26/5/09

CUBELAS F.S.-PEUGEOT VILALBA F.S.

Derradeira xornada da Liga Provincial de Fútbol Sala, na que o Peugeot Vilalba F.S. foi derrotado como visitante polo Cubelas F.S.
O árbitro do encontro foi Pablo Fernández, que tivo unha pésima actuación, para ambos equipos, e cunha prepotencia indigna, do que se supón que é o xuíz dun partido.
Os vilalbeses que viaxaban con moitas baixas, ían coa intención de gañar para rematar a liga na terceira posición.
O quinteto do Peugeot estivo formado por: Alex, Edu, Hugo, Nico e Roberto.No banco quedaron Agus, Fiter e Paulo.
A primeira parte foi de claro dominio local, que sen facer un xogo moi vistoso, rematou aos visitantes, que lles deron máis facilidades das previstas.
No primeiro minuto avisaría Marcos cun disparo ao lateral da rede de Alex.
Hugo intentouno pero Jose detería o seu disparo sen dificultade.
Cando ían cinco minutos Marcos cun tiro da esquerda batería a Alex.1-0
Nos seguintes minutos os vilalbeses intentarían o empate, cunha falta botada por Hugo que remataría en córner, e cun recorte de Nico que tiraría, para que Jose detivera o coiro.
Nun despiste do Peugeot, Javier dende a dereita poñería o 2 a 0 no marcador.
No minuto 13, nunha xogada do Cubelas F.S., Andrés totalmente só enviaría o balón ao fondo das redes.3-0
A partir do terceiro gol dos locais, o Peugeot tivo dúas ocasións que a penas terían perigo, nas botas de Nico e Hugo.
Sería de novo Marcos o pesadelo de Alex.No minuto 23, queda só diante do porteiro do Peugeot F.S., que aguanta ben e detén o seu disparo.Un minuto máis tarde enviaría o balón ao pao da portería de Alex.
Faltando 10 segundos para o remate dos primeiros 25 minutos, un xogador do Cubelas coa portería baleira, non foi capaz de marcar, gracias a unha estirada de Alex.
No comezo da segunda parte o Peugeot Vilalba Fútbol Sala, saíu a polo partido, e nada máis sacar de centro, nunha xogada de equipo, Hugo puido marcar o primeiro pero Jose enviaría a córner.
O Cubelas defendía no seu campo, e intentaba saír ao contragolpe.Un deles desbaratouno Agus, pero no segundo chegou a sentencia para os visitantes.Andrés marcaría o 4 a 0.
No minuto 7, Hugo nun disparo axustado ao pao marcaría o gol da esperanza para o Peugeot.
Pouco despois só existiu un protagonista na cancha, e ese foi o colexiado Pablo Fernández.
Expulsaría ao adestrador visitante Alfonso, por unhas protestas, ao non parar o tempo cando non había balón para xogar( levaban os xogadores un minuto sen balón), amosaría un cartón amarelo a Agus nas mesmas protestas. Pero o Cubelas tamén tería unha expulsión inexplicable, cando lle ensinou o segundo cartón a Marcos, supostamente por simular unha caída.
Pero o colmo dos colmos, foi cando lle dixo a Alfonso e a Marcos que debían abandonar o pavillón, e non podían estar nas gradas.
O mesmo fixo cos seareiros vilalbeses que intentou expulsar do pavillón, e a ameaza a unha rapariga de Cubelas, por uns comentarios normais, que os seus oídos quixeron falsear.
A parte do circo do arbitro, o Peugeot puido maquillar o resultado, cun tiro desviado de Nico no minuto 14, e un disparo ao lateral da rede de Roberto un minuto máis tarde.
Nico no 18, enviaría o balón ao pao nun contragolpe.
Javier enviaría alto o balón no minuto 20.
No minuto 23, unha boa xogada do Peugeot remataría cun disparo de Roberto, que de novo detería Jose.
Final da Liga Provincial de Fútbol Sala para o Peugeot Vilalba F.S., esperando á decisión da Federación, sobre a disputa da segunda metade pendente contra o Industrial Recense.