11/5/09

SANTA ISABEL-PEUGEOT VILALBA F.S.

Derrota sufrida polo Peugeot Vilalba F.S. na cancha do Santa Isabel por 3 a 0, que pon moi complicado o subcampionato para os vilalbeses. Ata Outeiro de Rei desprazouse un grupo considerado de seareiros vilalbeses para animar ao equipo.
O quinteto inicial de Alfonso estivo formado por: Agus, Hugo, Manu, Nico e Roberto.Quedaron no banco Isma, Edu, Jose, Marquiños, Paulo e Rucho.
A primeira oportunidade correu a cargo de Manu, pero o seu tiro parouno o porteiro local sen dificultades.
No minuto 8 Manu intentouno de novo, pero o balón saíu demasiado escorado.
A partir do minuto 10 o dominio correspondeu ao Santa Isabel, que tivo boas ocasións para adiantarse, pero a defensa visitante facía un bo traballo e un inspiradísimo Agus, desbarataban as intencións dos locais.
A ocasión máis clara para o Peugeot, estivo nas botas de Marquiños nun contragolpe no minuto 21, que apurou demasiado o seu tiro e o porteiro parou sen moita complicación.
Un minuto máis tarde, os locais inaugurarían o marcador nun contragolpe.1-0
Marquiños, volvería probar sorte nun pase de Rucho, pero non sería o día dos vilalbeses.
Na segunda parte o Peugeot, intentaría o empate.Primeiro nun contragolpe de Marcos que remataría en corner.Máis tarde Jose tería dúas oportunidades, a primeira, nun tiro dende fora da área, e outra nun contragolpe, pero ambos intentos fracasarían.
No minuto 6, despois dun rexeites, o Santa Isabel marcaría o segundo, confirmando que tiñan a sorte de cara.2-0
Uns instantes despois, Marcos daría un pase a Roberto, e este de volea puido recortar, pero o porteiro local faría unha boa parada.
O Peugeot a partir do minuto 10, collería as rendas do partido, pero quizais era demasiado tarde, e o Santa Isabel dedicaríase a manter a vantaxe defendendo, pero saíndo á contra con perigo.
No minuto 11 os locais nun contragolpe puideron sentenciar, pero Agus salvou ao equipo.
Un minuto máis tarde Hugo dispara dende fora, pero os locais envían o balón a corner.
No minuto 15 Manu dende a dereita intentaríao de novo, pero o porteiro do Santa Isabel detería o disparo.
No 17, os visitantes terían outra oportunidade nas botas de Rucho.
Manu nun saque de corner no minuto 20, executaría un disparo que sae fora por pouco.
E a fortuna local, veríase consolidada un minuto máis tarde, nun pase longo, que toca un xogador sen querer, e entra polo medio das pernas de Agus.3-0
O derradeiro cartucho estivo de novo nas botas de Manu, pero remataría en corner.
Salientar a convocatoria do porteiro xuvenil Isma.
Derrota para os vilalbeses, que reciben a vindeira xornada, as 18:30 no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Autoescuela Norte Burela.