Dúas vitorias e unha derrota para os equipos do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., nesta fin de semana.
O equipo feminino do Vilalba F.S. perdeu por primeira vez no que vai de tempada. O Pastoricense gañou 5 a 3 e colócase como lider, a un punto das vilalbesas.
Antía (2) e Aisha foron as goleadoras.
Os xuvenís gañaron de novo. Desta vez con autoridade no Barco, por 4-9 contra o Pizarras Tres Cuñados.
Lage (3), Antón (2), Diego (2) e Xosé (2) marcaron para o equipo de Fernando Llano.
O senior vilalbés gañou 2-5 contra o Casás, despois de remontar os dous goles iniciais dos lucenses.
Antón, Asier, Fran Pastor, Freire e Rubén Mouriz foron os goleadores.
Let's go!!!
Somos Fútbol Sala!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario