30/11/17

Partidos fin de semana 02/03 de Decembro

Este fin de semana os tres equipos do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., xogan os seus partidos como locais, no Pavillón Municipal de Vilalba.

Comeza a xornada o equipo feminino, que recibe ao Monterroso FSF, o sábado ás 16:00. As rapazas buscarán unha nova vitoria para seguir no máis alto da clasificación.
A continuación, o equipo senior saltará á pista. Será ás 18:30 para enfrontarse ao lider, o Sala Ourense. Unha vitoria colocaría aos vilalbeses nos postos de privilexio.
O domingo será o turno para os xuvenís do Vilalba F.S., que necesitan os tres puntos para achegarse á zona tranquila. O equipo de Llano xogarán contra Os Meigallos, ás 12:00.

Let's go!!!
Somos Fútbol Sala!!!

No hay comentarios: