11/10/17

Bo partido do Vilalba

O Vilalba F.S. gañou 5-1 ao 5 Coruña, na cuarta xornada da Terceira División.
Aos tres minutos Rubén Mouriz nunha xogada de estratexia faría o primeiro da tarde. Os vilalbeses terían unha morea de ocasións, que entre o bo facer de Óscar Lago e o desatino non fixeron posible un marcador máis amplo.
A tres minutos para o descanso, Jose López nunha boa xogada de todo o equipo.
A segunda metade, comezou con ocasións para o Vilalba F.S., mais sería os visitantes os que  acortarían diferenzas. Os coruñeses collerían as rendas do partido, ata o gol de Fran Pastor.
Con xogo de 5 para 4, chegarían dous goles de Roi, un deles dende o punto de penal.
A vindeira xornada o Valdesuso Peugeot Vilalba, visita Outeiro de Rei para enfrontarse ao Santa Isabel. Será o sábado ás 20:00.

Vilalba F.S. 5: Yago, Jose López, Rubén Mouriz, Roi e Fran Pastor, -cinco inicial-, Nuno, Paulo, Martín, Asier, Freire e Areñas.
5 Coruña: Óscar, David, Iván, Pablo e Daniel, -cinco inicial-, Victor, Diego, Rodrigo, Guillermo e Alfonso.
Árbitros: Eduardo Corral Martínez, Yago Seijas Piñeiro e Adrián José Pombo González.
Amoestaron con amarela a Martín no Vilalba. Polo 5 Coruña viron cartón Daniel, Iván e Diego.
Goles: 1-0 min. 3 Rubén, 2-0 min. 17 Jose López, 2-1 min. 24 Rodrigo, 3-1 min. 34 Fran Pastor, 4-1 min. 39 Roi, 5-1 min. 39 Roi.

No hay comentarios: