron un total de 167 persoas. Os interesados en apoiar esta proposta poden colaborar coa súa firma en A Pravia ou nos partidos no pavillón.
 

No hay comentarios: